jueves, 6 de abril de 2017

IMOS AO HORTO!!!

Que mellor cousa que plantar no noso horto para ter os nosos propios produtos e así SABER O QUE COMEMOS, e de onde veñen os alimentos.
Fixemos unha primeira plantación de calabacíns, amorodos e leitugas, e como a terra estaba removidade hai dúas semanas vimos algunha plantación anterior, xa que apareceron porros e cenorias tamén.
E logo de plantar... tocou a quenda de regar, hoxe haberá que revisar como está a terra, o mesmo que a das macetiñas da nosa clase. E pensar un truquiño para o rego destes próximos días que veñen de vacacións.


Ummmm... e xa estamos pensando nas riquísimas receitas que faremos cando recollamos a nosa colleita. Pero... haberá que ter paciencia, aínda teñen que coller moita forza as plantiñas para medrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario