Mostrando entradas con la etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LÓXICA-MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

UN NOVO XOGO MATEMÁTICO DE ABN

Co que imos mellorando o noso coñecemento da recta numérica e da táboa do 100.
Con este xogo traballamos os conceptos de ANTERIOR e POSTERIOR.
Como podedes ver é super doado de elaboralo, así que... animádevos a facelo na casa, vale? e logo xa nos contades.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

CANTO MEDIDES?

Nós aproveitando que estes días temos na clase a maleta de Sergio, e que nela ven unha cinta métrica de costura... quixemos sacarlle partido e estivemos medíndonos e traballando cos nosos centímetros.
Así, ademais de facer unha tarxetiña na que puxemos o que medimos, a acompañamos cunha lá (que de non ser pola diferencia de estar máis ou menos tensa) debería de medir O MESMO que nós. Por iso, se medimos 115 cms. levaremos 115 cms. de lá, e se medimos 100 cms, pois levamos 100 cms. de lá.
Que vos parece?


domingo, 19 de noviembre de 2017

A NOSA DIANA DOS NÚMEROS: LANZAMENTO DE POMPÓNS

O outro día improvisamos un xogo co que o pasamos super ben. É un xogo de puntería numérica. Puxémonos en ringleira para respetar a quenda de xogo e fomos lanzando pompóns a un forro de pegar que pegamos dende o alto na clase.
Así íamos lanzando e si conseguíamos que se pegara o pompón nun número tiñamos que dicir cal era ese número.




viernes, 17 de noviembre de 2017

34, 89, 65... O MESMO NÓS DA. XA OS SABEMOS REPRESENTANDO TENDO EN CONTA AS DECENAS E AS UNIDADES.




Como podedes ver non se nos resiste ningún, sabemos o truco. miramos se hai un número só (só unidades = paliños soltos), se hai dous números (o primeiro nos indica as decenas - paquetiños de 10 paliños- e o segundo nos indica as unidades).

NON SE TIRA NIN UNHA TAPA NIN UN TAPÓN

Así que... xa sabedes, igual que nós na clase gardamos todas e todos (suavizante, leite, bebibles...) vós podedes facer o mesmo. Se non os ides utilizar... traédeno-los ao cole que lle daremos moi bo uso.
Aquí un pequeniño exemplo dunha actividade matemática feita exclusivamente con tapas e tapóns:


Como podedes observar, ás veces acertamos outras veces erramos, pero rapidamente nos damos conta e autocorreximos o conteo. Se nos sobran... as podemos descontar outra vez á caixiña contando e vemos en cantas nos pasamos (as que quedan na taoa grande) e se nos quedamos curtos será cuestión de voltar a contar e non parar ata chegar ao número que nos pon a tapiña. Se temos problemas, algún comapñeiro ou compañeira nos pode botar unha man.

viernes, 10 de noviembre de 2017

OUTRA DAS TAREFAS DOS ENCARGAD@S


Xa fúchedes vendo o importante papel que está tendo o noso número de lista na aula, e aquí podedes confirmalo con outra actividade.
Ao pasar lista temos relacionados aos compañeir@s co seu número, así, pouquiño a pouco iremos sabendo perfecetamente todos os números ata o 22 alomenos (e xogando coa táboa do 100 moitísimos máis).
Sabedes vós quen é o 4? o 14? o 15? ou o 22? preguntádenos que estaremos encantados de dicirvos quen é cadaquen.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

DO 1 AO 100 E SEN MEDO NINGÚN A SEGUIR MEDRANDO NUMERICAMENTE

Estes días non vos sorprendades se vos falamos do número 53, do 77 , do 99 ou mesmo do 100.
Se este curso xa comezamos a ampliar o noso mundo numérico coa importancia do referente NÚMERO DE LISTA (nos percheiros, nos paneis de pasar lista...) e xa tiñamos así asegurada unha certa familiaridade cos números do 1 ao 22 alomenos... parecíanos moi pouco quedarnos así, por iso, xa entrou na nosa asamblea un super material ABN que é a TÁBOA DO 100.
Unha táboa con ocos para colocar os 100 números móbiles, darlles a volta, cambialos de lugar... ver as familias dos números... observar as columnas e as filas.

Para estrenar a táboa, e despois de ter colocadas en días anteriores dúas rectas numéricas (tamén do 1 ao 100), unha vertical e outra horizontal (e ir contando oralmente)... a profe creou unha variña dos números. Con ela imos saíndo á táboa e un compañeir@ decide que número quere que busquemos, unha vez localizado lle damos a volta para que ningún outro compañeir@ pida repetir números.
Falando das familias dos números: os vinte, os trinta, os corenta... aprendimos un SUPER TRUCO. Temos que fixarnos inicialmente no número  polo que remata. Así temos unha pista que nos axudará a atopar o número rapidamente.
Por exemplo se o número que nos piden é o 56, como sabemos que remata en 6 imos ao 6  arriba de todo e imos baixando coa variña ata que o atopemos.


SOMOS UNS EXPERTOS MATEMÁTIC@S

E cada vez imos aumentando máis o noso coñecemento deste mundo.
Estes días comezamos a uitlizar novos materiais, algúns feitos no momento (mentres nós estabamos nos recunchos a profe aproveitaba a reciclar algúns materiais e convertilos en xogos para nós).
Aquí vos ensinamos algúns exemplos destes materiais (abn) creados recentemente, para telos á nosa disposición nos recantos.
A semana que ven, sen falta, comezarán a súa ruta, OS XOGOS ABN VIAXEIROS, estade atent@s.


- Este xogo conten parellas de tarxetas que forman arcos da vella.
- Para emparellalas correctamente hai que contar e buscar o número que representa a esa cantidade.


- Con tapóns do suavizante da roupa, uns ollos móbiles, un pompón e un pouquiño de whasi tape creanse os personaxes. No taboleiro pode haber pedriñas, fichas (parchís...)
- Consiste en ir comendo fichas, por quendas, e is contabilizando, comparando, claseificando por cores...


- O único material que precisamos é unha caixa de bombóns con ocos na bandexa, ou unhas oveiras, escribirlle cun rotulador diferentes números nos ocos, e ter algúns obxectos pequeniños (garavanzos, sementes, botóns...)
- Poñemos o número de obxectos que nos manda a cifra en cada oco.


A CASIÑA DO 10: DESCOMPOÑEMOS OS NÚMEROS

O outro día cremos no chan unha casiña, de momento a cocñecemos como a casitña do 10, pero imos ir vendo como nos vai valer para os números anteriores tamén (aínda que lles sobrarán habitacións).
Varios nen@s collimos 10 tapóns dunha cestiña e o que tiñamos que facer era colocalos repartíndoos en 2 habitacións da casiña (no mesmo piso).
Finalmente, e despois de ter en conta que non podíamos repetir o reparto que fixeran anteriormente os compañeir@s chegamos á ubicación que podedes ver na imaxe, e que ampliaremos cambiando a posición nas habitacións engandindolle outras tantas. ( é o mesmo 3 + 7 que 7+3)
Así puidemos comprobar cales son os AMIGOS DO 10.
1 e 9 fan 10
2 e 8 fan 10
3 e 7 fan 10
4 e 6 fan 10
5 e 5 fan 10
Fixádevos na súa colocación e mirade como para un lado descenden e para o outro ascenden.
Estas parellas numéricas coñecerémolas por NÚMEROS COMPLEMENTARIOS.


miércoles, 4 de octubre de 2017

martes, 3 de octubre de 2017

MATEMÁTICAS ABN...

Esta é a metodoloxía que utilizamos na aula para aprender cousiñas sobre os números dun xeito vivencial e moi maniopulativo.


Este é un exemplo de como traballamos a decena, e a ordenación ascendente e descendente da liña numérica ata o 10, sen utilizar a súa grafía, pero comprendendo o seu significado  de cantidade. Ademais traballamos conceptos como anterior e posterior.

lunes, 29 de mayo de 2017

XOGAMOS CON OVOS?

Hoxe creamos moi rapidamente un xogo moi divertido co que melloraremos moitísimo no conteo, na asociación número- cantidade, no manexo dos dados, no respeto das quendas de xogo...
Nós para facer a primeira presentación do xogo xogamos en gran grupo, facendo dous equipos, pero a partires de agora estará no noso recanto de números para xogar libremente de xeito individual ou por parellas, se queremos.

Tratase de encher en primeiro lugar a oveira con 20 ovos. Para iso hai que ir lanzando o dado e incorporar á oveira o número de ovos que saiu na tirada do dado. Cando quedan pouquiños (1, 2, 3...) se nos sae un número maior perdemos a quenda e temos que esperar a recuperala para voltar a lanzar o dado.




Xa vedes, que coma sempre, os materiais son super sinxelos de conseguir. Así que..vos animamos a que no-lo fagades tamén na casa. Os días de choiva son xeniais para gozar con xogos de mesa ou matemáticos coma este. Non credes?

domingo, 28 de mayo de 2017

XOGAMOS CO MÉTODO ABN

Mirade como somos capaces de ver números en onde non os hai!!!!
Ou sí que os hai?
O caso é que xa sabemos ver números con só observar pequenas cantidades de cousas.
Traballamos moitos aspectos con esta actividade como a subitización, a relación grafía-cantidade, a correspondencia numérica, a ordenación...
Calquera material nos serve para facelos, asi que... non dubidedes en poñelo en práctica, porque a nós nos encantou xogar, e fixémolo xenial!!!




UN NOVO TABOLEIRO DE XOGO NO CHAN

Así de sinxelo e rápido nos montou a profe un novo xogo matemático.
Como, a pesar de que a nosa clase este curso é moi grande, xa non temos moito espazo dispoñible... buscamos calquera recuncho para facer propostas de actividade.
Este é un xogo moi sinxelo pero á vez super, super axeitado para comprender de primeira man, a través da propia manipulación de obxectos, a correspondencia de número e cantidade, así como a cadea numérica en orde ascendente e descendente.
Se o queredes só precisades:
- Whasi tape
- Números (poden ser unhas tarxetiñas cos números escritos, números de imán, números escritos nuns tapóns...
- E en cantidade suficiente calquera obxecto de pequeno tamaño (poden ser cunchas da praia, ceras de cores, clips... calquera cousiña vale.
- Unha caixa ou cestiña para gardar os materiais

E ale... a xogar!!!!





martes, 9 de mayo de 2017

INVENTANDO XOGOS

Con só poñer o material á súa disposición os peques somos quen de inventar os nosos propios xogos. Neste caso,  combinando o material de 2 xogos xurdiu esta actividade de asociación numérica.


jueves, 30 de marzo de 2017

MATE-XOGOS


Se ben xa coñecemos moitos dos xogos matemáticos que temos na aula, aínda temos outros por descubrir. Era o caso destes que hoxe rescataron do recuncho matemático para indagar como se xogaría. Unha vez explicadas as dúbidas, xa cada un xogou sen medo.

Víchedes que sinxelo pode ser facer un xogo matemático?
Para facer o xogo da sandía só precisades uns folios ou cartolinas pequenas (verde e vermella) e unhas fabas negras (ou botóns, pompóns negros pequeniños...). E por outra parte unhas tarxetas cos números, ou ben un dado e que haxa que lanzalo para saber cantas pebidas hai que poñer en cada caso.

martes, 28 de marzo de 2017

E VELAQUÍ ESTÁ "O NOSO NOVO NEGOCIO"




Pois sí! Que mellor xeito de dar a benvida á primavera que enchendo a nosa clase de flores de cores?
Con este novo espazo xogaremos simbolicamente, e farémolo sempre en pequenos grupos pois só poderá haber 4 carnés para a zona de floristería, supermercado e picnic.
Nel temos que facer aínda algunha obriña e abastecernos de materiais (os cales iremos creando pouquiño a pouco), pero xa temos o noso catálogo de produtos florais listo.
Agora xa podemos mercar e vender flores, ramos, plantas aromáticas...  e como non, traballaremos con moedas para iso, así que... aquí veñen escondidas unhas cantas matemáticas.


Hoxe a asemblea inicial foi moi productiva a partires de ver o novo espazo e da formulación de sinxelas preguntas tales como :
Que é? Como se chaman os que traballan ahí? Que son as flores? De que cores poden ser? Poden comer moscas as flores?... xurdiu unha conversa moi interesante na que se viron as nosas ideas previas sobre o tema.
E así, falando e falando, chegamos á pregunta do millón. E si hai moitas cousas que non sabemos... que podemos facer? Onde podemos buscar información sobre as flores e as plantas? E mentres a profe contaba ter a resposta de: buscar nos libros, buscar en internet, preguntar a papá e mamá... atopouse con que dixemos "pues vamos a una floristería". E así, a bote pronto, e sen pensalo! nos pareceu a todos unha idea xenial. Pois... non sabemos como se chaman os que traballan nas floristerías, só coñecemos 2 nomes de flores (margarita e rosa) e temos super claro clarísimo que "ningunha planta pode comer moscas, pois comen area". Será todo isto certo? 
Iremos a unha floristería e seguro que viremos con resposta a todo isto.

Teremos que poñernos a investigar e a converternos en EXPERTOS NA MATERIA (das flores e plantas).
Por iso, agora temos un grande traballo por diante no que teremos que contar coa axuda das nosas FAMILIAS. Temos que convertirnos en expertos nalgunha cousiña relacionada coa materia (xa sexa buscando a información na rede, en libros, ou falando sobre as plantas ou o horto da casa dos avós, por exemplo) e traer a información recollida nunha cartolina (imaxes, textos, sementes... o que queirades) e que nós llo podamos explicar aos nosos compañeir@s, aportando así novos contidos de coñecemento ao grupo, e tendo como guía ese pequeniño traballo de investigación. Non hai datas, cada un vai traendo segundo poda. É algo voluntario, pero a tod@s nós nos encantaría ser OS EXPERT@S DO DÍA. Por iso, aínda que vos pareza pouquiña cousa, todo será importante para o noso proxecto. 
Á vez, todos podemos colaborar aportando á aula algún material relacionado co tema (sempre todo marcado co noso nome), ferramentas que nos permitan traballar coas plantas, libros de xardineiría, sementes...  esperamos a vosa axuda. Moitísimas gracias de antemán!!!!!

MATES COS BOTES DOS IOGURES BEBIBLES

Non se tira nada!
A profe está atenta ás botelliñas, ás tapas dos nosos iogures... e así é como xurden logo pequenos xogos cos que reutlizar materiais, á vez que se traballan moitos conceptos. Neste caso matemáticos.


Esta idea tan sinxela a podemos realizar tanto con 3 números como con 10, 20 ou os que queiramos. Todo dependerá das botelliñas que teñamos.
Con elas podemos traballar a numeración, a correspondencia de igualdade con grafías, o conteo con pauciños, relación da grafía e a súa cantidade a través dos puntiños dos dados, complementar o conteo cos botóns, traballar a ordenación ascendente e descendente.