Mostrando entradas con la etiqueta MENSAXE NUNHA BOTELLA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MENSAXE NUNHA BOTELLA. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de noviembre de 2017

COMPROMETIDOS CO MEDIO AMBIENTE




Hai uns días que nos chegou a tan esperada MENSAXE NUNHA BOTELLA. Esa da que vos falamos nas xuntanzas...
É unha botella que está recorrendo varios colexios, no noso caso é a que provén da RUTA DO CANTÁBRICO, dentro do proxecto se SEA CHANGE (mensaje en una botella). Iniciu a súa viaxe no País Vasco e foi chegando facendo paradas en dous colexios de Viveiro, na nosa clase, e hoxe arrincará camiño ao antigo cole da profe, o de Ortigueira.
Con moito entusiasmo escoitamos o que a profe nos lía no pergamino da botella: era unha mensaxe que falaba en nome dos OCÉANOS!!!!!
Nós comprometímonos a axudar a través de diversas accións que xa estamos realizando:
- USO DE BOLSAS DE TEA
- USO DE PORTABOCATAS DE TEA (non papel de aluminio nin film transparente)
- PATRULLAS DE LIMPEZA
- COMPOSTEIRO co resto de alimentos orgánicos.
- RECICLAXE NA AULA (papel, plástico, orgánicos, pilas, tapóns)

Axudádesnos?

miércoles, 4 de octubre de 2017

PORTABOCATAS

Xa os temos listos, e fixémoslle a primeira proba de uso. Como teñen moitos broches non é moi doado acertar á primeira, pero aínda así o fixeron xenial.
Deixámosvos a imaxe que amosa o seu doblado, e as súas posibilidades. E mañá... desexando ver os bocatas dentro e ningún anaquiño de papel de aluminio. Imos dar un pequeno paso para o medioambiente. Entre tod@s poderemos facer un gran cambio.