Mostrando entradas con la etiqueta EXPERT@S. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPERT@S. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2018

MÁIS EXPERTAS EN BOSQUES

En concreto Lara, unha experta no pinar do seu avó José:


E Daniela, unha experta no bosque da nosa fraga das Pontes:


viernes, 22 de diciembre de 2017

NESTE MES TIVEMOS MOITAS CONFERENCIAS DE EXPERT@S!!!!

Todos relacionados coa temática dos bosques, pero ningún repetindo contidos (si acaso un pequeno dato podía coincidir con outra das charlas, pero polo xeral é incrible ver como cun mesmo tema cada un pode preparar unha información tan diferente).
Mirade:








miércoles, 29 de noviembre de 2017

DIEGO EXPERTO EN BOSQUES

E sobre todo, sobre todo, no lugar onde viven os animais nos bosques.
Agora xa coñecemos os buratiños onde viven os ourizos e as toupas... os niños dos paxaros, as madrigueiras dos esquíos. Seguro que en canto demos un paseíño por un bosque e vexamos un buratiño nos imaxeinaremos quen pode vivir alí.




SERGIO: EXPERTO EN BOSQUES

E en prados, hortas... Non nos cabe ningunha dúbida de que sabe como se chama cada trociño verde da  natureza.
Onde se prantas os nabos chámase nabal... sabíadelo? Pois nós agora sí, porque de cada experto aprendemos cousiñas. Porque entre todos TODO É MOITO MÁIS!!!!



domingo, 26 de noviembre de 2017

ADRIÁN: EXPERTO EN BOSQUES

Se quixerades saber algo máis sobre as aves do bosque e a súa alimentación, non teríades máis que chamar a Adrián que gstosamente vos contaría cousiñas sobre a alimentación das curuxas, aguias coelleiras, perdices, parrulos, xílgaros...



miércoles, 22 de noviembre de 2017

FRAN: EXPERTO EN BOSQUES

Concretamente o noso compi Fran falounos dos habitantes das fragas. Cun traballiño chulísimo  que tamén se pode utilizar a modo de xogo (pois están os nomes dos animais e uns velcros para pegar e despegar as imaxes dos mesmos)  nos falou dunha morea de animais.
Mirade atentamente para non perder detalle:



Se tedes algunha dúbida respecto aos habitantes das fragas... xa sabedes, pregúntadelle ao noso experto :-)

jueves, 16 de noviembre de 2017

ÁNGELA: EXPERTA EN BOSQUES

Exactamente Ángela foi a experta que se encargou de lembranos que os bosques son os nosos amigos. Que... por qué? Pois porque as árbores son os pulmóns do noso planeta coa súa liberación de osíxeno, o cal nos permite respirar a nós.
Ademais nos falou dos perigos que poden correr os nosos bosques se non temos coidado deles (hai moi pouquiño tempo puidemos ver de preto como os incendios forestais arrasaban o noso verde en cousa de minutos).
Aínda que non a podedes escoitar na súa explicación, mirade como se aplicou para explicarnos o seu LAPBOOK:



ZELTIA: EXPERTA EN BOSQUES

A nosa compi Zeltia foi a nosa experta en flora e fauna. Troúxonos uns botiños con noces, erizos de castaña, flor do toxo (aprendimos que se chama ALECRÍN), e ACEBO (que tanto se comezará a ver agora que está a chegar o Nadal).
Ademais falounos dos corzos, xabaríns... mirade, mirade:



domingo, 12 de noviembre de 2017

A NOSA EXPERTA EN BOSQUES: SARA

👀Unha vez máis sorprendid@s cos vosos traballiños para a escola👀

🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾
Aquí podedes ver como Sara gozaba de facer a súa exposición sobre as PEGADAS DOS ANIMAIS DO BOSQUE, ante un público moi atento e desexoso de aprender con ela.
Neste caso Sara apoiou a súa exposición con outros materiais como foron: un tatu de pegada de gato, e uns "fósiles"  de pegadas en xeso.
Despois de escoitala e ver como ía montando o taboleiro da exposición a modo de xogo (cunhas fotiños dos animais e as súas pegadas, e outras tarxetiñas cos nomes dos animais en galego e en castelán)... nós aproveitamos a usar o seu tatu de gato. Para iso, buscamos en internet a imaxe dun gato e proxectámola no encerado dixital. Despois de analizar como era... deuxamos cadaquén o noso gato, e logo decoramos o resto do papel con tatus das súas pegadas.
🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾🐾






viernes, 10 de noviembre de 2017

VERA EXPERTA EN BOSQUES

Con este super bosque nos sorprendía onte Vera que nos falou moi ben das árbores que nos podemos atopar nos bosques... de que hai soutos, carballeiras, fragas... que hai ríos e fervenzas... e que podemos practicar unha morea de deportes.


 

viernes, 3 de noviembre de 2017

XABI O NOSO PRIMEIRO EXPERTO EN ÁRBORES


Xabi quixo estrearse coa actividade dos expertos e explicounos cousiñas das árbores amosándonos as súas follas e froitos.
Esperamos que moi pronto nos animemos tod@s a ser tamén protagonistas desta actividade que tanto nos gusta. Xa nos tarda ver como a parede se vai enchendo cos nosos traballos de familia, e entre todos compartimos información e aprendemos unha morea de cousiñas relacionada co mundo dos bosques.

jueves, 1 de junio de 2017

ALBA EXPERTA EN ABELLAS

Para adentrarnoos ben na materia ao falarnos da función das abellas melíferas, ata nos trouxo a ensinar unha das ferramentas básicas dos apicultor@s: un afumador.


domingo, 28 de mayo de 2017

ZELTIA EXPERTA EN FROITOS E FROITAS


O traballiño ven presentado plastificado e con velcros, coma o que nos trouxera Clara das partes das plantas, así que... serve para xogar e que nós mesmos emparellemos cada froito coa súa flor, árbore...
E mirade que casualidade  que un par de días antes traballamos en papel emparellando a laranxa, o limón e as cereixas coas suas árbores e flores.
Moi ben!!! Cada un expert@ nunha materia e entre todos unha morea de aprendizaxes. Grazas familias!

martes, 16 de mayo de 2017

ADRIÁN, O EXPERTO EN TIPOS DE ÁRBORES E VEXETAIS DE TERRA.

Así de concentrado na súa "charla" estaba Adrián explicándonos que tipos de árbores hai (de madeira, de flor, de froito) e tamén falándonos dos productos da terra (cabazas...) e baixo terra (patacas, cenorias...)


Se vos queda algunha dúbida preguntádelle que vo-lo volverá a explicar encantado :)

jueves, 11 de mayo de 2017

SARA: EXPERTA NAS ÁRBORES DO PARQUE

Aínda que polas obras esta tempada non poderemos ir ao parque municipal e observabalas de preto, Sara e a súa familia foron precavidos en ir uns días antes do seu peque a facerlle fotiños. Así foi como Sara nos fixo a súa exposición sobre 4 das árbores do parque.


martes, 9 de mayo de 2017

DANIELA: EXPERTA EN PLANTAR CEBOLAS

Moitos son os que axudan no horto a plantar aos papis ou aos avós, como fixo Daniela, que plantou cebolas no terreo do avó e seguro que despois cos coidados de rego precisos, sairán unhas lustrosas cebolas coas que cociñar riquísimos platos.


sábado, 6 de mayo de 2017

IAGO EXPERTO NAS PARTE, COIDADO E VARIEDADES DE PLANTAS E FOLLAS

Vamos que de repente isto de ser experto fóisenos das mans a estamos aprendendo pero moitas, moitísimas cousas. Porque... nos encanta ser protagonistas, e se nos están escoitando os compis somos capaces de aprendernos o que sexa para logo explicarllo e que non se lles esqueza.
De seguro que as explicacións dos compañeir@s nos serán moi duradeiras pois estamos moi atent@s e motivad@s.


jueves, 4 de mayo de 2017

FRAN: EXPERTO EN XERMINACIÓN DE LENTELLAS

De onde saen as lentellas? Será das bolsas do supermercado? Virán xa nos paquetes? Claro que non! As legumes tamén nacen das plantas.
Fran fixo na súa casa a experiencia e como resultado nos trouxo a plantiña que agora haberá que seguir coidando e a ver ata onde medra!!!! As legumes que trouxera Xabi xa están altísimas!!!


IAGO: EXPERTO EN LEITUGAS E PEREXIL

Poderemos saborear un rica ensalada de leituga?
Iago trouxónos a súa plantación de leitugas e perexil nunhas macetas moi animadas ;)
Agora haberá que regar, poñer preto da luz solar... e a ver se podemos ver como medran esas leituguiñas (aínda que creo que as teremos que trasplantar aunha maceta máis grande e pasar ao noso mini invernadoiro do horto... a ver!)


ÁNGELA: EXPERTA EN PLANTAS CARNÍVORAS

Estamos desexando que entre algún mosquito ou insecto en xeral na nosa clase, e iso que é algo incómodo telos rondando arredor, pero... é que agora temos na clase unha planta carnívora que nos trouxo Ángela e queremos vela en plena acción.
Conseguirémolo?
Xa temos moita información sobre os seus coidados, agora toca esperar a ver si a podemos ver na súa hora de xantar. :)