Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS PLÁSTICAS.ARTISTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS PLÁSTICAS.ARTISTAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de junio de 2017

REUTILIZANDO MATERIAIS, CREANDO OPORTUNIDADES DE NOVAS EXPERIENCIAS ARTÍSTICAS

Que vos parece o noso TÚNEL DE PINTADO?




Pintáchedes así algunha vez?
Neste caso fomos pasando todos polo túnel, e utilizamos só 3 follas de periódico como base (as que podedes ver como resultado final na primeira imaxe).

jueves, 15 de junio de 2017

SE FAI CALOR... POIS SAÍMOS A AIREARNOS!!!

E aproveitando que no patio temos unha zona natural... que poderíamos facer? Pois isto, por exemplo:


Colocamos unhas cartolinas nun cordel entre 3 árbores e ale, a crear cada un a súa obriña!!!! E cun cartón xigante fixemos un cadro colectivo moi colorido.

Pareceravos que ao mellor só se trata de pintar, pero poder ser que ese sexa só un máis dos obxectivos.
Con esta actividade sobre todo traballamos en equipo, compartimos materiais (mirade como están todos xuntos os pinceis e pinturas e hai que respectar a quenda), cada un ten o seu espazo (unha cartolina) ten que controlar de cal se trata, cal é a súa ubicación, non interferir nas obras dos demais... e no cartón, pois o mesmo, comezamos pintando en grupos de 4, logo xa nos fomos mesturando como quixemos, e fomos creando tendo en conta de non estropear o que fixeron os nosos compis.
O vento movíanos as cartolinas así que había que buscarse a vida para poder pintar sen que o vento nos estampase a pintura na cara, e asinar os cadros nesa posición... é un pouquiño dificil tamén!!! Pero se experimentamos dámonos conta de que TODO É POSIBLE. O ÚNICO IMPOSIBLE É O QUE NON SE INTENTA,  e nós intentamos todo, todiño por nós mesm@s.
E outra das cousas que facemos con este tipo de actividade é darnos conta de que non todo se ciñe a un folio ou cartolina nunha mesa, que podemos crear de moitos xeitos,  mañá se temos tempo ensinarémosvos outro moi curioso. Xa veredes!!!

Que vos pareceu esta actividade? Non credes que é divertido? Non vos apetecería facelo no voso xardín ou no patio do voso cole se sodes profes?

A ver quen se anima a comentar!!! 3, 2, 1 tempo... podedes comezar :)


viernes, 2 de junio de 2017

ESTAMPAMOS CON CORTIZAS DE BOTELLAS

Estes días, nos que as nosas actividades xiran arredor das galiñas e os pitos... aproveitamos para pintar uns pitiños e logo decoralos estampando. Quedaron super coloridos!!!


jueves, 1 de junio de 2017

martes, 16 de mayo de 2017

A IMPORTANCIA DAS CREACIÓNS LIBRES

É fundamental o debuxo en idades temperás, pois é un medio de expresión por excelencia, por iso é importnatísimo que nos deixedes expresar libremente. sendo así, seremos nós os que crearemos e logo con moitísimo entusiasmo vos contaremos o que fixemos sin que ninguén no-lo pida.
E por que facelo sempre en papel? Claro que é un lugar idóneo, pero cambiar de formatos e materiais, ao tempo que reciclamos cousas que rematarían no contenedor, é tamén unha opción estupenda.
Quen dixo que había que tirar os cd´s cando están raiados? Se valen para moitísimas cousas!
Aquí vos ensinamos tan só unha idea de reutilización, pero hai unha morea.



jueves, 11 de mayo de 2017

EXPERIMENTANDO E CREANDO OBRAS COA INCORPORACIÓN DE ELEMENTOS

Neste caso engadimos lá para dar textura ás nosas obras:


ARTE E CREATIVIDADE EN TAPAS DE BOTES

Xa vos dixemos 1001 veces que á profe lle gusta gardar unha morea de cousas, que a tirar sempre hai tempo!!!! Pois aquí podedes ver outro exemplo de como lle damos utilidade a materiais que ás veces só se usarían 1 vez.
Nós os tarros os utilizamos para moitísimas cousas: para algún experimento, para botar a pintura, para facer xarróns... neste caso coas tapas fixemos "mini obras creativas".
Onte esta actividade do atelier foi de achegamento ao material, amosándonos que con uns rotuladores especiais podemos pintar en superficies que non sexan de papel, que con adorniños adhesivos (corazóns neste caso) podemos decorar as nosas obras ao tempo que traballamos a motricidade fina (pois temos que sacarlles as pegatinas que traen).
Agora que xa sabemos con que materiais podemos traballar, no ATELIER estarán dispostos para que cando nos apeteza fagamos outra obriña.
Pero estes que vos ensinamos se convertirán en IMÁNS para o frigo.


Que vos parecen?


Xa sabedes, non tiredes frascos nin tapas que nós saberemos darlle outra oportunidade.

jueves, 6 de abril de 2017

RETO MANDALA


Se aínda non probáchedes o poder relaxante dos mandalas, non o demoredes moito máis. É  de verdade un recurso xenial para traballar a atención, a concentración... e un bo plan para practicalo en familia, con amig@s, en grupo, parellas ou individualmente

Unídesvos ao noso RETO MANDALA?
Imprimide varios mandalas diferentes para escoller o que máis vos apeteza en cada momento e colocádeos nunha caixiña, ou facede copias do mesmo para ver como queda co estilo decorativo propio de cada un.
Logo facede unha exposición dos vosos mandalas feitos e enviádenos fotos ou vídeos.
Se poñedes música relaxante de fondo será moito máis sinxelo concetrarse.
Contádenos que tal vos foi a  experiencia, vale?



Isto é para ti que nos estás lendo (para facelo individualmente ou mellor aínda en familia), pero tamén para vós que  nos ledes dende outra escola infantil ou colexio e vos apetece tamén facelo, non deixedes de contarno-la experiencia, e por suposto, quedades convidadas todas as aulas do noso cole. A ver quen empeza!

Nos encantará tamén publicar as vosas fotos.
Facédenos un comentario contando que tal vos foi, dende onde nos escribides... e mandádenos as fotos ao noso enderezo clasedebea@gmail.com

martes, 28 de marzo de 2017

PEDRAS PINTADAS





Outra provocación que apareceu hoxe no atelier foi unha cestiña chea de pedras e unha imaxe onde se ve pintar unha pedra coa técnica do puntillismo.
E que sucedeu? Que rapidamente nos animamos a practicar esa técnica tamén nós. Aínda que non con pincel, coma na imaxe, senón con bastonciños. Noutras sesións, ao mellor lle damos unha senda volta con outro material máis fino (paliños) para resaltar cores e puntos. Quen sabe!

jueves, 23 de marzo de 2017

HOXE CAMBIAMOS O MANDILÓN POLA CAMISETA

E iso que o día estaba de bufanda, gorro e luvas!!!!
Pero... que ben non vestimos nós soíñ@s e os que non sabíamos como poñer a camiseta pedimos axuda e rapidamente nos uniformamos tamén.
E nada, que despois de facer os nosos experimentos... continuamos comodamente cos nosos atuendos.

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.


miércoles, 22 de marzo de 2017

PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE


Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E...  que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto:


jueves, 16 de marzo de 2017

PINTANDO CON PLÁSTICO DE BURBULLAS...

E de paso, estoupando algunhas :)

Hoxe fixémoslle masaxiños a un papel branco sobre unha mantiña de burbullas con pintura, e o resultado nos deixaba coa boca aberta, ao ver que nuns segundos o noso papel se enchía de colorido e de múltiples círculos de cores, segundo o colocásemos nun ou noutro lugar.


Víchedes que sinxelo? Xa sabedes, non se tira nada! primeiro hai que ver se pode servir para algo.
E hoxe que descubrimos esta posibilidade, de seguro que a uitlizaremos nas nosas obras libres.