Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN LECTORA. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de junio de 2017

LES TROIS PETITS COCHONS

Pois sí! As profes Bea do cole ( a nosa e a de francés en secundaria) fixeron un trato, e aquí está a primeira parte. Alumnado de secundaria nos veu contar un conto en francés e caladiños e pasmadiños estabamos observando e escoitando esas palabras tan raras que dicían. Ao final ata nos deron un agasaio. Que sorte!!!



Xa sabedes de que conto se trata. non?


P.D Grazas profe Bea (de francés) á volta teremos que facer a segunda parte deste troco ;)

lunes, 29 de mayo de 2017

RECANTO LECTOR TEMÁTICO

Dentro da nosa biblioteca de aula, e para centralizar un pouquiño os libros informativos e contos do tema no que estamos agora mesmo inmersos "GALIÑAS E POLIÑOS", creamos un espazo propio para estes materiais.
Levamos uns días con este espazo, lendo a diario un ou dous contos ao final da xornada, e autonomamente mirando moitísimos pola nosa conta.
O triunfador, coma sempre, é o conto do POLO PEPE, pero tamén O PITO CAIRO, HERMANITO, AS 10 GALIÑAS... calquera deles conseguen ter un asombroso silencia na aula :)


jueves, 18 de mayo de 2017

OS LIBROS DE HERVÉ TULLET, UNHA ELECIÓN SEMPRE AXEITADA!

Son moitos os libros que ten escrito este autor, e calquera deles de seguro é unha boa compra.
Na aula xa utilizamos algúns e non deixa de sorprendernos,


O conto JUGAMOS ao igual que o de UN LIBRO, é máxico porque os peques son os protagonistas que teñen que seguir ordes tocando dalgún xeito especial na páxina, e ese movemento, produce algún efecto na seguinte páxina.

martes, 18 de abril de 2017

TEMOS VERMES DE SEDA

Antes das vacacións pechamos a xornada contando un conto máis que recomendable e moi coñecido, pero por si acaso aquí vos deixamos a referencia:


E claro, con este conto tan xenial que explica o ciclo vital das bolboretas non podíamos deixar a cousa así. Tiñamos que comprobar que iso que pon no conto é certo, así que... temos na clase oviños de vermes de seda, e algunhas eirugas moi, moi pequeniñas que naceron nas vacacións. Hoxe comezamos as primeiras observacións. E claro, son tan pequeniñas que tivemos que coller as lupas para poder ver algo.
Xa sabemos que estás non se van dedicar a comer larpeiradas (como a do conto) senón que só se alimentará de follas de morera. Por sorte, é unha árbore difícil de atopar, temos unha no noso patio, así que... poderemos alimentalas sen problema.


Que pasará nuns días? Temos que observalos a diario para comprobar a súa evolución vendo os contínuos e rápidos cambios que se producirán.

jueves, 6 de abril de 2017

RECOMENDACIÓN LECTORA

Levamos dous días pechando a xornada coa lectura dun conto moi, moi,, moi máxico.
Un conto que consegue captar a atención do público, sexa cal sexa a súa idade porque se converte no protagonista.
Un libro no que se vai interactuando co propio libro facendo o que manda, e na páxina seguinte que ocorrerá? seremos magos? parecer parece maxia, sí!!!


Aquí vos deixamos un vídeo de youtube que atopamos no que podedes ver as páxinas do libro, e descubrir a súa maxia.


Pero dirémosvos que calquera dos libro de Hervé Tullet son xeniais, e nós trabllaremos con varios en distintos aspectos. Son LIBROS CREATIVOS, e iso é o que precisamos, que non nos den a historia feita senón que sexamos nós os que a creemos dun ou doutro xeito.




Xa veredes o divertidísimos que son!

miércoles, 22 de marzo de 2017

A INVENTAR HISTORIAS!!!

Hoxe inicíamos nunha actividade que á profe lle encanta e é que nós inventemos historias, logo as ilustramos e facemos un libriño de aula con elas.
Para comezar trouxo unhas pedras, pero non unhas pedras calquera, senón unhas pedras de contar contos.
Nelas hai moitas imaxes, e están gardadiñas nun saquiño para que saquemos unhas pouquiñas e comecemos a inventar. Hoxe Clara era a raíña da colmea, así que, ela foi quen sacou 3 pedriñas, e partir desas imaxes, creamos en grupo a nosa historia.



E así foi como nos quedou a nosa primeira historia inventada en grupo:


Atrevédesvos a inventar unha historia? Podedes facelo con imaxes, fotos recortadas de revistas, debuxos, palabras...

jueves, 16 de marzo de 2017

A BIBLIO DO COLE

Está ubicada no pavillón de secundaria, pero visitarémola a miúdo a partires de agora.
Hoxe fomos un ratiño a última hora para ver algunhas das normas de funcionamento da biblioteca-casiña do caracol Rosendo.

Para a semana xa comezaremos as nosas visitas programadas para traballar con contos, hoxe só nos deu tempo a coller un cada un e botarlle unha pequeniña ollada.
Aínda así, aínda que só fose polo "paseo" xa vimos encantads@s!