jueves, 15 de junio de 2017

VISITA AO COMEZO DAS COUSAS

Esta saída resultou un éxito, tanto que nos soubo a pouco e xa temos apalabrada unha segunda visita para o próximo curso.
Como tivemos que facer grupos dentro das dúas clases para entrar o tempo era reducido para todo canto había para ver. Así que, esperamos repetir á volta das vacacións de verán e seguir aprendendo das xoias que fai Ribera con material de refugallo. O mobiliario deste MUSEO está feito a base de palets que forran as paredes e caixas da froita que fan a función de estanterías para os seus artiluxios. Pero iso non é nada comparado a todo que fai con cada xoguete!!!
Podedes ver: Dende un paxaro de papel cun trociño de pau de Chupa-Chups e unha goma, que se convertirá nun paxaro carpinteiro que vai baixando da súa árbore e picándoa... ata un futbolín feito cunha caixa plástica da froita, coas redes das porterías feitas coas mallas dos allos... ou un barco de vapor feito de madeiras das caixas da froita, que se move cunha veliña a través do seu canal (canalóns de obra)...
Por se non o sabiades, el encantando vos atende no seu "taller" (onde pasa unha grande parte do seu tempo, ferragacheando nos seus inventos) e vo-lo ensina. Se vos apetece pasar un rato diferente en familia, non o dubidedes! Hai cousas moi, moi curiosas coas que quedaredes coa boca aberta.

Ah, e lembrade, que ao sair de facer a visita cada un deixará nun peto grande (hucha) unha moediña de céntimo. Está feita para que só caiban esas moedas. Nós metimos cada un a nosa!!!! ;)












O único erro foi pensar en que faría un día xenial e saír de manga curta porque logo tivemos que escapar do frío, e case da choiva que non nos pillou máis que unhas gotiñas!!!!

Iamos ir merendar ao parque do Muíño pero como había varias máquinas desbrozando e facendo limpezas pola zona, cambiamos de plan e fomos merendar ao patio da Cooperativa.
Moitos repetimos albaricoque ou cirolas, e tamén gaietas. Das gaietas non se escaquecou ninguén, da froita un par de peques que non quixemos nin probar, pero... conseguiremos facelo, senón é neste curso será no que ven. VIVA A FROITA!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario