O noso atelier vai collendo forma pouquiuño a pouco, van chegando materiais de refugallo cada día, puxemos unha mesa específica para a creación de obras pictóricas, mañá aparecerá outro elemento (sorpresa!!!)... e temos disposto o material en dous mobles, á altura dos peques para que podan coller libremente os útiles que precisen.
Nestas semaniñas iniciais familiarizámonos cos materiais e as súas posibilidades, e facemos xa obras cada vez máis elaboradas, e por suposto, 100% persoais e creativas.
Nalgún momento do día me preguntou un nen@ que estaba falando con outra nena: " profe ¿verdad que no te gusta el color negro?" E a resposta foi claramente, sí, claro que me gusta!
Non podemos limitar cores, teñen que experimentar con todos eles, ver as súas mesturas, darse conta de que o branco sobre papel branco case non se aprecia, pero sobre o negro destaca; que se mesturan o azul e o amarelo obteñen o verde; e que se sobre unha base de cores pintan con negro taparán todo o de abaixo... pero froito da experimentación decantaránse por uns ou outros coas súas preferencias propias e non impostas.
Víchedes que chulada? pois mirade como imitamos as obras de Jackson Pollock, pintando con bólas de madeira para imitar a súa técnica do chorreo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario