Mostrando entradas con la etiqueta OUTONO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OUTONO. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de noviembre de 2017

DEBUXOS A PARTIRES DE OBXECTOS REAIS

O venres dous equipos comezaron a facer unha actividade de debuxo/pintura con obsectos reais. Neste caso era unha gran cabaza e dúas pequenas cestiñas, formando un bodegón.Os obxectos respecto de cada nen@ estaban colocados de distinto xeito, adeamis da perspectiva. Así, ao final nos atopamos con que houbo nenos que só pintaron unha das cestas, ou que a puxeron diante da cabaza e non ao lado, pois segundo a posición de cada un, os obxectos a debuxar presentaban distintas caracterísiticas.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

MAGOSTO

A parte de coñecer os patios de infantil e primaria dos nosos compis do outro edificio, compartimos con eles un espectáculo rapeiro feito polos maiores, e tamén unha rica merendola (castañas e leite).
Pero non podíamos deixar pasar esta festa sen falar un pouquiño sobre este froito e a súa orixe, por iso, a nosa coroa resume as aprendizaxes que fixemos.
As castañas nacen dentro dun ourizo nunha árbore que se chama castiñeiro, e aos bosques de castiñeiros chámaselles soutos.


viernes, 3 de noviembre de 2017

SAMAÍN/HALLOWEEN









UN PEQUENO EXEMPLO DE COUSIÑAS QUE FIXEMOS POLO SAMAÍN


Estas semanas pasadas metímonos de cheo no mundo do Samaín/Halloween. Así creamos as nosas momias (son para meterlle unha veliña ou led dentro e que alumen na oscuridade), decoramos caveiras de estilo mexicano, pintamos con esponxas gatos de bruxas e casas encantadas.... e ata fixemos unhas pócimas máxicas.

sábado, 7 de octubre de 2017

ARTISTAS DO OUTONO

Aquí veñen algúns exemplo de obras que estivemos facendo aproveitando as posibilidades da estación do ano na que estamos:

Os troncos destas árbores decorámolos con grupiños de bastonciños estampando, e logo pegámoslle anaquiños de follas (das que collemos o outro día de excursión pola contorna).


Como non nos gusta sempre utilizar papel, senón aproveitar calquera tipo de soporte... por que non íamos decorar unhas folliñas? Iso sí, os rotuladores que empregamos son especiais para decoración en materiais que non sexan papel.

jueves, 5 de octubre de 2017

PASEO DE OUTONO



 

Aquí podedes ver algo da nosa mini saída á contorna de hoxe. Fomos moi preto (algún quería ir en autobús :-) jajaja) a buscar algúns tesouriños que nos deixa cada ano o outono. E ademais de atopar follas... vimos algunhas curiosidades como un pequeno carballo brotanto entre a maleza... un escarabello que atopamos patas arriba... e uns cogumelos... todo isto nos deu para falar un ratiño sobre esas curiosidades do mundo natural.



miércoles, 4 de octubre de 2017

CON EQUIPOS DE BASTONCIÑOS ESTIVEMOS...


En equipos, coas mesmas ferramentas (unha cartolina cun tronco de árbore,  pintura das mesmas cores e bastonciños) saíronnos unhas árbores ben distintas que agora están decorando a nosa clase.
Estampáchedes algunha vez sí? 

domingo, 1 de octubre de 2017

ENTRETEMPO...

Estamos xa no outono, pero ás veces o tempo parece que nos quere enganar. Pola mañá temos que abrigarnos pois pola noite hai xeada e as temperaturas son baixas, e a media mañá logo parece verán.
Pode que caian 4 gotas, ou pode caer un bo chaparrón... nunca se sabe, así é o entretempo.
Na nosa clase vai moita calor polo que non fai falla que nos abriguemos moito, pois o mandilón tamén nos abriga e cunha manguiña fina estamos xenial.
Por outra banda estamos xa organizando a nosa zona de botas de auga, os que aínda non as trouxéchedes, se pode ser facédeo esta semana, que en breve comezaremos a usalas.
E é que ademais de podernos sorprender unha gran choiva antes de poñer rumbo ao patio... tamén pode que un día no que esté a herba mollada precisemos facer unha saída en busca de caracois (por poñer un exemplo), pero sobre todo, sobre todo... non queremos deixar de gozar do noso hortiño, polo que precisamos ter un calzado axeitado de traballo, para non ter a máis mínima desculpa e non atendelo.
A auga só molla, a terra só mancha un pouquiño pero da moitos froitos!!!!!! E moi pouquiña cousa mancharse polo moitísimo que nos da, e nós queremos "traballar a nosa terriña".


                               E... que podemos facer no outono se saímos a dar un paseíño?

Observar, observar e observar...
Gozar das cores do outono, dos froitos e das súas particularidades...
Expermientar cos sentidos...

Cogumelos, ourizos de castañas, noces, follas das árbores, agulliñas dos pinos... E con todo iso podedes crear a vosa cestiña da estación. Nós estivemos xa recolectando e nun par de días poderedes ver a nosa creación. Se queredes aportar algo, sempre será benvido!!! (follas, froitos de tempada...)
Moitísimas grazas :)