Mostrando entradas con la etiqueta ANIVERSARIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIVERSARIOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2018

O ANIVERSARIO DE SERGIO E IAGO


E aquí están os máis maiores da clase (falta Sara que á súa volta tamén terá a súa festa) que xa están no CLUBE DOS 5 ANOS e nos fixeron unha sabrosísima merenda:
Batido de amorodos con leite de améndoas e uns croissants de pavo e queixo.

viernes, 22 de diciembre de 2017

XA NON HAI NINGUÉN NO CLUBE DOS 3 ANOS!!! DIEGO XA TEN 4 ANIÑOS!!!!

Aquí podedes ver como o peque chef  Diego nos fixo unha super merenda con só 5 ingredintes (masa de hoxaldre, nutella, ovo batido, lacasitos,  azucre glas e canela moida mesturados).



miércoles, 29 de noviembre de 2017

OS CUMPREAÑEIROS REPOSTEIROS

En novembro tiñamos unha cita reposteria con Fran e Clara que neste mes cumpriron 4 aniños.
Desta vez a merenda a compartir foi unha rica torta de chocolate e galletas que fixeron nun plis plas, logo un pouquiño de refrixeración... e pa dentro!!! pero fixádevos ben, que se os pratos e as culleres manchamos... logo toca fregotear!!! Nada nos gusta máis que facer a limpeza da aula, e ir aos lavabos a lavar cousiñas, iso sí, á volta vimos un pouquiño duchados ás veces, porque os grifos teñen moita forza :-)




Sobra dicir que non deixamos nin a mostra, estaba boísima!!!!

sábado, 30 de septiembre de 2017

PRIMEIRO CUMPLE CHEF MENSUAL

Este curso imos festexar os aniversarios mensualmente, o último venres de mes. Ese día haberá unha merenda diferente (cada mes unha, non repetiremos) e serán os cumpreañeir@s de cada mes os encargados de elaborala.
As primeiras peque-chef do curso foron Carmen e Érika e sobradamente amosaron aos comensais o seu bo facer na cociña.
Mirade que ben se lles da:


 




Benvidas ao Clube dos 4 aniños!!!!

miércoles, 21 de junio de 2017

A FESTA COLECTIVA DOS ANIVERSARIOS QUE NON SE FESTEXARON COA PROFE BEA

O motivo de facer todos ata os que serán no primeiro trimestre do próximo curso é porque os festexaremos doutro xeito. Entón así temos a referencia todos de xeitos diferentes de festexar o aniversario.










Bocatas, froita, zume de cítricos e unha fresquísima "ESCUMA DE AMORODOS E KIWI" 
feita coa axuda do Thermomix da profe :)

Cando repetimos?
Hoxe puxemos a proba o tema de probar ou non probar a froita, pois despois da Semana da froita e ter 3 ou 4 casos nos que probala se converte en todo un drama... resulta que si a froita vai pinchada nuns paliños en forma de flor, ou mesturada en forma de xeado, ou en zume feito por nós, ale, xa todo o mundo o proba!!!
Porfi familias deixade que probemos motívándonos co proceso de elaboración de algunha receita sinxeliña: que si un xeado, que si unhas brochetas, que si fago unha illa cun kiwi e un plátano...
seguro que funciona.








Mirade estes exempliños, son moi sinxelos!!! A ver quen se anima!!!! 
Se poñedes en google:
ou 
poderedes atopar moitísimas máis ideas.

domingo, 28 de mayo de 2017

ALBA XA TEN 4 ANOS

Ai!!!! Ai!!!! que rápido pasa o tempo, verdade?
Pois sí, Alba tamén se une ao Clube dos 4 anos.


Ah!!!! E do biscoito non quedaron nin as miguiñas :)

martes, 16 de mayo de 2017

LARA XA TEN 4 ANIÑOS!!!

Comeza a tempada dos ANIVERSARIOS  e dos NON ANIVERSARIOS (pois en xuño faremos un día para os que xa cumpriron antes da miña incorporación). Con tódalas fotos faremos o nosos LIBRO DOS ANIVERSARIOS.
Se aínda non lle fixéxhedes chegar á profe ás nosas fotos dos nosos cumpreanos (1, 2, 3 anos) tedes todo o mes de maio para facelo. Moitas gracias.

E tocoulle a quenda á sempre sorrinte Lara, que festexou con todos nós o ritual da vida. E quedou abraiada mirando para as súas fotiños de cando era pequena!!!! :)  E despois a saborear un esponxosísimo biscoito que non pintou a tod@s os bigotes con azucre glas. :)    :)    :)




viernes, 12 de mayo de 2017

sábado, 6 de mayo de 2017

DEIXANDO O CLUBE DOS 3 ANOS E ENTRANDO NO CLUBE DOS 4 ANOS

Hoxe, sábado 6 de maio, sí é o día de celebración para Roque, pero como non hai cole, pois adiantamos o festexo.
Así de ben o pasamos onte coa merendola de biscoitada xigante que compartimos co rei da festa. Por iso, onte levamos de volta as nosas merendas. Como se nos alonga moitísimo a hora da merenda e ás 12 hai que estar no patio... o día que haxa aniversario só merendaremos o biscoito.


Parabéns Roque!!!!



martes, 18 de abril de 2017

XALO AO FIN PUIDO FESTEXAR O SEU ANIVERSARIO

Despois de estar enfermiño uns días e xuntarnos coas vacacións de Semana Santa.. hoxe puidemos festexar con el que xa ten 4 anos!!!! Pasa o tempo voando!!!


sábado, 18 de marzo de 2017

OS 4 ANIÑOS DE VERA FESTEXADOS AO ESTILO MONTESSORI

Como xa é agora tradición na nosa aula, facemos a "celebración da vida estilo Montessori".
Aquí, podedes ver como Vera gozou do seu protagonismo vendo fotos de cando ela tiña 1, 2 e 3 aniños. E como ía dando voltas como a Terra arredor do Sol ata chegar ao 18 de marzo, data do seu aniversario. Cada vez que daba unha volta Vera cumpría un ano, e nós víamos a foto anterior correspondente (1, 2 e 3 anos).


O noso tapetiño das estacións e dos meses xa o coñecemos moito mellor, e xa nos imos ubicando no ano, aínda que é os conceptos temporais son moi difíciles de adquirir tan pequeniñ@s.

jueves, 2 de marzo de 2017

EYNON XA TEN 4 ANIÑOS

E así de ben o festexamos hoxe:  vendo fotos de cando era pequeniño, facendo o ritual de celebración da vida (Montessori), cantándolle a canción dos cumpreanos... e merendando un rico biscoito.
PARABÉNS EYNON!!!!