Mostrando entradas con la etiqueta PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de marzo de 2017

PEDRAS PINTADAS





Outra provocación que apareceu hoxe no atelier foi unha cestiña chea de pedras e unha imaxe onde se ve pintar unha pedra coa técnica do puntillismo.
E que sucedeu? Que rapidamente nos animamos a practicar esa técnica tamén nós. Aínda que non con pincel, coma na imaxe, senón con bastonciños. Noutras sesións, ao mellor lle damos unha senda volta con outro material máis fino (paliños) para resaltar cores e puntos. Quen sabe!

MANDALAS NATURAIS

Máis provocación de aprendizaxe que fan que nós, os peques, nos motivemos a realizar tarefas cos materiais propostos, e á vez aprender moitos contidos a partir dos mesmos. É unha proposta nunca unha obriga, e iso fai que todos teñamos gañas de participar nela.
Cunha previa preparación para só amosar os materiais que poden ser utilizados basta, o resto xa ven da nosa parte.



Unha só imaxe nos guiou para saber que coas cunhas, paus, piñas... materiais naturais en xeral... podemos crear moitas máis cousas das que pensabamos. Unha delas pode ser facer mandalas.


Os mandalas, por si non os coñecedes, proveñen so sánscrito e son uns disgramas ou reprensentacións simbólicas. Empréganse moito no budismo e no hinduismo, e pouco a pouco foron gañando fama polo seu máxico poder de relaxación.
Hai milleiros de mandalas para colorear na rede, e moitas ideas para crear mandalas tamén con materiais naturais.
Si premedes na imaxes poderedes colorealos online:


Nós empregaremos na aula os mandalas dos dous xeitos, como ferramenta relaxante (nun novo espazo que se creará en breve na aula) e tamén como unha forma creativa de colocar distintos materiais para formalos, sempre en forma circular.

Aquí vos deixamos unha ben sinxeliña por si vos queredes adentrar no mundo dos mandalas.

jueves, 23 de marzo de 2017

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.


miércoles, 22 de marzo de 2017

PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE


Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E...  que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto: