Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E... que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario