Mostrando entradas con la etiqueta RELAXACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RELAXACIÓN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

DESPOIS DE MOITO CORRETEAR NO PATIO...


Toca dicirlle ao corpo que baixe as revolucións, e que dentro da aula precisamos estar máis calmados. Así que... corpo e mente teñen que voltar ao seu estado natural, e para iso... uns minutiños de MINSFULNESS INFANTIL.
Pouco a pouco imos traballando pequenas técnicas para ser CONSCIENTES DE NÓS MESMOS POR DENTRO ( escoitar a nosa respiración, notar os latidos, tentar escoitar só o silencio...)

martes, 30 de mayo de 2017

FACEMOS IOGA CO EDI

Despois de merendar, algúns aproveitaron para facer ioga cun video que proxectamos no noso encerado dixital interactivo.


Se queredes ver o vídeo, poñédevos cómod@s e a comezar!!!! Mirade:


jueves, 11 de mayo de 2017

APRENDEMOS ALGUNHAS ASANAS DE IOGA

Hoxe, utilizando como base as tarxetas do xogo EDUYOGA, aprendimos algunhas das asanas de ioga. O certo é que para ser a primeira vez o fixemos xenial, e ademais podemos afirmar que o clima de SILENCIO, CONCENTRACIÓN E RELAX foi excepcional. Se houbese unha mosca voando pola aula seríamos quen de escoitala sen problema.
Bravísimo!!!!!




jueves, 4 de mayo de 2017

AUTOXESTIÓN EMOCIONAL. ZONA DE CALMA

A profe levaba tempo querendo preparar unha zona na clase para que nos tomemos uns intres de relax e calma cando os precisemos. Un lugar onde nos podamos refuxiar cando a emoción que nos chega é de enfado ou rabia, e temos que calmala para poder voltar a estar tranquil@s.
Aínda que faltan algunas cousiñas por poñer, xa máis ou menos temos instalada a zona, e tamén uns pasos básicos de que temos que facer cando esas emocións nos atrapan e non sabemos que facer con elas.
Que pasa cando queremos un xoguete pero outro compañeir@ tamén o quere e nos liamos por conseguilo? Que pasa cando un compañeir@ me fai dano? Que pasa cando simplemente non me atopo ben, teño o día negativo e non me apetece facer nada de nada e todo é ir en contra do mundo?

Explicamos primeiro esos pasos que debemos seguir para dar solución a un problema, aprendendo así un pouquiño de autoxestión emocional e non deixarnos levar polo enfado porque sí.



E logo descubrimos, entrando de un en un, o REFUXIO DA CALMA.

 O lugar que poderemos utilizar para protexernos e calmarnos. Dentro del, que é como unha tenda de campaña, hai unha cestiña con algúns materiais: bolas de malabares suaviñas para presionar, un "cascabeis" de cores, un pau de chuvia, unhas botelliñas da calma, variñas máxicas para pedir desexos emocionais, un conto para traballar a autoestima ·Caracol Col Col", plumiñas, unha marioneta dunha serpe suaviña... e fóra, está a caixoña dos mandalas que poderemos utilizar libremente tamén.



Como todos queríamos entrar e descubrir o que había alí dentro, fomos de un en un.
Quen será o primeir@ en precisar refuxiarse?

Temos que dicir tamén que temos decorando a zona con varias imaxes relativas ao mindfulness e ioga que utilizamos nas nosas sesións, e que así nos lembran que outras cousiñas podemos facer para voltar á calma: técnicas de respiración, asanas, masaxiños...
Xa vos iremos desglosando un pouquiño máis as cousas que iremos engadindo a este espazo.
E vós, atrevédesvos a CREAR UNHA ZONA DE CALMA na vosa clase, ou na vosa casa?
Unídevos ao RETO DA CALMA, e enviádenos a foto do voso espazo ao noso enderezo electrónico: clasedebea@gmail.com.  Publicaremos un collage con todas as fotos recibidas e seguro que entre tod@s teremos moitísimas máis ideas.



jueves, 27 de abril de 2017

NECESITAMOS RELAX

Isto de que viñesen tantos días bos, de que xa algúns fósemos á praia, ao lago, moitos días seguidos ao parque... tenos xa en medio "MODO VACACIÓNS" e estamos bastante nerviosos, pero a profe ás veces consegue calmarnos tanto que a algúns hoxe nos faltou ben pouquiño para quedar durmidos na relaxación.

Mirade:
O primeiro que fixemos foi escurecer a clase (por iso víchedes que tiñamos todas as persianas pechadas a mediodía), despois xa tumbados cara arriba, puxemos a bóla de discoteca con luces de cores e unha música relaxante. Pechamos os ollos e as profes nos ían facendo masaxiños coas pelotas, facendo círculos por todo o corpo mentres nós estabamos cos ollos pechados. Despois foron a raíña da colmea e dous axudantes os encargados de facer as masaxes.

Logo fixemos unha simulación de ducharnos: masaxeando a cabeza, facendo coma se nos enxabonásemos todo o corpo (parándonos nunhas e outras zonas, pouco a pouco), logo simulamos coller a toalla para secarnos e xa levantados estivemos un ratiño sen facer nada.

De cando en vez son moi necesarias estas actividades de relaxación. Mirade que cariñas de sono:



Probade na casa a facer unha sesión de RELAXACIÓN EN FAMILIA, non vos arrepentiredes!
Con una pelotiña de goma brandiña e con só facer movementos circulares veredes como conseguides relaxarvos un montón. Se non tedes pelota o podedes facer con globos (mellor con 2 á vez).
Xa nos contaredes que tal.

lunes, 24 de abril de 2017

A NOSA CAIXIÑA DE MANDALAS

Como vos dimos a idea de ter os mandalas nunha caixiña e así poder escoller o que máis nos guste en cada momento que nos apeteza relaxarnos e pintar un... pois aquí vos ensinamos a nosa, que por suposto, pintamos nós mesmos, recuperando unha caixiña de madeira (dos amorodos) para reciclar.
Que vos parece?


A ver como é a vosa!
Onde os gardades?
Como vedes ten moito máis aspecto de INVITACIÓN A PINTAR MANDALAS que ter as copias "apiloadas" enriba da mesa da profe. Non credes?

jueves, 20 de abril de 2017

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN QUE NOS FUNCIONAN

Estes días estamos un pouquiño máis nerviosos do normal. Así que... temos que ter alternativas para combatir o alto volume da clase e o desorde xeral que se produce, ás veces, e tentan levar ese caos á calma.

Hoxe fixémolo  pintando unhas plumiñas (semellaban a técnica dos debuxos dos mandalas, pero non en forma circular). Ao ter pequeniños ocos nos que concentrarse para ir pintando e ao tempo tiñamos música relaxante de fondo... a calma foi inmediata. E gústalles gozar moito deses momentos de silencio e de concentración.



Como é xoves fomos tamén á aula do pavillón, e alí nos imos achegando ao ioga e mindfulness pouquiño a pouco.
Hoxe utilizamos un libro chulísimo que recomendamos tanto para familias como para profes. Con el se traballan os distintos tipos de respiración e á iniciación ás asanas do ioga, pero dun xeito super vivencial. Mentres un conta o conto, os "escoitantes" actúan poñendo en práctica o que conta a historia.



martes, 4 de abril de 2017

QUE NOS ALTERAMOS? POIS NOS RELAXAMOS

Aproveitando que xa estabamos preparados para saír ao patio... na mesma ringleira fixemos unha actividade de 2 minutiños para manter a calma e cohesionar un pouquiño máis aínda o grupo.



Fixémonos cóxegas uns aos outros cunhas plumiñas.
Deunos a risa, pero á vez nos relaxamos un pouquiño.
Xa sabedes, outra técnica para ter de "fondo de armario" para calmarnos nun momentiño.

lunes, 3 de abril de 2017

QUE A GUSTIÑO QUEDAMOS CANDO NOS RELAXAMOS!!!


Preparación:
Sentámonos como indios, pechamos os ollos, achegamos a nosa cabeza aos pés.

Actividade:
Comezamos centrándonos na nosa respiración... tomando conciencia da mesma.
Logo comeza unha historia:
- Imaxinade que estades dentro dun globo, é de cor azul. Ides voando a modiño polo aire, ata que ven un fortísimo vento que vos sube moi, moi alto. Coa forza do vento o voso globo bate con unha nube. Unha nube que ten unha forma moi extrana. Cada un debe imaxinar que forma ten dita nube.
Logo amaina o vento e o globo baixa moi suavemente ata que aterrizades nun campo, verde, moi verde. Loce o sol, e vós comezades a abrir os ollos moi lentamente...

Qué vichedes? Que forma tiña a vosa nube?


Atrevédesvos a probar? Que forma ten a vosa nube?

SOPRADORES MÁXICOS

O xoves comezamos unha actividade con rolos de papel hixiénico pintados, aos que unha vez secos lles pegamos unhas cintiñas de papel de seda de cores.
Para que servirían?
Pois o venres despois de rematalos xa saímos de dúbidas. Os rolos convertéronse nuns sopradores máxicos, cos que traballamos a respiración. Collemos aire lentamente e o botamos con forza, facendo así que se movan as cintiñas. Non o hai que facer moito tempo, só un minutiño ou dous. Nese tempo estamos tan centradiños na respiración, que nos estamos relaxando sen darnos conta.


Unha das cousas máis importantes para poder aprender a relaxarse é controlar a respiración.
Respirar é algo que facemos sen darnos conta algunha, de xeito involuntario, pero tamén se pode facer voluntario (cando tentamos aguantar a respiración, por exemplo).
Algo moi, moi relaxante que deberíamos de facer cada un de nós, alomenos 3 minutiños ao día é ser conscientes da nosa respiración.
Para iso, collemos unha postura cómoda, pechamos os ollos, e centramos só nos movementos do noso corpo ao respirar, sen deixarnos levar por nada máis.
Probade, e se colledes o hábito de facelo por exemplo antes de acostarvos... vos daredes conta do pracenteiro que é adicarse eses minutiños  a un mesmo, e a non pensar en nada, só concentrarse na respiración.

jueves, 30 de marzo de 2017

APRENDENDO A RELAXARNOS

Éche ben verdade ese refrán que di que "a primavera o sangue altera". Non o notades en vós mesmos? Non estades máis pletóricos? Non estades con máis gañas de actividade? Nós de seguro que respostamos a todo que sí.
Por iso, chegou o momento en que temos que aprender a relaxarnos un pouco, en que nos tomemos uns minutos para voltar á calma despois dun tempo de xogo ou actividade de moito movemento (patio, volta de educación física, despois dun rato xogando polas distintas zonas da clase...) En definitiva sempre que sexa preciso recurriremos a unhas pequenas e sinxelas dinámicas que nos fagan calmarnos, serenarnos, escoitarnos...
Hoxe algún de nós xa atopou un xeito ben sinxelo de relaxarse individualmente...


E o resto conseguimos relaxarnos un pouquiño despois do patio facendo unas sinxelas actividades na aula do pavillón.
O primeiro que fixemos foi intentar escoitar o silencio. Unha tarefa difícil para ser a primeira vez que a poñíamos en práctica, pero rápido cada un atopou a súa mellor postura para intentar non escoitar os ruidos, e tampouco facer sons que puidesen molestar ao resto.
Aïnda que parece algo moi sinxelo, pechar os ollos cóstanos moito cando somos pequeniñ@s, gústanos controlalo todo e se non vemos... notamos certa inseguridade.


Cada un adoptou a súa postura de concentración:


E unha vez chegados a este momento de calma, aproveitámolo para facer unha masaxe en grupo.
Que boa idea! Encantounos a tod@s a experiencia!
Por iso vos mandamos para casa o papeliño co texto-canción (poñédelle a entonación que queirades, pero facendoa moi lentamente) e poder facer un momento de relaxación familiar grupal. Tiñades algún plan mellor? Pois aproveitade este! E por suposto, estamos desexando saber como vos foi se o puxéchedes en práctica.


Aos blogueir@s nos encanta ver que a xente nos le, pero máis aínda cando nos damos conta das persoas que hai ao outro lado da pantalla atent@s aos nosos post. Por iso, non teñades medo e participade do blogue a través dos comentarios. Moitísimas grazas!

martes, 28 de marzo de 2017

IOGA E MINDFULNESS NA NOSA CLASE

Dúas ferramentas moi útiles para traballar a mente e o corpo.
Como aínda somos moi pequeniñ@s faremos unha iniciación na que iremos traballando de xeito lúdico para controlar a nosa respiración, a consciencia do noso corpo e as súas partes, así coma o equilibrio basicamente.
Iremos afondando pouco a pouco nas actividades, segundo vaiamos sendo capaces de superalas ou non, respetando os nosos ritmos.
Inicialmente serán sesións moi curtiñas, e si somos quen de seguilas pois podemos aumentar os tempos pouquiño a pouco.
Faremos algo cada día, e os xoves unha sesión máis longa.
Con isto pretendemos mellorar a nosa atención, a capacidade de concentración...

Para isto, é fundamental que traiamos roupiña e calzado cómodo e sinxelo de poñer e sacar (velcros por favor).