Mostrando entradas con la etiqueta NATUREZA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NATUREZA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de noviembre de 2017

TEDES PLANTAS NA CASA?

Nós queremos ter pequenas responsabilidades, e o coidado das plasntas da casa podería ser unha desas tarefas a desenvolver, pero iso sí, tendo supervisión.
Estamos coidando as plantiñas da cristaleira do cole: sacámoslles as follas pochas, regámolas, varremos despois as que quedan polo chan, e con elas... facemos compost, cunto cos restos orgánicos das merendas.
Queredes ver o ben que o facemos?


domingo, 1 de octubre de 2017

EIRUGAS DE BOLBORETA MACAON, CONSEGUIREMOS VER A SÚA COMPLETA TRANSFORMACIÓN?



Xa na primeira semana de curso Vera nos sorprendeu traendo un botiño con dúas eirugas de bolboreta Macaon. Curiosamente, eu, sen saber cal era a tempada axeitada, busquei e busquei no verán no fiuncho a ver se atopaba algunha pero nada.
Como na finca de onde as trouxo había máis, trouxéronnos outras cinco e comidiña para alimentalas (igual que os vermes de seda só comen morera, estas eirugas comen 3 cousiñas nada máis: fiuncho, ruda ou a parte verde das cenorias).
Despois de pasar uns días véndoas (con lupa, sen lupa, tocándoas...), comezaron a transformarse en "pupa". Pero, por algunha razón (supoño referente a temperatura ou humidade) podrecéronse todas menos unha. Agora pasados uns días, estamos moi pendentes para ver se logramos vela xa como unha BOLBORETA MACAON  ou BOLBORETA COLA DE ANDURIÑA.


miércoles, 7 de junio de 2017

QUE PASA SE POÑEMOS UN PAPEL NO TRONCO DUNHA ÁRBORE E COMEZAMOS A FROTAR UNHA CERA?

Pois que a árbore nos creará o debusco da súa cortiza.
Fartos de estar con este tempo caluroso dentro da aula, buscamos calquera excura para ir en busca de osíxeno ao exterior.




miércoles, 26 de abril de 2017

UN NIÑO DE PAXARO REAL!!!

Sergio troúxonos un niño de paxaro!!!!
Sí, un niño de verdade!!!
O forte vento tirouno dunha árbore no terreo de seu tío, e dentro había uns oviños azuis (nós xa non puidemos velos porque  romperon antes de que o trouxera). Vaia chulada tiña que ser velos!!!!
Aquí podedes ver o contento que estaba Sergio ensinándonolo, e tamén no-lo deixou tocar. Que sorte!
Agora xa sabemos con que fan os niños os paxaros.


O outro día cando vimos a flor de algodón, algúns dixemos que parecían "nidos" pois tamén puidemos ver o seu parecido ou non tanto... :)


Agora deixamos "un vixilante" no niño, un paxariño que tiñamos no RECANTO DA NATUREZA.



martes, 28 de marzo de 2017

MANDALAS NATURAIS

Máis provocación de aprendizaxe que fan que nós, os peques, nos motivemos a realizar tarefas cos materiais propostos, e á vez aprender moitos contidos a partir dos mesmos. É unha proposta nunca unha obriga, e iso fai que todos teñamos gañas de participar nela.
Cunha previa preparación para só amosar os materiais que poden ser utilizados basta, o resto xa ven da nosa parte.



Unha só imaxe nos guiou para saber que coas cunhas, paus, piñas... materiais naturais en xeral... podemos crear moitas máis cousas das que pensabamos. Unha delas pode ser facer mandalas.


Os mandalas, por si non os coñecedes, proveñen so sánscrito e son uns disgramas ou reprensentacións simbólicas. Empréganse moito no budismo e no hinduismo, e pouco a pouco foron gañando fama polo seu máxico poder de relaxación.
Hai milleiros de mandalas para colorear na rede, e moitas ideas para crear mandalas tamén con materiais naturais.
Si premedes na imaxes poderedes colorealos online:


Nós empregaremos na aula os mandalas dos dous xeitos, como ferramenta relaxante (nun novo espazo que se creará en breve na aula) e tamén como unha forma creativa de colocar distintos materiais para formalos, sempre en forma circular.

Aquí vos deixamos unha ben sinxeliña por si vos queredes adentrar no mundo dos mandalas.

miércoles, 22 de marzo de 2017

PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE


Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E...  que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto:


jueves, 9 de marzo de 2017

TEMPO DE MIMOSAS... IMOS APROVEITALO

Se algo teñen de característico as mimosas é o seu olor e a súa cor amarela intensa, pero tamén a suavidade das súas flores en forma de pequenas boliñas.


Hoxe a profe trouxo unha cestiña chea de mimosas, e nós tiñamos que exploralas (ulilas, tocalas, ver como eran as súas follas e as súas flores, as cores...) e despois, ademais de deixalas alí decorando o noso atelier... Por que non debuxalas? Claro que somos capaces de recrear realidades, claro que somos quen de representar a realidade ao noso xeito, por iso, aquí vos ensinamos algúns dos nosos traballiños. Mañá de seguro que haberá máis, e xa vos ensinaremos a exposición completa.