Mostrando entradas con la etiqueta O REFUXIO DA CALMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O REFUXIO DA CALMA. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de mayo de 2017

NENÚFARES E FLORES DE LOTO

"Sabedes o que é isto?
Síiii, unha flor!!!
Pero non é unha flor calquera, é unha flor acuática. Sabedes que quere dicir isto?
Sí, profe, que es una planta que se baña" :)


Así foi como comezamos a falar dos nenúfares e as flores de loto. E despois, de ver as súas cores e cousiñas básicas sobre estas flores, pasaron a formar parte da decoración do noso recanto da calma.
Posteriormente traballamos tamén sobre o papel, e como podedes ver seguimos reciclando e aproveitando os mesmos materiais para distintas funcións. Neste caso utilizamos as botelliñas dos números que temos no recanto de matemáticas como modelo para o trazo correcto dos números.

jueves, 4 de mayo de 2017

AUTOXESTIÓN EMOCIONAL. ZONA DE CALMA

A profe levaba tempo querendo preparar unha zona na clase para que nos tomemos uns intres de relax e calma cando os precisemos. Un lugar onde nos podamos refuxiar cando a emoción que nos chega é de enfado ou rabia, e temos que calmala para poder voltar a estar tranquil@s.
Aínda que faltan algunas cousiñas por poñer, xa máis ou menos temos instalada a zona, e tamén uns pasos básicos de que temos que facer cando esas emocións nos atrapan e non sabemos que facer con elas.
Que pasa cando queremos un xoguete pero outro compañeir@ tamén o quere e nos liamos por conseguilo? Que pasa cando un compañeir@ me fai dano? Que pasa cando simplemente non me atopo ben, teño o día negativo e non me apetece facer nada de nada e todo é ir en contra do mundo?

Explicamos primeiro esos pasos que debemos seguir para dar solución a un problema, aprendendo así un pouquiño de autoxestión emocional e non deixarnos levar polo enfado porque sí.



E logo descubrimos, entrando de un en un, o REFUXIO DA CALMA.

 O lugar que poderemos utilizar para protexernos e calmarnos. Dentro del, que é como unha tenda de campaña, hai unha cestiña con algúns materiais: bolas de malabares suaviñas para presionar, un "cascabeis" de cores, un pau de chuvia, unhas botelliñas da calma, variñas máxicas para pedir desexos emocionais, un conto para traballar a autoestima ·Caracol Col Col", plumiñas, unha marioneta dunha serpe suaviña... e fóra, está a caixoña dos mandalas que poderemos utilizar libremente tamén.



Como todos queríamos entrar e descubrir o que había alí dentro, fomos de un en un.
Quen será o primeir@ en precisar refuxiarse?

Temos que dicir tamén que temos decorando a zona con varias imaxes relativas ao mindfulness e ioga que utilizamos nas nosas sesións, e que así nos lembran que outras cousiñas podemos facer para voltar á calma: técnicas de respiración, asanas, masaxiños...
Xa vos iremos desglosando un pouquiño máis as cousas que iremos engadindo a este espazo.
E vós, atrevédesvos a CREAR UNHA ZONA DE CALMA na vosa clase, ou na vosa casa?
Unídevos ao RETO DA CALMA, e enviádenos a foto do voso espazo ao noso enderezo electrónico: clasedebea@gmail.com.  Publicaremos un collage con todas as fotos recibidas e seguro que entre tod@s teremos moitísimas máis ideas.