Mostrando entradas con la etiqueta CHARLAS DE JUAN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CHARLAS DE JUAN. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de mayo de 2017

AS INTERESANTES CHARLAS DE JUAN


Seguimos tendo, de vez en cando, a visita de Juan, un compañeiro de 6º experto en animais, que nos fala cada día de especies diferentes e sempre nos trae algunha cousiña para que vexamos e toquemos.
Como podedes ver na imaxe, este día troúxonos unha cabeza de caimán!!! Abraiados quedamos cando a vimos!!!!

domingo, 26 de marzo de 2017

DINOSAUROS E OUTROS ANIMAIS

O venres recibimos a visita de Juan, un alumno de 6º ao que lle encanta falar sobre animais. Tanto, que prepara "charlas" para darlle aos máis pequen@s do cole, e ata ten feito a súa propia "GRAN ENCICLOPEDIAS DOS ANIMAIS"  cos seus debuxos e textos.
Era a primeira vez que viña á nosa clase, e quedamos "pasmad@s" escoitándoo e vendo os fósiles que nos trouxo de garras de dinosauros!!!!


Esperamos a súa seguinte visita na que nos irá falando sobre distintos animais.