Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de octubre de 2017

PASEO DE OUTONO



 

Aquí podedes ver algo da nosa mini saída á contorna de hoxe. Fomos moi preto (algún quería ir en autobús :-) jajaja) a buscar algúns tesouriños que nos deixa cada ano o outono. E ademais de atopar follas... vimos algunhas curiosidades como un pequeno carballo brotanto entre a maleza... un escarabello que atopamos patas arriba... e uns cogumelos... todo isto nos deu para falar un ratiño sobre esas curiosidades do mundo natural.



miércoles, 4 de octubre de 2017

UNHA SAÍDA A UNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE NUN TRAILER

O día 26 fomos, xunto os nosos compis da clase de 5 anos, a unha exposición de Alimentación Saudable do GADIS.
Alí xogamos cunhas pirámides de alimentos e actividades deportivas a modo de quebracabezas, tamén a un xogo de reciclaxe con imáns, e vimos un vídeo para ver de onde veñen os alimentos (as patacas da terra, os mexilóns das bateas, os xamóns do porco...)
De agasaio nos deron unhas mochilas con un globo, unha mini pirámide como a do xogo (para ver que tipo de alimentos consumimos e que tipo de actividades físicas facemos). Aínda non levamos nada para casa, en breve o faremos pero... as mochiliñas no-las quedamos no cole que son moi xeitosas para poder levar cousiñas, e xa as personalizamos :-)


martes, 20 de junio de 2017

UNHA VISITA AO FONDO MARIÑO

Temos a sorte de ter moi preto museos moi, pero que moi interesantes. É o caso, por exemplo, do Aquarium Finisterrae da Coruña, que visitamos onte.
Puidemos ver dende ovos de tiburón con bebés en diferentes fases, o relaxante movemento das medusas, cabaliños de mar, estrelas de mar, como os peixes se moven en bancos pero cada un vive nunha zona determinada do océano (uns en bateas, outros en acantilados, outros en covas mariñas...), tamén atopamos a Nemo, Dory e Marlin (os peixes paiaso da sala Humbold)... pero o máis esperado e interesante foi ver como alimentaban a Gastón o tiburón, e ás 13 focas que hai no exterior.
Gastón non parecía ter moita fame e na primeira volta da buceadora pasou olímpicamente da pescada que lle deron.
Sabíades que os peixes do tanque da sala Nautilus comen só 3 veces á semana? As focas, nembargantes, comen 3 veces ao día.
Mirade un pouquiño da nosa visita:












jueves, 15 de junio de 2017

VISITA AO COMEZO DAS COUSAS

Esta saída resultou un éxito, tanto que nos soubo a pouco e xa temos apalabrada unha segunda visita para o próximo curso.
Como tivemos que facer grupos dentro das dúas clases para entrar o tempo era reducido para todo canto había para ver. Así que, esperamos repetir á volta das vacacións de verán e seguir aprendendo das xoias que fai Ribera con material de refugallo. O mobiliario deste MUSEO está feito a base de palets que forran as paredes e caixas da froita que fan a función de estanterías para os seus artiluxios. Pero iso non é nada comparado a todo que fai con cada xoguete!!!
Podedes ver: Dende un paxaro de papel cun trociño de pau de Chupa-Chups e unha goma, que se convertirá nun paxaro carpinteiro que vai baixando da súa árbore e picándoa... ata un futbolín feito cunha caixa plástica da froita, coas redes das porterías feitas coas mallas dos allos... ou un barco de vapor feito de madeiras das caixas da froita, que se move cunha veliña a través do seu canal (canalóns de obra)...
Por se non o sabiades, el encantando vos atende no seu "taller" (onde pasa unha grande parte do seu tempo, ferragacheando nos seus inventos) e vo-lo ensina. Se vos apetece pasar un rato diferente en familia, non o dubidedes! Hai cousas moi, moi curiosas coas que quedaredes coa boca aberta.

Ah, e lembrade, que ao sair de facer a visita cada un deixará nun peto grande (hucha) unha moediña de céntimo. Está feita para que só caiban esas moedas. Nós metimos cada un a nosa!!!! ;)












O único erro foi pensar en que faría un día xenial e saír de manga curta porque logo tivemos que escapar do frío, e case da choiva que non nos pillou máis que unhas gotiñas!!!!

Iamos ir merendar ao parque do Muíño pero como había varias máquinas desbrozando e facendo limpezas pola zona, cambiamos de plan e fomos merendar ao patio da Cooperativa.
Moitos repetimos albaricoque ou cirolas, e tamén gaietas. Das gaietas non se escaquecou ninguén, da froita un par de peques que non quixemos nin probar, pero... conseguiremos facelo, senón é neste curso será no que ven. VIVA A FROITA!!!!



lunes, 12 de junio de 2017

MERGULLARÉMONOS NO MUNDO DA FÍSICA E DOS XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Mañá imos facer unha saída á nosa contorna, moi, moi pretiño do noso cole hai un museo.
Sí!!! Un museo-obradoiro de xoguetes.


Que non o sabíades? Pois botade unha ollada a este vídeo que saíu hai tempo sobre él na TVG.


Esperemos ter unha boa mañá e aprender unha morea de cousas con Xosé Manuel Ribeira.
E antes de nada, queremos dende aquí darlle as grazas por deixarnos facerlle esta visita.

lunes, 3 de abril de 2017

FOMOS EN AUTOBÚS


O venres fomos á Casa Dopeso a ver unha obra de teatro tutilada "Mullerazas". Foi chulísima!!!! Falaba de que os nenos e nenas temos que xogar a todo o que nos pareza, que non hai cousas de nenos nin de nenas. cada un ten xogar ao que lle guste. E ademais facíao amosando o xogo simbólico creado a partires de ver un álbum  de fotos de mulleres moi, moi importantes!!!!
Valentina Tereshkova, Amelia Earhart, Mary Anning... e así as nenas (protagonistas da obra) se convertían en astronautas, paleontólogas, aviadoras...
Estivemos super, super atent@s e no bus fixémolo tamén xenial. Cada un puxo o seu cinto e as profes logo nos revisaban, e fomos moi ben sentadiñ@s.

jueves, 30 de marzo de 2017

FOMOS DE EXCURSIÓN

Pero non en autobús, como moitos de nós pensabamos, senón camiñando.


Collímonos da "corda Marisol" e alá fomos ata a Floristería Ledicia, onde nos atenderon estupendamente, explicáronnos cousiñas (vimos as partes das flores nun tulipán, observamos de preto as raíces dunha orquídea, estivemos ben atent@s para aprender a facer un ramiño coa técnica en espiral, "mercamos" uns caraveis...) e vimos cargadiñ@s de cousas.

Tamén vimos para que serven os espantallos


E, como non, aproveitamos para facer unha fotiño con el.


Á profe ocorreuselle levar unha cestiña por si acaso comezábamos a deixar cousas desperdigadas por ahí... e menos mal! porque non deixamos nada, pero trouxémola cheíña de chuches e duns preciosos paxariños nos seus niños.
Dende aquí, por si nos len, queremos darlle unha vez máis as gracias ás floristas, que o fixeron xenial!
A saída, como vos comentaramos xurdiu onte nunha conversa e fomos nós mesmos os que dimos a idea de visitar unha floristería, e de onte para hoxe, o desexo cumpriuse :) grazas á amabilidade das chicas da floristería que aceptaron a nosa proposta de visita.
Despois, de escoitar cousiñas sobre as flores... fomos merendar uns pauciños de pan ao parque da Magdalena.
Que ben nos sentaron!