Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de marzo de 2017

OBSERVADOR@S

Dímonos conta dun pequeniño cambio que xurdíu nos nosos floreiros de caraveis.
Mirade:


Notades algo raro?
Onte eran complemente brancos! Como estarán mañá?

CHISPAS PÍDENOS FACER UN EXPERIMENTO FLORAL

Hoxe non foi por carta, senón por wasap (outra vez) como se comunicou coa profe o noso amigo científico.
Pediunos que xa que estabamos nunha floristería aproveitásemos para mercar uns caraveis brancos, e que unha vez na clase xa nos iría dando pistas do que tiñamos que facer.
E así foi... ao chegar á clase despois do patio, e de ir a psicomotricidade co profe Pedro, fixemos un experimento con caraveis.
Seguimos as ordes de Chispas, e agora tocaranos esperar a ver se lle acontece algo aos nosos caraveis. Para iso, temos que estar moi atent@s e ser observador@s.
E si hai algún cambio teremos que facerllo saber a Chispas a través dunha carta.



Que pasará?

FOMOS DE EXCURSIÓN

Pero non en autobús, como moitos de nós pensabamos, senón camiñando.


Collímonos da "corda Marisol" e alá fomos ata a Floristería Ledicia, onde nos atenderon estupendamente, explicáronnos cousiñas (vimos as partes das flores nun tulipán, observamos de preto as raíces dunha orquídea, estivemos ben atent@s para aprender a facer un ramiño coa técnica en espiral, "mercamos" uns caraveis...) e vimos cargadiñ@s de cousas.

Tamén vimos para que serven os espantallos


E, como non, aproveitamos para facer unha fotiño con el.


Á profe ocorreuselle levar unha cestiña por si acaso comezábamos a deixar cousas desperdigadas por ahí... e menos mal! porque non deixamos nada, pero trouxémola cheíña de chuches e duns preciosos paxariños nos seus niños.
Dende aquí, por si nos len, queremos darlle unha vez máis as gracias ás floristas, que o fixeron xenial!
A saída, como vos comentaramos xurdiu onte nunha conversa e fomos nós mesmos os que dimos a idea de visitar unha floristería, e de onte para hoxe, o desexo cumpriuse :) grazas á amabilidade das chicas da floristería que aceptaron a nosa proposta de visita.
Despois, de escoitar cousiñas sobre as flores... fomos merendar uns pauciños de pan ao parque da Magdalena.
Que ben nos sentaron!

martes, 28 de marzo de 2017

E VELAQUÍ ESTÁ "O NOSO NOVO NEGOCIO"




Pois sí! Que mellor xeito de dar a benvida á primavera que enchendo a nosa clase de flores de cores?
Con este novo espazo xogaremos simbolicamente, e farémolo sempre en pequenos grupos pois só poderá haber 4 carnés para a zona de floristería, supermercado e picnic.
Nel temos que facer aínda algunha obriña e abastecernos de materiais (os cales iremos creando pouquiño a pouco), pero xa temos o noso catálogo de produtos florais listo.
Agora xa podemos mercar e vender flores, ramos, plantas aromáticas...  e como non, traballaremos con moedas para iso, así que... aquí veñen escondidas unhas cantas matemáticas.


Hoxe a asemblea inicial foi moi productiva a partires de ver o novo espazo e da formulación de sinxelas preguntas tales como :
Que é? Como se chaman os que traballan ahí? Que son as flores? De que cores poden ser? Poden comer moscas as flores?... xurdiu unha conversa moi interesante na que se viron as nosas ideas previas sobre o tema.
E así, falando e falando, chegamos á pregunta do millón. E si hai moitas cousas que non sabemos... que podemos facer? Onde podemos buscar información sobre as flores e as plantas? E mentres a profe contaba ter a resposta de: buscar nos libros, buscar en internet, preguntar a papá e mamá... atopouse con que dixemos "pues vamos a una floristería". E así, a bote pronto, e sen pensalo! nos pareceu a todos unha idea xenial. Pois... non sabemos como se chaman os que traballan nas floristerías, só coñecemos 2 nomes de flores (margarita e rosa) e temos super claro clarísimo que "ningunha planta pode comer moscas, pois comen area". Será todo isto certo? 
Iremos a unha floristería e seguro que viremos con resposta a todo isto.

Teremos que poñernos a investigar e a converternos en EXPERTOS NA MATERIA (das flores e plantas).
Por iso, agora temos un grande traballo por diante no que teremos que contar coa axuda das nosas FAMILIAS. Temos que convertirnos en expertos nalgunha cousiña relacionada coa materia (xa sexa buscando a información na rede, en libros, ou falando sobre as plantas ou o horto da casa dos avós, por exemplo) e traer a información recollida nunha cartolina (imaxes, textos, sementes... o que queirades) e que nós llo podamos explicar aos nosos compañeir@s, aportando así novos contidos de coñecemento ao grupo, e tendo como guía ese pequeniño traballo de investigación. Non hai datas, cada un vai traendo segundo poda. É algo voluntario, pero a tod@s nós nos encantaría ser OS EXPERT@S DO DÍA. Por iso, aínda que vos pareza pouquiña cousa, todo será importante para o noso proxecto. 
Á vez, todos podemos colaborar aportando á aula algún material relacionado co tema (sempre todo marcado co noso nome), ferramentas que nos permitan traballar coas plantas, libros de xardineiría, sementes...  esperamos a vosa axuda. Moitísimas gracias de antemán!!!!!