martes, 13 de junio de 2017

COR CARNE OU COR PEL?

Hoxe, dende este recunchiño virtual a profe quere achegarvos a outra páxina que acaba de descubrir.
Primeiro vaivos contar un pouquiño o contexto:
Nas aulas ás veces se deixa liberdade total e absoluta sobre as cores a utilizar, moitas outras se guía ou "ordea" utilizar unha ou outra cor. Incluso, como xa vos comentara noutra ocasión, hai moitas aulas nas que o negro prohíbese totalmente (non estou nada dacordo con isto, pero sei que é unha realidade). Pero... na nosa, sendo inicialmente moi libres de utilizar as cores que prefiramos, temos xa un denominado "cor carne" para cando pintamos as cariñas, que non debería ser visto nin chamado así.
Moitas diferencias hai nos tonos da nosa pel como para ter "un cor carne" e xa facernos a TODOS IGUAIS sen selo, senón todo o contrario, TODOS SOMOS DIFERENTES porque SOMOS ÚNICOS. Porque o que importa é o interior, e non a cor da pel, iso xa o sabemos. Pero... cada un quererá parecerse o máximo posible a sí mesmo cando fai un autorretrato, non? Se as margaridas son brancas e amarelas, pois as pintamos de branco e amarelo, pero se as rosas teñen moita variedade de cores cada un pode escoller e mesturar ata chegar á cor das rosas que máis lle apeteza pintar. Do mesmo xeito, se un amiguiño ou unha amiguiña ten a ted moi clariña, queremos poder reflictila así, e se a ten morena igualmente.

Hoxe a profe descubriu unhas cores xeniais para evitar esta "xeralidade" de "cor carne", unha páxina na que podedes mercar caixas de 8 cores para 8 tipos de pel.
PREMEDE NA IMAXE e iredes directamente á páxina UBUNTULAND.COM onde poderedes mercar as vosas caixiñas de cores.

Que vos parece? O primeiro pedido da profe xa está feito, agora esperamos que a vos tamén vos apeteza dar aos peques esa oportunidade de valorar as tonalidades da pel sen termos absolutos (nada é branco ou negro, hai unha infinita gama de grises).


No hay comentarios:

Publicar un comentario