Mostrando entradas con la etiqueta AXENCIA DE VIAXES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AXENCIA DE VIAXES. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de noviembre de 2017

SAÍDA: AXENCIA DE VIAXES E PANADERÍA (parando nunha morea de sitios)

Como Xabi nos dixo tan convencido que a súa nai traballaba en avións... quixemos comprobalo e decidimos facerlle unha visita ao traballo.
Previamente, tras ver a maleta de Xabi, collimos un globo terráqueo no cole e puxemos 5 pegatinas en distintos lugares (Groenlandia, Canarias, México, Malí e Brasil). Así que, tras falar un pouquiño do que era isto de viaxar... a que lugares se podería ir, en qué medios de transporte, que cousas se soen levar nunha maleta de viaxe...
Puxémonos mans á obra para organizar a nosa cita na axencia e que nos explicasen como poderíamos chegar a esos lugares que escolleramos.
Así, nos puxemos a camiñar, e camiñar, e camiñar (pufff, coas obras dimos moitas voltas) e chegamos ao noso destino:









Despois da camiñata e estando xa a media mañá entrounos a fame, así que, fomos á panadería e cada un coa nosa moeda mercamos o boliño de pan que nos tapou un pouquiño o furado do estómago ata chegar ao cole outra vez e merendar.


Pasámolo xenial!!! Moitas gracias a Laura e Noe  :)