Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de noviembre de 2017

CIRCULEANDO CON TAPAS E TAPÓNS


NON SE TIRA NIN UNHA TAPA NIN UN TAPÓN

Así que... xa sabedes, igual que nós na clase gardamos todas e todos (suavizante, leite, bebibles...) vós podedes facer o mesmo. Se non os ides utilizar... traédeno-los ao cole que lle daremos moi bo uso.
Aquí un pequeniño exemplo dunha actividade matemática feita exclusivamente con tapas e tapóns:


Como podedes observar, ás veces acertamos outras veces erramos, pero rapidamente nos damos conta e autocorreximos o conteo. Se nos sobran... as podemos descontar outra vez á caixiña contando e vemos en cantas nos pasamos (as que quedan na taoa grande) e se nos quedamos curtos será cuestión de voltar a contar e non parar ata chegar ao número que nos pon a tapiña. Se temos problemas, algún comapñeiro ou compañeira nos pode botar unha man.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

SOMOS UNS EXPERTOS MATEMÁTIC@S

E cada vez imos aumentando máis o noso coñecemento deste mundo.
Estes días comezamos a uitlizar novos materiais, algúns feitos no momento (mentres nós estabamos nos recunchos a profe aproveitaba a reciclar algúns materiais e convertilos en xogos para nós).
Aquí vos ensinamos algúns exemplos destes materiais (abn) creados recentemente, para telos á nosa disposición nos recantos.
A semana que ven, sen falta, comezarán a súa ruta, OS XOGOS ABN VIAXEIROS, estade atent@s.


- Este xogo conten parellas de tarxetas que forman arcos da vella.
- Para emparellalas correctamente hai que contar e buscar o número que representa a esa cantidade.


- Con tapóns do suavizante da roupa, uns ollos móbiles, un pompón e un pouquiño de whasi tape creanse os personaxes. No taboleiro pode haber pedriñas, fichas (parchís...)
- Consiste en ir comendo fichas, por quendas, e is contabilizando, comparando, claseificando por cores...


- O único material que precisamos é unha caixa de bombóns con ocos na bandexa, ou unhas oveiras, escribirlle cun rotulador diferentes números nos ocos, e ter algúns obxectos pequeniños (garavanzos, sementes, botóns...)
- Poñemos o número de obxectos que nos manda a cifra en cada oco.


viernes, 3 de noviembre de 2017

XOGAMOS AO BINGO!!!!




Coidado con nós que xa sabemos xogar ao bingo :)!!!!!
Esta vez a profe creou un bingo caseiro reciclando unha garrafa de auga (vós podedes facer o mesmo e así xogamos na casa).
Dentro, para comezar coas normas deste xogo, metimos letras de madeira, e o noso material eran unhas tarxetiñas con letras e un rotulador (sinxelo, verdade?)
Pois a profe ía sacando letras, e nós íamos buscando na nosa tarxeta se a tiñamos ou non. Así fomos marcando con X as que tiñamos. Cantamos liñas... e finalmente BINGO!!!!
Esta idea serve para xogar con calquera tipo de material dentro (neste caso estreámolo con letras, pero xogaremos tamén con números, animais, e mesmo con árbores para traballar co vocabulario da nosa actividade de EXPERTOS EN BOSQUES.
Xa veredes!!!!
Gustouvos a idea?

COMPROMETIDOS CO MEDIO AMBIENTE




Hai uns días que nos chegou a tan esperada MENSAXE NUNHA BOTELLA. Esa da que vos falamos nas xuntanzas...
É unha botella que está recorrendo varios colexios, no noso caso é a que provén da RUTA DO CANTÁBRICO, dentro do proxecto se SEA CHANGE (mensaje en una botella). Iniciu a súa viaxe no País Vasco e foi chegando facendo paradas en dous colexios de Viveiro, na nosa clase, e hoxe arrincará camiño ao antigo cole da profe, o de Ortigueira.
Con moito entusiasmo escoitamos o que a profe nos lía no pergamino da botella: era unha mensaxe que falaba en nome dos OCÉANOS!!!!!
Nós comprometímonos a axudar a través de diversas accións que xa estamos realizando:
- USO DE BOLSAS DE TEA
- USO DE PORTABOCATAS DE TEA (non papel de aluminio nin film transparente)
- PATRULLAS DE LIMPEZA
- COMPOSTEIRO co resto de alimentos orgánicos.
- RECICLAXE NA AULA (papel, plástico, orgánicos, pilas, tapóns)

Axudádesnos?

viernes, 2 de junio de 2017

E NA NOSA CLASE CAERON 2 PREMIOS!!!

Onte fíxose a entrega de premios do Concurso de Reciclaxe organizado pola A.M.A (aula de medio ambiente do noso cole).
Como fixemos un traballiño colectivo tivemos un premio que pronto nos veredes cando fagamos algunha saída pola contorna. De momento non vos dicimos nada :)
Pero o que sí vos dicimos é que Noa levou tamén un premio polo  traballiño que fixo coa súa familia e que tiña ben merecido!!!!


E aquí vos lembramos cal era o seu conto "OS TRES PORQUIÑOS" representado con material de reciclaxe.


                                                PARABÉNS Á FAMILIA DE NOA!!!! 

E parabéns tamén a tódalas familias que participáchedes porque ter eses momentos de creación cos peques é:  darlles EXPERIENCIAS, COMPARTIR TEMPO, COMPARTIR VALORES (neste caso de coidado do medio ambiente) e COMPARTIR MOMENTOS DE CALIDADE.
Non deixedes de participar nas actividades que se vos propoñen ;)

domingo, 28 de mayo de 2017

NOVOS MATERIAIS, NOVAS POSIBILIDADES DE XOGO E APRENDIZAXE


Dixo a profe que estos materiais agora estarían no recuncho das construcións, así que... puxémonos a pensar e contruimos torres... e tamén un laberinto!!!! Síiii, o que vedes colocado polo chan é un laberinto, e hai que ter coidado porque non se poden pisar os vasiños nin os rolos de cartón.
Que se nos ocorrerá facer outro día?

viernes, 28 de abril de 2017

PATRULLA DE LIMPEZA

Hoxe, á volta do recreo, fixámonos que preto do horto había moitos plásticos, papeis... (polo vento destes días atrás, e porque ás veces a xente se despista e tira as cousas onde non debe, nós non) así que, sen demora, puxémonos mans á obra e en 10 minutiños, entre tod@s (o traballo en equipo sempre é moito mellor) deixamos todos super limpo.
Esperemos que o vento non volva a facer das súas, e que o resto dos nen@s tiren as cousas onde debe ser (as papeleiras e contedores).
Na casa seguro que, coma no cole, tamén reciclades, e é fundamental que no-lo lembredes a miúdo así como a importancia de facelo, porque se o convertemos nun hábito non haberá que traballalo, senón que xa o faremos sen darnos conta.
Na clase sempre lle preguntamos á profe onde se tiran as cousas despois da merenda, e aínda que ás veces nos trabuquemos, son as máis os acertos que as equivocacións. Así que, imos no bo camiño!


E despois desta laboura de limpeza, tocou traballar hábitos de hixiene, lavando moi ben as mans con xabón antes de facer ningunha outra cousa.

lunes, 24 de abril de 2017

A NOSA MINI-GRANXA DE RECICLAXE


Que materiais empregamos?
Pois... caixas da froita pequenas, rolos de papel hixiénico, lás, oveiras, a tapa metálica dun bote de cristal, cartóns, o protectos plateado dunha tarrina de mantequilla, o envase dun queixiño individual, o tapón de plástico dunha botella, o rolo de cartón dunha cinta de embalaxe e un anaquiño de folla de xornal.
A maiores leva unhas plumiñas e un pouquiño de serrín.

QUE SERÁ, SERÁ?

Aquí nos podedes ver traballando con material de refugallo, pero... que iremos facer con el? xa vo-lo ensinaremos.


A VOARRRRR!!!!!

Iago ensinounos o seu traballiño familiar de reciclaxe. Mirade que boísima idea tamén!!!



sábado, 8 de abril de 2017

MÁIS PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE RECICLAXE!!!

E cunhas ideas xeniais!!!!!!!
Aquí podedes ver a Diego explicándonos o seu proxecto feito con múltiples materiais de refugallo.


Xa sabedes que aquí somos da idea de que "non se tira nada" (bueno... algunhas cousas sí, pero outras as gardamos por si se nos ocorre algunha idea para facer con elas). Por iso nos encanta ver estos super traballos tan elaborados e que amosan como a creatividade vai super lonxe se a deixamos, e como sen gastar nada (bueno algo de pegamento, pinturas... pero nada máis) se poden crear auténticas marabillas xogos, xoguetes, obxectos decorativos...) e ademais concienciando aos máis pequen@s da necesidade de coidar o medio ambiente.

jueves, 6 de abril de 2017

AÍNDA NON FÍXECHEDES NADA PARA O CONCURSO DE RECICLAXE?

Pois aproveitade que aínda nos quedan uns días... Noa e a súa familia xa se adiantaron e presentaron un traballo chulísimo que Noa nos contou con moito detalle.
Canta creatividade!!!!


sábado, 18 de marzo de 2017

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

Aínda que nós xa o faremos a nivel de aula, dende aquí vos animamos a que nos fagades particícipes tamén con vós, dende a nosa casa.
Sö temos que coller materiais de refugallo e dar renda solta á nosa creatividade. Sinxelo, verdade?
Aquí deixamos as bases para que ningúen se despiste. Aínda nos queda un mes, estamos a tempo!!!!


miércoles, 8 de marzo de 2017

QUE PODEMOS FACER CUNHA CAIXA DE MADEIRA?

Entre miles de usos, atopamos o que hoxe vos imos ensinar. Facer unhas pizarriñas, onde podemos escribir e debuxar con tizas e ao tempo son os propios contenedores de almacenaxe de tizas, borradores, trapiños para borrar... Múltiples funcións, todo en 1!