Mostrando entradas con la etiqueta NOME PROPIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOME PROPIO. Mostrar todas las entradas
sábado, 7 de octubre de 2017
jueves, 23 de marzo de 2017
COMO SABER A PRIMEIRA HORA QUEN É O REI OU RAÍÑA DA COLMEA?
Se entrades na nosa aula a primeira hora e tedes curiosidade por saber quen é o rei ou raíña ese día agora poñévolo moi sinxelo, pois terán variña e antenas.
Hoxe foi a quenda de Roque, que o fixo xenial!
E iso que aumentamos un pouquiño as súas tarefas, xa que nunha caixiña apareceron os nosos nomes impresos en folios de cores segundo os equipos de cores da clase.
Así, o rei tiña que sacar da caixiña os nomes dunha cor e chamar a levantarse aos seus membros. Por exemplo: equipo amarelo arriba.
Vendo nas tarxetas e os nenos e nenas dos que poderían ser (están de pe) irá repartíndolles a cada un a súa tarxeta para que a peguen no seu lugar correspondente da foto de grupo xigante.
Deste xeito, iremos familiarizándonos con tódalas letras e con todos os nomes dos compañeiros e compañeiras. Temos que estar sempre atent@s para facelo superben o día que nos toque ser reis da colmea.

jueves, 16 de marzo de 2017
QUEREDES UNHA PULSEIRA CO VOSO NOME?
Esa foi unha das propostas de hoxe nos recunchos. Aínda que só pasaron uns pouquiños nen@s por el, case todos os que o fixeron conseguiron superar a proba e levarse a súa pulseiriña personalizada.
Os que non o fixeron ou conseguiron hoxe, xa o irán facendo no tempo de actividade nos recunchos /ambientes da aula.
Motricidade fina, letras e xogo son os compoñentes esencias desta actividade.
Os que non o fixeron ou conseguiron hoxe, xa o irán facendo no tempo de actividade nos recunchos /ambientes da aula.
Motricidade fina, letras e xogo son os compoñentes esencias desta actividade.
miércoles, 8 de marzo de 2017
COÑECESME NAS FOTOS? SABES CAL É O MEU NOME?
Hoxe estivemos poñendo a proba que nomes coñecemos dos compañeiros e compañeiras da nosa clase.
Nunha ficha cos nomes de tódolos ne@s da clase das abelliñas, e fotos de cada un de nós colocadas en pratiños... o que facíamos era mirar a ver se recoñecíamos algún, buscar a foto e pegarlla ao lado; ou senón coller unha foto e con algunha pista (empeza coa mesma letra que..., ten só 3 letras...) buscar o seu nome.
Por suposto o primeiro que atopábamos era o noso!!!
Algúns fixemos pouquiños, outros moitas... cada un ao seu ritmo, pero pouco a pouco incorporando novos coñecementos do mundo das letras.

jueves, 23 de febrero de 2017
GÚSTANOS APRENDER, E GÚSTANOS XOGAR
Neste caso volvimos a utilizar o xogo das fotos e as tarxetas con nomes, que xa vos ensináramos, pero cambiamos un pouquiño a súa colocación.
Neste caso, estaban previamente colocadas as fotos, e de dous en dous ou de tres en tres, tiñan que atopar a tarxeta co seu nome e colocala debaixo da súa foto, así ata completar a rosca.
Como hai algún peque que aínda "se lía" para identificar o seu nome propio, este é un xeito de reforzar.
Xa víchedes o sinxelo que é, agora... podedes poñelo en práctica se vos apetece na casa.
lunes, 20 de febrero de 2017
XOGAMOS COS NOSOS NOMES
Un xogo en gran grupo que logo transformamos a pequeno grupo e individual, foi o xogo de emparellar as fotos dos peques da aula cos seus nomes.
Tamén buscamos a nosa propia foto e o nome.
Pouco a pouco iremos avanzando e recoñeceremos tódolos nomes nun plis plas, de momento só nos soan algúns, pero cada vez o facemos máis rápido.
Mirade que ben o pasamos!
Así de sinxelo poderedes facer vós tamén o xogo na casa, con só utilizar unhas fotos e os nomes dos familiares. Seguro que lles encantará xogar con vós!
Máis adiante poderíase facer con todo tipo de temáticas: animais, cores... o que se vos ocorra.
Se decidides facelo... contádenos que tal resultou, vale?
miércoles, 15 de febrero de 2017
ESPAZOS E NOMES PROPIOS
Paréceme fundamental para sentirse cómodo nun sitio no que hai que compartir o espazo con outras 23 persoiñas, que cada un teña alomenos un espazo propio.
Dende principio de curso xa tiveron algúns: os percheiros onde colgan a súa roupa; as gavetas onde gardan os seus traballiños e tamén un lugar determinado para sentarse nas mesas.
Ademais, creamos outro lugar propio, que estará dentro do "ambiente de letras" e que é unha caixiña organizadora na que cada un ten "O SEU PROPIO TATU". Con estes tatus poderán asinar traballos, utilizalos como base se precisan copiar o nome, xogar a tatuar os nomes dos compañeiros e compañeiras... e así pouco a pouco avanzar no que a lectoescritura se refire.
Os percheiros e as gavetas mantémolas como lugar propio, pero o das mesas cambiámolo.
Agora na aula hai 4 equipos:
- AMARELO
- VERDE
- ROSA
- AZUL
Estes equipos correspondense co reparto inicial de gavetas que fixen en setembro, e de acordo as cores que tiñan as caixiñas onde gardan os traballos, así quedaron os grupos.
Non quere dicir isto que vaian a estar sempre xuntos neses equipos, nin que se teñan que sentar cos do seu equipo... Non!!!! Todo o contrario, deben cambiar de sitio, falar con tódolos compañeiros, compartir xogos cuns nen@s, merendas con outr@s... e así interrelacionarse entre eles pero sen facer "piña" só con un ou dous nen@s. Somos un equipo " o das abelliñas", e os equipos de cores nos serven para sentir "pertenza" a outro sub-grupo, para aprender a colaborar cando haxa unha actividade por equipos; pero sobre todo para a hora de ordear materiais, e de vestirnos para sair, coller mochilas... así que poderíase dicir que ten un papel organizativo.
Cada nen@ ten unha pulseira propia, co seu nome e a cor do seu equipo, que o identificará dentro da aula. A rutina de coller cada un a súa pulseira fará que pouco a pouco vaian recoñecendo e lendo os nomes de tódolos compañeir@s. Así mesmo, hai que gardalas cada día nun lugar determinado... polo que é outra rutina básica de orde dentro da aula.
Ademais, creamos outro lugar propio, que estará dentro do "ambiente de letras" e que é unha caixiña organizadora na que cada un ten "O SEU PROPIO TATU". Con estes tatus poderán asinar traballos, utilizalos como base se precisan copiar o nome, xogar a tatuar os nomes dos compañeiros e compañeiras... e así pouco a pouco avanzar no que a lectoescritura se refire.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)