Mostrando entradas con la etiqueta PHOTOCALL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PHOTOCALL. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de junio de 2017

martes, 6 de junio de 2017

PHOTOCALL ABELLEIRO

Aproveitando a nosa merenda no exterior... o afumador do avó de Alba... e o traxe de apicultora da profe... aquí está a nosa sesión fotográfica:






jueves, 2 de marzo de 2017

HOXE VAI DE... PIRATAS!!!!

Xa rematou o Entroido sí, pero... nós quixemos seguir de festa ao tempo que fixemos uns traballiños piratas:
- Uns cofres dos tesouros, uns mapas dos tesouros con mensaxes invisibles (con zume de limón) que posteriormente puidemos descifrar ao pintar por riba con acuarela (tamén se farían visibles se os quentásemos cunha veliña debaixo)...



E como non podía ser doutro xeito, deixando a nosa pegada nun photocall pirata, un cachiño do barco que levaba a profe no carriño do seu bebé o martes de Entroido :)-




A que parecemos auténtic@s piratas?

miércoles, 22 de febrero de 2017

OUTRO PHOTOCALL?

Parecemos famos@s :-) !!!!
Esta semana non fixemos máis que posar diante dos photocall, pero é que... a ocasión merecíao!!!
E a profe aproveita calquera ocasión para tunear un cartón pluma (reutilizadísimo) e convertilo nun escenario para "posar ante a cámara" cos nosos mellores atuendos.
Mirade que graciosísim@s estamos!




Lembrade que mañá vimos vestidos da casa co disfraz que prefiramos, xa se acabaron as ordes do Meco.
E...
O venres... convertirémonos en ratiños e temos que vir da casa vestidos de branco (pantis e fórmula branca).

viernes, 17 de febrero de 2017

O 14 DE FEBREIRO... DÍA DOS NAMORADOS

Falamos un pouquiño sobre o que os peques cren que é iso do amor, e poderíamos resumir os seus pensamentos en:
"BESITOS, ABRAZOS, QUERERSE MUCHO..." (Non van nada desencamiñados, non?)

Pero para aproveitar a celebración... decidimos facer unha actividade con tatus de corazóns e con outros dos seus nomes.
Son un tatus caseiros que igual que os fixen eu (veredes que me encanta reciclar e facer os meus propios materiais, sempre que sexa posible) os poderíades facer vós na casa coa temática que quixérades.
O único que precisades é: algún tapón ou corcho (para agarrar o tatu), un anaquiño de goma eva, e un cartón  (para facelo máis forte), un lapis para facer o debusxo ou texto que queirades e unha pistola de silicona ou pegamento forte.

Tamén fixemos un rapidísimo photocall amoroso co que lembraremos o día cun libriño de fotos que estará na nosa biblioteca de aula (así poderemos ver as fotos unha e outra vez).