Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIRO DE CIENCIA E EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIRO DE CIENCIA E EXPERIMENTOS. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de marzo de 2017

OBSERVADOR@S

Dímonos conta dun pequeniño cambio que xurdíu nos nosos floreiros de caraveis.
Mirade:


Notades algo raro?
Onte eran complemente brancos! Como estarán mañá?

martes, 28 de marzo de 2017

jueves, 23 de marzo de 2017

CHISPAS E AS SÚAS IDEAS

Mandounos unha carta. Nela nos falaba dalgúns utensilios que se empregan nos laboratorios. Primeiro nos preguntou se sabíamos para que servían e como se chamaban, e unha vez que falamos sobre o tema e viu que tiñamos unha lixeira idea (balanzas, microscopio...) así como aclararnos outros nomes como MATRAZ, ou PROBETA (que xa tiñamos na clase pero se nos esquecera o nome) nos propuxo atopar uns experimentos que deixara agochados debaixo dunha mesa da clase.
Tod@s nos puxemos mans á obra para atopar os experimentos, e despois de dar moitas e moitas voltas preto deles, ao fin os atopou Carmen.


Despois tocou traballar, sí!!!! pero para iso había que poñer un "uniforme científico" (unhas camisetas brancas).
Logo comezamos a falar da auga, dos seus estados, fixemos un experimento na ventana para vez o ciclo da auga (e que teremos que ir observando día a día, sobre todo, nos días de sol).
E tamén estivemos argallando a pintar auga, sí, sí!!!! Botamos auga, botamos colorante e botamos purpurina (para que quede máis chuli). Pero... e se mesturamos dúas cores, que pasaría? Pois probamos e xa o vimos!!!! Do azul e o vermello xuntos sae o violeta.


Armad@s cada un coa nosa PIPETA trasvasamos auga coloreada a uns moldes para meter no conxelador, pero... ademais de ver o que pasará coa auga mañá, veremos que pasará co resto de cousas que metimos nos moldes (gomas elásticas, boliñas de plastilina, pompóns...)


Que vos parece? Parecemos ou non auténtic@s científic@s?
Pois aínda non rematamos, mañá comprobaremos o que pasou coa auga do conxelador, pero... que saibades que fomos ao laboratorio de Chispas (no pavillón de Secundaria) e estivemos vendo todos os utensilios que alí ten, ata microscopios!!!! quixemos probar un, pero non demos feito, así que para a semana falaremos con unha axudante de Chispas para que nos amose como van esos microscopios.

lunes, 13 de marzo de 2017

CREANDO O NOSO PROPIO LABORATORIO CON CHISPAS


Chispas hoxe mandoulle un whatsapp á profe no que nos daba a noraboa polo ben que fixeramos o noso primeiro experimento. E nos dicía que como superamos a proba, xa merecíamos o noso carné. Pero, para poder crealo, tiñamos que vestirnos co uniforme de laboratorio e facer a nosa foto oficial para o carné.
Despois de posar ante a cámara... tivemos que facer un segundo experimento, no que os materiais eran cueiros e auga. Sabedes que fixemos? Neveeeeeeee!!! Sí, neve!!!!



A súa textura é xenial, seméllase moitísimo á da neve, aínda que cambia a sensación de frío pola de quente.
Se queredes probar na casa só tedes que desfacer uns cueiros e mollar as boliñas, como por arte de maxia se convertirá en algo moi, moi parecido á neve. Xa nos contaredes!