Algo tan persoal e con tanta significativade para os peques é, sen dúbida, o mellor contido para comezar a traballar a lectoescrita.
Neste caso, nós fixémolo: xogando a compoñer o nome con tatus de letras, e buscando cada sobre papel as letras do seu nome.
Mostrando entradas con la etiqueta TATUS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TATUS. Mostrar todas las entradas
martes, 21 de febrero de 2017
miércoles, 15 de febrero de 2017
ESPAZOS E NOMES PROPIOS
Paréceme fundamental para sentirse cómodo nun sitio no que hai que compartir o espazo con outras 23 persoiñas, que cada un teña alomenos un espazo propio.
Dende principio de curso xa tiveron algúns: os percheiros onde colgan a súa roupa; as gavetas onde gardan os seus traballiños e tamén un lugar determinado para sentarse nas mesas.
Ademais, creamos outro lugar propio, que estará dentro do "ambiente de letras" e que é unha caixiña organizadora na que cada un ten "O SEU PROPIO TATU". Con estes tatus poderán asinar traballos, utilizalos como base se precisan copiar o nome, xogar a tatuar os nomes dos compañeiros e compañeiras... e así pouco a pouco avanzar no que a lectoescritura se refire.
Os percheiros e as gavetas mantémolas como lugar propio, pero o das mesas cambiámolo.
Agora na aula hai 4 equipos:
- AMARELO
- VERDE
- ROSA
- AZUL
Estes equipos correspondense co reparto inicial de gavetas que fixen en setembro, e de acordo as cores que tiñan as caixiñas onde gardan os traballos, así quedaron os grupos.
Non quere dicir isto que vaian a estar sempre xuntos neses equipos, nin que se teñan que sentar cos do seu equipo... Non!!!! Todo o contrario, deben cambiar de sitio, falar con tódolos compañeiros, compartir xogos cuns nen@s, merendas con outr@s... e así interrelacionarse entre eles pero sen facer "piña" só con un ou dous nen@s. Somos un equipo " o das abelliñas", e os equipos de cores nos serven para sentir "pertenza" a outro sub-grupo, para aprender a colaborar cando haxa unha actividade por equipos; pero sobre todo para a hora de ordear materiais, e de vestirnos para sair, coller mochilas... así que poderíase dicir que ten un papel organizativo.
Cada nen@ ten unha pulseira propia, co seu nome e a cor do seu equipo, que o identificará dentro da aula. A rutina de coller cada un a súa pulseira fará que pouco a pouco vaian recoñecendo e lendo os nomes de tódolos compañeir@s. Así mesmo, hai que gardalas cada día nun lugar determinado... polo que é outra rutina básica de orde dentro da aula.
Ademais, creamos outro lugar propio, que estará dentro do "ambiente de letras" e que é unha caixiña organizadora na que cada un ten "O SEU PROPIO TATU". Con estes tatus poderán asinar traballos, utilizalos como base se precisan copiar o nome, xogar a tatuar os nomes dos compañeiros e compañeiras... e así pouco a pouco avanzar no que a lectoescritura se refire.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



