Mostrando entradas con la etiqueta ABN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ABN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de noviembre de 2017

UN NOVO XOGO MATEMÁTICO DE ABN

Co que imos mellorando o noso coñecemento da recta numérica e da táboa do 100.
Con este xogo traballamos os conceptos de ANTERIOR e POSTERIOR.
Como podedes ver é super doado de elaboralo, así que... animádevos a facelo na casa, vale? e logo xa nos contades.


domingo, 26 de noviembre de 2017

1, 2, 3......................................... 123

Agora sí que sí. Despois de facer moitísimas clasificacións de tapóns para conseguir equipos ou pandillas de 10...  ao fin puidemos crear a nosa táboa do 100 en parellas:





Que vos parece? Xenial, verdade? POis xa sabedes nada de tirar nada.

viernes, 17 de noviembre de 2017

34, 89, 65... O MESMO NÓS DA. XA OS SABEMOS REPRESENTANDO TENDO EN CONTA AS DECENAS E AS UNIDADES.




Como podedes ver non se nos resiste ningún, sabemos o truco. miramos se hai un número só (só unidades = paliños soltos), se hai dous números (o primeiro nos indica as decenas - paquetiños de 10 paliños- e o segundo nos indica as unidades).

NON SE TIRA NIN UNHA TAPA NIN UN TAPÓN

Así que... xa sabedes, igual que nós na clase gardamos todas e todos (suavizante, leite, bebibles...) vós podedes facer o mesmo. Se non os ides utilizar... traédeno-los ao cole que lle daremos moi bo uso.
Aquí un pequeniño exemplo dunha actividade matemática feita exclusivamente con tapas e tapóns:


Como podedes observar, ás veces acertamos outras veces erramos, pero rapidamente nos damos conta e autocorreximos o conteo. Se nos sobran... as podemos descontar outra vez á caixiña contando e vemos en cantas nos pasamos (as que quedan na taoa grande) e se nos quedamos curtos será cuestión de voltar a contar e non parar ata chegar ao número que nos pon a tapiña. Se temos problemas, algún comapñeiro ou compañeira nos pode botar unha man.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

DO 1 AO 100 E SEN MEDO NINGÚN A SEGUIR MEDRANDO NUMERICAMENTE

Estes días non vos sorprendades se vos falamos do número 53, do 77 , do 99 ou mesmo do 100.
Se este curso xa comezamos a ampliar o noso mundo numérico coa importancia do referente NÚMERO DE LISTA (nos percheiros, nos paneis de pasar lista...) e xa tiñamos así asegurada unha certa familiaridade cos números do 1 ao 22 alomenos... parecíanos moi pouco quedarnos así, por iso, xa entrou na nosa asamblea un super material ABN que é a TÁBOA DO 100.
Unha táboa con ocos para colocar os 100 números móbiles, darlles a volta, cambialos de lugar... ver as familias dos números... observar as columnas e as filas.

Para estrenar a táboa, e despois de ter colocadas en días anteriores dúas rectas numéricas (tamén do 1 ao 100), unha vertical e outra horizontal (e ir contando oralmente)... a profe creou unha variña dos números. Con ela imos saíndo á táboa e un compañeir@ decide que número quere que busquemos, unha vez localizado lle damos a volta para que ningún outro compañeir@ pida repetir números.
Falando das familias dos números: os vinte, os trinta, os corenta... aprendimos un SUPER TRUCO. Temos que fixarnos inicialmente no número  polo que remata. Así temos unha pista que nos axudará a atopar o número rapidamente.
Por exemplo se o número que nos piden é o 56, como sabemos que remata en 6 imos ao 6  arriba de todo e imos baixando coa variña ata que o atopemos.


SOMOS UNS EXPERTOS MATEMÁTIC@S

E cada vez imos aumentando máis o noso coñecemento deste mundo.
Estes días comezamos a uitlizar novos materiais, algúns feitos no momento (mentres nós estabamos nos recunchos a profe aproveitaba a reciclar algúns materiais e convertilos en xogos para nós).
Aquí vos ensinamos algúns exemplos destes materiais (abn) creados recentemente, para telos á nosa disposición nos recantos.
A semana que ven, sen falta, comezarán a súa ruta, OS XOGOS ABN VIAXEIROS, estade atent@s.


- Este xogo conten parellas de tarxetas que forman arcos da vella.
- Para emparellalas correctamente hai que contar e buscar o número que representa a esa cantidade.


- Con tapóns do suavizante da roupa, uns ollos móbiles, un pompón e un pouquiño de whasi tape creanse os personaxes. No taboleiro pode haber pedriñas, fichas (parchís...)
- Consiste en ir comendo fichas, por quendas, e is contabilizando, comparando, claseificando por cores...


- O único material que precisamos é unha caixa de bombóns con ocos na bandexa, ou unhas oveiras, escribirlle cun rotulador diferentes números nos ocos, e ter algúns obxectos pequeniños (garavanzos, sementes, botóns...)
- Poñemos o número de obxectos que nos manda a cifra en cada oco.


A CASIÑA DO 10: DESCOMPOÑEMOS OS NÚMEROS

O outro día cremos no chan unha casiña, de momento a cocñecemos como a casitña do 10, pero imos ir vendo como nos vai valer para os números anteriores tamén (aínda que lles sobrarán habitacións).
Varios nen@s collimos 10 tapóns dunha cestiña e o que tiñamos que facer era colocalos repartíndoos en 2 habitacións da casiña (no mesmo piso).
Finalmente, e despois de ter en conta que non podíamos repetir o reparto que fixeran anteriormente os compañeir@s chegamos á ubicación que podedes ver na imaxe, e que ampliaremos cambiando a posición nas habitacións engandindolle outras tantas. ( é o mesmo 3 + 7 que 7+3)
Así puidemos comprobar cales son os AMIGOS DO 10.
1 e 9 fan 10
2 e 8 fan 10
3 e 7 fan 10
4 e 6 fan 10
5 e 5 fan 10
Fixádevos na súa colocación e mirade como para un lado descenden e para o outro ascenden.
Estas parellas numéricas coñecerémolas por NÚMEROS COMPLEMENTARIOS.


miércoles, 4 de octubre de 2017

martes, 3 de octubre de 2017

MATEMÁTICAS ABN...

Esta é a metodoloxía que utilizamos na aula para aprender cousiñas sobre os números dun xeito vivencial e moi maniopulativo.


Este é un exemplo de como traballamos a decena, e a ordenación ascendente e descendente da liña numérica ata o 10, sen utilizar a súa grafía, pero comprendendo o seu significado  de cantidade. Ademais traballamos conceptos como anterior e posterior.

lunes, 29 de mayo de 2017

XOGAMOS CON OVOS?

Hoxe creamos moi rapidamente un xogo moi divertido co que melloraremos moitísimo no conteo, na asociación número- cantidade, no manexo dos dados, no respeto das quendas de xogo...
Nós para facer a primeira presentación do xogo xogamos en gran grupo, facendo dous equipos, pero a partires de agora estará no noso recanto de números para xogar libremente de xeito individual ou por parellas, se queremos.

Tratase de encher en primeiro lugar a oveira con 20 ovos. Para iso hai que ir lanzando o dado e incorporar á oveira o número de ovos que saiu na tirada do dado. Cando quedan pouquiños (1, 2, 3...) se nos sae un número maior perdemos a quenda e temos que esperar a recuperala para voltar a lanzar o dado.




Xa vedes, que coma sempre, os materiais son super sinxelos de conseguir. Así que..vos animamos a que no-lo fagades tamén na casa. Os días de choiva son xeniais para gozar con xogos de mesa ou matemáticos coma este. Non credes?

domingo, 28 de mayo de 2017

XOGAMOS CO MÉTODO ABN

Mirade como somos capaces de ver números en onde non os hai!!!!
Ou sí que os hai?
O caso é que xa sabemos ver números con só observar pequenas cantidades de cousas.
Traballamos moitos aspectos con esta actividade como a subitización, a relación grafía-cantidade, a correspondencia numérica, a ordenación...
Calquera material nos serve para facelos, asi que... non dubidedes en poñelo en práctica, porque a nós nos encantou xogar, e fixémolo xenial!!!




UN NOVO TABOLEIRO DE XOGO NO CHAN

Así de sinxelo e rápido nos montou a profe un novo xogo matemático.
Como, a pesar de que a nosa clase este curso é moi grande, xa non temos moito espazo dispoñible... buscamos calquera recuncho para facer propostas de actividade.
Este é un xogo moi sinxelo pero á vez super, super axeitado para comprender de primeira man, a través da propia manipulación de obxectos, a correspondencia de número e cantidade, así como a cadea numérica en orde ascendente e descendente.
Se o queredes só precisades:
- Whasi tape
- Números (poden ser unhas tarxetiñas cos números escritos, números de imán, números escritos nuns tapóns...
- E en cantidade suficiente calquera obxecto de pequeno tamaño (poden ser cunchas da praia, ceras de cores, clips... calquera cousiña vale.
- Unha caixa ou cestiña para gardar os materiais

E ale... a xogar!!!!





martes, 9 de mayo de 2017

INVENTANDO XOGOS

Con só poñer o material á súa disposición os peques somos quen de inventar os nosos propios xogos. Neste caso,  combinando o material de 2 xogos xurdiu esta actividade de asociación numérica.


sábado, 18 de febrero de 2017

NÚMEROS E MÁIS NÚMEROS


A aprendizaxe matemática é moi imporante dende idades temperás. Por iso, e partindo de actividades manipulativas a través de xogos con distintos materiais, e do simple feito de estar rodeados de números na nosa vida cotiá (o número da nosa casa, os números de teléfono, os nosos anos, as nosas tallas, o número que calzamos, o día do noso aniversario, o que medimos, a temperatura, as matrículas dos coches, os números nos tickets de quenda no supermercado, os números de lotería, o que pesan as cousas...) aproveitaremos para iniciarnos no mundo matemático.
Por exemplo, unha actividade grupal que fixemos foi a lectura numérica, pero sen números. Con ela seremos capaces de relacionar imaxes con números sen telos presentes, por exemplo para saber a que números se refiren os dados que teñen puntiños, ou que número nos din as mans das tarxetiñas...
Iremos avanzando pouco a pouco, pero sempre manipulativamente.
Outros exemplos de xogos matemáticos son estes:

Iremos incorporando novos xogos matemáticos pouco a pouco, e unha vez explicado como se xoga, xa eles autonomamente os collerán da estantería para xogar coa súa bandexiña e os volverán a recoller ao seu sitio cando rematen.