miércoles, 22 de marzo de 2017

MOVÉNDO O ESQUELETE PARA APRENDER OS NÚMEROS

Fixemos un xogo no que tiñamos pegado un número na cara. Todos sabíamos o número que nos tocara, pero tiñamos que estar ben atent@s porque a profe daba ordes diferentes para cada número (de pe, sentad@s, pata coxa, tumbad@s...) e non nos podíamos deixar ir cando un veciñ@ facía a tarefa xa que igual o seu número non era o noso.
Por iso, ademais de ser un xogo motor, matemático e de recoñecemento das grafías numéricas. Tamén é unha actividade na que traballamos a nosa atención e concentración.


Aproveitando que a profe estaba disfrazada de abelliña... utilizamos  a súa variña máxica para dar as ordes. Posiblemente no-la deixe utilizar aos reis e raiñas da colmea de cada día, pero temos que portarnos super xenial, coma sempre ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario