Mostrando entradas con la etiqueta HORTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HORTO. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de noviembre de 2017

SOMOS A ECOPATRULLA!!!

Gústanos coidar a nosa contorna, reciclar, darlle segundas oportunidades aos materiais e por todo iso... compostamos, reciclamos, e limpamos:



De paso que saímos ao patio... aproveitamos a darlle unha voltiña á limpeza do mesmo, e a levar os restos orgánicos da nosa merenda para o horto.


jueves, 15 de junio de 2017

A SEMANA DA FROITA

A froita é boa para calquera estación do ano ou momento do día, mais por algunha razón, a moitos dos peques nos custa tomala. Bueno, en realidade non se trata diso senón de que non queremos probala, montamos unha boa rabieta...e as veces conseguimos sairnos coa nosa e nos dan outra cousa que si nos gusta. Pero... estes días estamos demostrando que o problema é tan só ser valiente para probar, porque logo, seguramente nos demos conta de que é algo moi rico e que sí nos gusta. E vaia o que nos estabamos perdendo por non querer probalo, non sí?


E despois da merenda...


E xa de paso que entramos no horto...



jueves, 6 de abril de 2017

IMOS AO HORTO!!!

Que mellor cousa que plantar no noso horto para ter os nosos propios produtos e así SABER O QUE COMEMOS, e de onde veñen os alimentos.
Fixemos unha primeira plantación de calabacíns, amorodos e leitugas, e como a terra estaba removidade hai dúas semanas vimos algunha plantación anterior, xa que apareceron porros e cenorias tamén.
E logo de plantar... tocou a quenda de regar, hoxe haberá que revisar como está a terra, o mesmo que a das macetiñas da nosa clase. E pensar un truquiño para o rego destes próximos días que veñen de vacacións.


Ummmm... e xa estamos pensando nas riquísimas receitas que faremos cando recollamos a nosa colleita. Pero... haberá que ter paciencia, aínda teñen que coller moita forza as plantiñas para medrar.