lunes, 3 de abril de 2017

SOPRADORES MÁXICOS

O xoves comezamos unha actividade con rolos de papel hixiénico pintados, aos que unha vez secos lles pegamos unhas cintiñas de papel de seda de cores.
Para que servirían?
Pois o venres despois de rematalos xa saímos de dúbidas. Os rolos convertéronse nuns sopradores máxicos, cos que traballamos a respiración. Collemos aire lentamente e o botamos con forza, facendo así que se movan as cintiñas. Non o hai que facer moito tempo, só un minutiño ou dous. Nese tempo estamos tan centradiños na respiración, que nos estamos relaxando sen darnos conta.


Unha das cousas máis importantes para poder aprender a relaxarse é controlar a respiración.
Respirar é algo que facemos sen darnos conta algunha, de xeito involuntario, pero tamén se pode facer voluntario (cando tentamos aguantar a respiración, por exemplo).
Algo moi, moi relaxante que deberíamos de facer cada un de nós, alomenos 3 minutiños ao día é ser conscientes da nosa respiración.
Para iso, collemos unha postura cómoda, pechamos os ollos, e centramos só nos movementos do noso corpo ao respirar, sen deixarnos levar por nada máis.
Probade, e se colledes o hábito de facelo por exemplo antes de acostarvos... vos daredes conta do pracenteiro que é adicarse eses minutiños  a un mesmo, e a non pensar en nada, só concentrarse na respiración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario