Hai multitude de ideas de xogos para facer con eles.
Nós hoxe só vos imos ensinar dúas, e se vos apetece, xa sabedes! podedes facelo na casa!
O primeiro que vos ensinamos é un xogo matemático coa que se pode traballar a numeración, a correspondencia grafía-cantidade, a ordenación (ascendente ou descendente)... e o único que precisades son uns tapóns e un rotulador indeleble.
Mirade que sinxelo:
Por outra banda vos ensinamos un xogo con letras móbiles feitas a partires do mesmo material. Moitos tapóns, e en cada un unha letra (fixemos varios abecedarios completos e repetimos moitas vogais para que dese xogo a compoñer nomes ou palabras por varios peques ao mesmo tempo).
Xa sexa libremente (para facer o nome propio, por exemplo), ou con apoio de tarxetas... agora só queda buscar as letras precisas para a composición das palabras que queiramos facer.
É un xogo moi sinxelo, e entretido, que aconsellamos ter como "fondo de armario".
Animádesvos?
Mostrando entradas con la etiqueta DIY NA CASA.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIY NA CASA.. Mostrar todas las entradas
viernes, 3 de marzo de 2017
martes, 28 de febrero de 2017
DÍAS DE CHUVIA...
Que xeito de descargar auga e vento!!!!
Espero que o mal tempo non nos faga quedar hoxe na casa sen poder sair cos nosos atuendos festivos.
Pero... por se é o caso... ou por si mañá ou outro día vos apetece facer algunha actividade de Entroido na casa:
* Por que non facer unha careta ou un antifaz? Pintar, decorar... sempre con moita liberdade e imaxinación para que a creatividade teña o nivel de 100%.
Aquí vos deixo algúns enlaces... premede nas maiúsculas e escollede a que máis vos guste.
CAROUTAS DE ANIMAIS
ANTIFACES

lunes, 20 de febrero de 2017
XOGAMOS COS NOSOS NOMES
Un xogo en gran grupo que logo transformamos a pequeno grupo e individual, foi o xogo de emparellar as fotos dos peques da aula cos seus nomes.
Tamén buscamos a nosa propia foto e o nome.
Pouco a pouco iremos avanzando e recoñeceremos tódolos nomes nun plis plas, de momento só nos soan algúns, pero cada vez o facemos máis rápido.
Mirade que ben o pasamos!
Así de sinxelo poderedes facer vós tamén o xogo na casa, con só utilizar unhas fotos e os nomes dos familiares. Seguro que lles encantará xogar con vós!
Máis adiante poderíase facer con todo tipo de temáticas: animais, cores... o que se vos ocorra.
Se decidides facelo... contádenos que tal resultou, vale?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)