Mostrando entradas con la etiqueta GALERÍA DE ARTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALERÍA DE ARTE. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de mayo de 2017

E TOCOU CAMBIO DE EXPOSICIÓN

As nosas exposicións temporais, duran o que nós tardamos en facer novos traballiños no atelier, a partires de agora seguro que menos tempo porque ampliamos o espazo e poderemos estar no atelier 6 peques á vez.
Neste curso seguiremos coa técnica das provocacións de aprendizaxe, coa preparación previa de materiais para invitar a utilizalos e cun modelo "ao que imitar, pero sempre dando o toque persoal de cada quen". O modelo é só unha guís dos pasos a seguir.
Neste caso, traballamos sobre unha flor con poderes máxicos, de relaxación: o dente de león!!!!

Mirade que chulada!!! Así de preciosas quedaron as nosas obras:


E aquí podedes ver como o fixemos:


Se vos fixades, para pintar as "sementiñas" non utilizamos nin pinceis, nin os dedos, senón uns limpapipas que enrolamos por un lado en forma circular.

Que vos parecen?

martes, 14 de marzo de 2017

A FIGURA HUMANA. TRABALLO EN EQUIPO


Hoxe no atelier quixemos facer unhas obriñas en grupo, así que... xuntamos unhas cartolinas e... a traballar libremente. Logo pegamos as fotos da nosa cara e a traballar a figura humana. E así de ben nos quedaron:



martes, 21 de febrero de 2017

OS NOSOS MURAIS COLECTIVOS VÁNSE TRANSFORMANDO

Ao que parecía un traballo rematado, démoslle outra voltiña con pinturas, pinceis, tesoiras... e ademais de darlle renda solta á nosa imaxinación, aproveitamos a traballar en equipo e a ir mellorando en destrezas do mundo artístico.


  Que vos van parecendo?


jueves, 16 de febrero de 2017

A NOSA GALERÍA DE ARTE

Como lle imos dar gran importancia á expresión artística, non podíamos deixar de ter o noso propio espacio. Con el poderemos deleitarnos observando a beleza das distintas obras que se irán creando na aula. Iránse cambiando as obras a miúdo dando lugar  a distintas exposicións temporais ao longo do curso.
O primeiro exemplo está coa exposición que inauguramos hoxe coas nosas primeiras obras.