lunes, 20 de febrero de 2017

XOGAMOS COS NOSOS NOMES

Un xogo en gran grupo que logo transformamos a pequeno grupo e individual, foi o xogo de emparellar as fotos dos peques da aula cos seus nomes.
Tamén buscamos a nosa propia foto e o nome.
Pouco a pouco iremos avanzando e recoñeceremos tódolos nomes nun plis plas, de momento só nos soan algúns, pero cada vez o facemos máis rápido.
Mirade que ben o pasamos!


Así de sinxelo poderedes facer vós tamén o xogo na casa, con só utilizar unhas fotos e os nomes dos familiares. Seguro que lles encantará xogar con vós!

Máis adiante poderíase facer con todo tipo de temáticas: animais, cores... o que se vos ocorra.

Se decidides facelo... contádenos que tal resultou, vale?

No hay comentarios:

Publicar un comentario