Mostrando entradas con la etiqueta LECTOESCRITURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LECTOESCRITURA. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de noviembre de 2017

PUXEMOS A PROBA O NOSO RECOÑECEMENTO DAS LETRAS

A palabra exame ás nosas idades aínda resulta motivadora (veramos a ver máis adiante), por iso a profe aproveitou a facernos un pequeno exame colectivo de letras con unhas tarxetiñas duns curmán da porquiña Peppa. Isto sí que é 100 por 100 motivador :- )






viernes, 3 de noviembre de 2017

XOGAMOS AO BINGO!!!!




Coidado con nós que xa sabemos xogar ao bingo :)!!!!!
Esta vez a profe creou un bingo caseiro reciclando unha garrafa de auga (vós podedes facer o mesmo e así xogamos na casa).
Dentro, para comezar coas normas deste xogo, metimos letras de madeira, e o noso material eran unhas tarxetiñas con letras e un rotulador (sinxelo, verdade?)
Pois a profe ía sacando letras, e nós íamos buscando na nosa tarxeta se a tiñamos ou non. Así fomos marcando con X as que tiñamos. Cantamos liñas... e finalmente BINGO!!!!
Esta idea serve para xogar con calquera tipo de material dentro (neste caso estreámolo con letras, pero xogaremos tamén con números, animais, e mesmo con árbores para traballar co vocabulario da nosa actividade de EXPERTOS EN BOSQUES.
Xa veredes!!!!
Gustouvos a idea?

OS NOSOS BUZÓNS PARA MENSAXES




Queremos meternos de cheo no mundo da lectoescrita, e para iso, que mellor que facelo a través dunha actividade tan motivadora como mandar cartiñas aos amig@s! Non credes?
Pois iso, levamos uns días que temos xa o noso propio sistema de correo postal (sen precisar selo, nin sobre, e tampouco sair da nosa clase). Nunha das portas da entrada puxemos un organizador de calzado con 24 ocos. (22 para nós, os peques, un para a profe, e outro queda libre).
Eses ocos son os nosos buzóns, cada un de nós fixemos un debuxo personalizando así o noso espazo e puxémoslle o nome, pero ademais ten o noso número de lista (ese que neste curso ten tanta importancia na aula, para que coñezamos alomenos todos os números ata o 22 dun xeito moi doado).
Así, cada un, xa sea no recanto de letras, ou nun momento dado na mesa, ou donde nos apeteza, podemos escribirlle unha carta a un amig@ e botala no seu buzón. Podemos facer un debuxo, escribir algunha palabra... pero sempre, sempre, sempre temos que poñer o remite e a quen vai dirixida. Así aprenderemos pouco a pouco a escribir o nome dos nosos compañeiros.
Xa os identificamos moi ben, e cando nos toca ser do equipo de repartir a auga nas merendas, temos que ler os seus nomes nos vasos para poder darlle a cadaquén o seu.
Así, pasiño a pasiño, chegaremos a escribir e ler dun xeito moi significativo, e non nos daremos nin conta do xeito en que estamos a aprender. Non se baseará na repetición, senón en ir interiorizando conceptos, letras, números... a medida que os imos precisando na nosa vida cotiá.

jueves, 16 de marzo de 2017

QUEREDES UNHA PULSEIRA CO VOSO NOME?

Esa foi unha das propostas de hoxe nos recunchos. Aínda que só pasaron uns pouquiños nen@s por el, case todos os que o fixeron conseguiron superar a proba e levarse a súa pulseiriña personalizada.
Os que non o fixeron ou conseguiron hoxe, xa o irán facendo no tempo de actividade nos recunchos /ambientes da aula.


Motricidade fina, letras e xogo son os compoñentes esencias desta actividade.

miércoles, 8 de marzo de 2017

QUE PODEMOS FACER CUNHA CAIXA DE MADEIRA?

Entre miles de usos, atopamos o que hoxe vos imos ensinar. Facer unhas pizarriñas, onde podemos escribir e debuxar con tizas e ao tempo son os propios contenedores de almacenaxe de tizas, borradores, trapiños para borrar... Múltiples funcións, todo en 1!


martes, 7 de marzo de 2017

XOGANDO A ESCRIBIR CON TATUS DE LETRAS

Si escribir o nome é algo que lles soe encantar a tódolos peques, máis  aínda facelo a modo de xogo con tatus de letras. Atopar a primeira, ver outra e relacionala co nome dun compañeir@... e así pouquiño a pouco aprendendo cada vez máis letras ao tempo que xogan, e que lles servirán como traballo previo á lectoescrita.


viernes, 3 de marzo de 2017

QUE SE PODE FACER CON TAPÓNS?

Hai multitude de ideas de xogos para facer con eles.
Nós hoxe só vos imos ensinar dúas, e se vos apetece, xa sabedes! podedes facelo na casa!
O primeiro que vos ensinamos é un xogo matemático coa que se pode traballar a numeración, a correspondencia grafía-cantidade,  a ordenación (ascendente ou descendente)... e o único que precisades son uns tapóns e un rotulador indeleble.
Mirade que sinxelo:


Por outra banda vos ensinamos un xogo con letras móbiles feitas a partires do mesmo material. Moitos tapóns, e en cada un unha letra (fixemos varios abecedarios completos e repetimos moitas vogais para que dese xogo a compoñer nomes ou palabras por varios peques ao mesmo tempo).


Xa sexa libremente (para facer o nome propio, por exemplo), ou con apoio de tarxetas... agora só queda buscar as letras precisas para a composición das palabras que queiramos facer.
É un xogo moi sinxelo, e entretido, que aconsellamos ter como "fondo de armario".
Animádesvos?

miércoles, 22 de febrero de 2017

PARA QUE NOS SERVEN TAMÉN AS PULSEIRAS?

Ademais de servirnos para mellorar no recoñecemento do nome propio e dos compañeir@s, de facernos sentir parte dun grupo co cal nos identificamos... tamén nos serve "de chuleta" para cando temos que asinar os nosos traballiños. Se temos algunha dúbida, aquí están as pulseiras chivatas ensinándonos que letras son as do noso nome.

martes, 21 de febrero de 2017

O NOME...

Algo tan persoal e con tanta significativade para os peques é, sen dúbida, o mellor contido para comezar a traballar a lectoescrita.
Neste caso, nós fixémolo: xogando a compoñer o nome con tatus de letras, e buscando cada sobre papel as letras do seu nome.