Mostrando entradas con la etiqueta MANDALAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANDALAS. Mostrar todas las entradas
jueves, 1 de junio de 2017
lunes, 24 de abril de 2017
A NOSA CAIXIÑA DE MANDALAS
Como vos dimos a idea de ter os mandalas nunha caixiña e así poder escoller o que máis nos guste en cada momento que nos apeteza relaxarnos e pintar un... pois aquí vos ensinamos a nosa, que por suposto, pintamos nós mesmos, recuperando unha caixiña de madeira (dos amorodos) para reciclar.
Que vos parece?
A ver como é a vosa!
Onde os gardades?
Como vedes ten moito máis aspecto de INVITACIÓN A PINTAR MANDALAS que ter as copias "apiloadas" enriba da mesa da profe. Non credes?
Que vos parece?
A ver como é a vosa!
Onde os gardades?
Como vedes ten moito máis aspecto de INVITACIÓN A PINTAR MANDALAS que ter as copias "apiloadas" enriba da mesa da profe. Non credes?
jueves, 6 de abril de 2017
RETO MANDALA
Se aínda non probáchedes o poder relaxante dos mandalas, non o demoredes moito máis. É de verdade un recurso xenial para traballar a atención, a concentración... e un bo plan para practicalo en familia, con amig@s, en grupo, parellas ou individualmente
Unídesvos ao noso RETO MANDALA?
Imprimide varios mandalas diferentes para escoller o que máis vos apeteza en cada momento e colocádeos nunha caixiña, ou facede copias do mesmo para ver como queda co estilo decorativo propio de cada un.
Logo facede unha exposición dos vosos mandalas feitos e enviádenos fotos ou vídeos.
Se poñedes música relaxante de fondo será moito máis sinxelo concetrarse.
Contádenos que tal vos foi a experiencia, vale?
Isto é para ti que nos estás lendo (para facelo individualmente ou mellor aínda en familia), pero tamén para vós que nos ledes dende outra escola infantil ou colexio e vos apetece tamén facelo, non deixedes de contarno-la experiencia, e por suposto, quedades convidadas todas as aulas do noso cole. A ver quen empeza!
Nos encantará tamén publicar as vosas fotos.
Facédenos un comentario contando que tal vos foi, dende onde nos escribides... e mandádenos as fotos ao noso enderezo clasedebea@gmail.com
martes, 28 de marzo de 2017
MANDALAS NATURAIS
Máis provocación de aprendizaxe que fan que nós, os peques, nos motivemos a realizar tarefas cos materiais propostos, e á vez aprender moitos contidos a partir dos mesmos. É unha proposta nunca unha obriga, e iso fai que todos teñamos gañas de participar nela.
Cunha previa preparación para só amosar os materiais que poden ser utilizados basta, o resto xa ven da nosa parte.
Unha só imaxe nos guiou para saber que coas cunhas, paus, piñas... materiais naturais en xeral... podemos crear moitas máis cousas das que pensabamos. Unha delas pode ser facer mandalas.
Os mandalas, por si non os coñecedes, proveñen so sánscrito e son uns disgramas ou reprensentacións simbólicas. Empréganse moito no budismo e no hinduismo, e pouco a pouco foron gañando fama polo seu máxico poder de relaxación.
Hai milleiros de mandalas para colorear na rede, e moitas ideas para crear mandalas tamén con materiais naturais.
Si premedes na imaxes poderedes colorealos online:
Nós empregaremos na aula os mandalas dos dous xeitos, como ferramenta relaxante (nun novo espazo que se creará en breve na aula) e tamén como unha forma creativa de colocar distintos materiais para formalos, sempre en forma circular.
Aquí vos deixamos unha ben sinxeliña por si vos queredes adentrar no mundo dos mandalas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)