Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXCURSIÓN. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de diciembre de 2017

E como tanto nos gusta ir de excursión, ata Viveiro marchamos co noso condutor!!!





E CHEGA O NADAL...




 E  con el... o momento de crear as postais de Nadal...
 e de envialas ás nosas casas para felicitar ás nosas familias.

Para iso, aproveitamos tamén a saída ao buzón para ver o poboado de Nadal das Pontes, pero non sen antes prepararnos e compoñernos ben guapos e guapas, coa axuda de Gema, a nai de Daniela, que nos fixo unha sesión de perruquería.


Así de ben o pasamos no Poboado:









viernes, 17 de noviembre de 2017

SAÍDA: AXENCIA DE VIAXES E PANADERÍA (parando nunha morea de sitios)

Como Xabi nos dixo tan convencido que a súa nai traballaba en avións... quixemos comprobalo e decidimos facerlle unha visita ao traballo.
Previamente, tras ver a maleta de Xabi, collimos un globo terráqueo no cole e puxemos 5 pegatinas en distintos lugares (Groenlandia, Canarias, México, Malí e Brasil). Así que, tras falar un pouquiño do que era isto de viaxar... a que lugares se podería ir, en qué medios de transporte, que cousas se soen levar nunha maleta de viaxe...
Puxémonos mans á obra para organizar a nosa cita na axencia e que nos explicasen como poderíamos chegar a esos lugares que escolleramos.
Así, nos puxemos a camiñar, e camiñar, e camiñar (pufff, coas obras dimos moitas voltas) e chegamos ao noso destino:









Despois da camiñata e estando xa a media mañá entrounos a fame, así que, fomos á panadería e cada un coa nosa moeda mercamos o boliño de pan que nos tapou un pouquiño o furado do estómago ata chegar ao cole outra vez e merendar.


Pasámolo xenial!!! Moitas gracias a Laura e Noe  :)