martes, 28 de marzo de 2017

E VELAQUÍ ESTÁ "O NOSO NOVO NEGOCIO"




Pois sí! Que mellor xeito de dar a benvida á primavera que enchendo a nosa clase de flores de cores?
Con este novo espazo xogaremos simbolicamente, e farémolo sempre en pequenos grupos pois só poderá haber 4 carnés para a zona de floristería, supermercado e picnic.
Nel temos que facer aínda algunha obriña e abastecernos de materiais (os cales iremos creando pouquiño a pouco), pero xa temos o noso catálogo de produtos florais listo.
Agora xa podemos mercar e vender flores, ramos, plantas aromáticas...  e como non, traballaremos con moedas para iso, así que... aquí veñen escondidas unhas cantas matemáticas.


Hoxe a asemblea inicial foi moi productiva a partires de ver o novo espazo e da formulación de sinxelas preguntas tales como :
Que é? Como se chaman os que traballan ahí? Que son as flores? De que cores poden ser? Poden comer moscas as flores?... xurdiu unha conversa moi interesante na que se viron as nosas ideas previas sobre o tema.
E así, falando e falando, chegamos á pregunta do millón. E si hai moitas cousas que non sabemos... que podemos facer? Onde podemos buscar información sobre as flores e as plantas? E mentres a profe contaba ter a resposta de: buscar nos libros, buscar en internet, preguntar a papá e mamá... atopouse con que dixemos "pues vamos a una floristería". E así, a bote pronto, e sen pensalo! nos pareceu a todos unha idea xenial. Pois... non sabemos como se chaman os que traballan nas floristerías, só coñecemos 2 nomes de flores (margarita e rosa) e temos super claro clarísimo que "ningunha planta pode comer moscas, pois comen area". Será todo isto certo? 
Iremos a unha floristería e seguro que viremos con resposta a todo isto.

Teremos que poñernos a investigar e a converternos en EXPERTOS NA MATERIA (das flores e plantas).
Por iso, agora temos un grande traballo por diante no que teremos que contar coa axuda das nosas FAMILIAS. Temos que convertirnos en expertos nalgunha cousiña relacionada coa materia (xa sexa buscando a información na rede, en libros, ou falando sobre as plantas ou o horto da casa dos avós, por exemplo) e traer a información recollida nunha cartolina (imaxes, textos, sementes... o que queirades) e que nós llo podamos explicar aos nosos compañeir@s, aportando así novos contidos de coñecemento ao grupo, e tendo como guía ese pequeniño traballo de investigación. Non hai datas, cada un vai traendo segundo poda. É algo voluntario, pero a tod@s nós nos encantaría ser OS EXPERT@S DO DÍA. Por iso, aínda que vos pareza pouquiña cousa, todo será importante para o noso proxecto. 
Á vez, todos podemos colaborar aportando á aula algún material relacionado co tema (sempre todo marcado co noso nome), ferramentas que nos permitan traballar coas plantas, libros de xardineiría, sementes...  esperamos a vosa axuda. Moitísimas gracias de antemán!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario