Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS PLÁSTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TÉCNICAS PLÁSTICAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de junio de 2017

ESTAMPAMOS CON CORTIZAS DE BOTELLAS

Estes días, nos que as nosas actividades xiran arredor das galiñas e os pitos... aproveitamos para pintar uns pitiños e logo decoralos estampando. Quedaron super coloridos!!!


jueves, 1 de junio de 2017

sábado, 6 de mayo de 2017

E TOCOU CAMBIO DE EXPOSICIÓN

As nosas exposicións temporais, duran o que nós tardamos en facer novos traballiños no atelier, a partires de agora seguro que menos tempo porque ampliamos o espazo e poderemos estar no atelier 6 peques á vez.
Neste curso seguiremos coa técnica das provocacións de aprendizaxe, coa preparación previa de materiais para invitar a utilizalos e cun modelo "ao que imitar, pero sempre dando o toque persoal de cada quen". O modelo é só unha guís dos pasos a seguir.
Neste caso, traballamos sobre unha flor con poderes máxicos, de relaxación: o dente de león!!!!

Mirade que chulada!!! Así de preciosas quedaron as nosas obras:


E aquí podedes ver como o fixemos:


Se vos fixades, para pintar as "sementiñas" non utilizamos nin pinceis, nin os dedos, senón uns limpapipas que enrolamos por un lado en forma circular.

Que vos parecen?

martes, 28 de marzo de 2017

PEDRAS PINTADAS





Outra provocación que apareceu hoxe no atelier foi unha cestiña chea de pedras e unha imaxe onde se ve pintar unha pedra coa técnica do puntillismo.
E que sucedeu? Que rapidamente nos animamos a practicar esa técnica tamén nós. Aínda que non con pincel, coma na imaxe, senón con bastonciños. Noutras sesións, ao mellor lle damos unha senda volta con outro material máis fino (paliños) para resaltar cores e puntos. Quen sabe!

CAMBIAMOS A NOSA EXPOSICIÓN TEMPORAL

E pasamos das cestas de mimosas a unhas coloridas e ornamentadísimas bolboretas.


Por suposto cada un/ha lle deu o seu toque persoal, e agora temos unha zona super colorida e animada na clase.

jueves, 23 de marzo de 2017

HOXE CAMBIAMOS O MANDILÓN POLA CAMISETA

E iso que o día estaba de bufanda, gorro e luvas!!!!
Pero... que ben non vestimos nós soíñ@s e os que non sabíamos como poñer a camiseta pedimos axuda e rapidamente nos uniformamos tamén.
E nada, que despois de facer os nosos experimentos... continuamos comodamente cos nosos atuendos.

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.


miércoles, 22 de marzo de 2017

PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE


Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E...  que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto:


jueves, 16 de marzo de 2017

PINTANDO CON PLÁSTICO DE BURBULLAS...

E de paso, estoupando algunhas :)

Hoxe fixémoslle masaxiños a un papel branco sobre unha mantiña de burbullas con pintura, e o resultado nos deixaba coa boca aberta, ao ver que nuns segundos o noso papel se enchía de colorido e de múltiples círculos de cores, segundo o colocásemos nun ou noutro lugar.


Víchedes que sinxelo? Xa sabedes, non se tira nada! primeiro hai que ver se pode servir para algo.
E hoxe que descubrimos esta posibilidade, de seguro que a uitlizaremos nas nosas obras libres.

lunes, 13 de marzo de 2017

AS NOSAS EXPOSICIÓNS

Hoxe pola tarde as obras de arte que fomos facendo nestes días colocáronse na aula, a modo de exposicións.
Somos tan artistas que, o certo é que a nosa clase logo parece un museo.
Mirade senón:

O mesmo facemos obras, como xa vos contamos, tentando reproducir a realidade;

Que nos poñemos a imitar a artistas de renome con técnicas tan raras como pintar cunhas bólas de madeira:


Que será o próximo?

jueves, 9 de marzo de 2017

TEMPO DE MIMOSAS... IMOS APROVEITALO

Se algo teñen de característico as mimosas é o seu olor e a súa cor amarela intensa, pero tamén a suavidade das súas flores en forma de pequenas boliñas.


Hoxe a profe trouxo unha cestiña chea de mimosas, e nós tiñamos que exploralas (ulilas, tocalas, ver como eran as súas follas e as súas flores, as cores...) e despois, ademais de deixalas alí decorando o noso atelier... Por que non debuxalas? Claro que somos capaces de recrear realidades, claro que somos quen de representar a realidade ao noso xeito, por iso, aquí vos ensinamos algúns dos nosos traballiños. Mañá de seguro que haberá máis, e xa vos ensinaremos a exposición completa.



martes, 7 de marzo de 2017

FOMENTANDO A CREATIVIDADE

O feito de ter os materias non sempre chega para que os nen@s vexan as súas posibilidades e se atrevan a experimentar. Por iso, darlles un pequeniño empuxón inicial con ideas para que sexan el@s quen de decidir se queren facer unha obra artística con esa técnica, ou combinando varias é fundamental.
O noso atelier vai collendo forma pouquiuño a pouco, van chegando materiais de refugallo cada día, puxemos unha mesa específica para a creación de obras pictóricas, mañá aparecerá outro elemento (sorpresa!!!)... e temos disposto o material en dous mobles, á altura dos peques para que podan coller libremente os útiles que precisen.

Nestas semaniñas iniciais familiarizámonos cos materiais e as súas posibilidades, e facemos xa obras cada vez máis elaboradas, e por suposto, 100% persoais e creativas.


Nalgún momento do día me preguntou un nen@ que estaba falando con outra nena: " profe ¿verdad que no te gusta el color negro?" E a resposta foi claramente, sí, claro que me gusta!
Non podemos limitar cores, teñen que experimentar con todos eles, ver as súas mesturas, darse conta de que o branco sobre papel branco case non se aprecia, pero sobre o negro destaca;  que se mesturan o azul e o amarelo obteñen o verde; e que se sobre unha base de cores pintan con negro taparán todo o de abaixo... pero froito da experimentación decantaránse por uns ou outros coas súas preferencias propias e non impostas.
Víchedes que chulada? pois mirade como imitamos as obras de Jackson Pollock, pintando con bólas de madeira para imitar a súa técnica do chorreo.


Se o queredes facer na vosa casa ou cole, só precisades unha bandexa ou caixa, pinturas de cores, unha cartolina e unhas bólas (teñen que pesar, pero poden ser canicas, bolas de madeira, pelotas saltarinas...). E logo só queda comezar a mover a bandexa para que o movemento das bólas faga o resto, un cadro ben colorido.



miércoles, 22 de febrero de 2017

APRENDENDO NOVAS TÉCNICAS PLÁSTICAS

Para poder dar renda solta á nosa imaxinación no atelier, debemos coñecer algunhas técnicas plásticas previamente, e logo xa iremos nós facendo as que máis nos apetezan.
Hoxe pasámolo xenial experimentando en facer debuxos con ceras e "pasteis" e por riba pintar con acuarela. Fan debuxos máxicos.
Probáchedes algunha vez?