Mostrando entradas con la etiqueta DINÁMICA A MALETA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DINÁMICA A MALETA. Mostrar todas las entradas
lunes, 5 de febrero de 2018
A MALETA VIAXEIRA DE ÁNGELA
Un libro super divertido, o uniforme de mamá (que para a nosa sorpresa era da Patrulla Canina!!!), útiles tamén do traballo de papá... e unhas fotos que nos describiu con todo luxo de detalle. Xa sabemos un pouquiño máis de Ángela.
sábado, 3 de febrero de 2018
viernes, 22 de diciembre de 2017
A MALETA DE EYNON
Veu cargada de contido: un contiño que lle gusta que lle lea seu papi pola noite, un cabalo porque o seu avó ten un, un muíño porque o seu papá traballa nos eólicos, unha foto de papá e mamá...
miércoles, 29 de noviembre de 2017
A MALETA DE OLIVIA
Veu cargadiña tamén!
Trouxo dous xoguetes que lle encantan (un unicornio e unha Peppa Pig que presenta á súa familia), un rato de ordenador para falarnos do traballo so seu papi, unha cremiña para falarnos so traballo da súa nai, e unha cenoria para contar o secreto de que lle gustan moito crúas.
Mirade que ben no-lo explicou:

miércoles, 22 de noviembre de 2017
A MALETA DE SERGIO
Veu motorizada!!!! 🚕 🚚...
Desde un camión, pasando por un quad, unha moto de cross... case todo sobre rodas!!! Iso sí, acompañado dunhas fotos nas que se ve que dende xa a Sergio lle gusta o mundo do motor e as rodas :)
Tamén nos contou un conto... e o máis pequeniño que viña na caixa nos serviu para traballar unha morea de conceptos, e saber un pouquiño máis sobre nós, as abelliñas.
Queredes saber que é? Mirade a maleta e fixádevos nalgo que ten moitísimos números, védelo?

viernes, 17 de noviembre de 2017
A MALETA DE XABI
Viña cargada con: contos, un bañador da piscina, un debuxo do seu esperado irmán (Lucas), unha foto de familia, e un avión (porque di que a súa nai traballa en avións, e iso queremos comprobalo) :-)
miércoles, 8 de noviembre de 2017
A MALETA DE CLARA
Aquí está: con fotiños, un conto, a súa manta preferida, a súa bebita Sara, e un casco (para protexernos sempre que vaiamos en bici, patíns, patinete...) como ben nos explicou ela a tod@s:
viernes, 3 de noviembre de 2017
A MALETA DE IAGO
Veu cargadiña cun quebracabezas, unha baralla española (que lle gusta xogar ao avó), o seu peluche favorito (houbo que levalo o mesmo día para a casa para poder durmir con el), unhas fotos co seu irmán Leo e o seu curmá Brais (foron ver a casiña do Ratiño Pérez a Vilalba, se aínda non fóchedes... a que esperades?) e unhas fotos coas grúas nas que traballa papá.
domingo, 22 de octubre de 2017
A MALETA DE LARA
Trouxo cousiñas que nos encantaron e nos fixeron rir. Unha teteira cantaina, unha xeringa e unhas super tesorias xigantes porque papi ten unha perruquería.
martes, 3 de octubre de 2017
A MALETA DE CARMEN VEU CARGADA DE...
Fotos de familia, unha matrioska, un barco veleiro... e moitas, moitísimas gañas pola súa parte de ensinárnolas todiñas.
sábado, 30 de septiembre de 2017
COMEZA A VIAXAR A NOSA MALETA
Para esta dinámica fixemos un calendario de ruta por orde de lista, así que... Carmen que é o número 1 da lista, será a primeira en encher a súa maletiña de cousas para contarnos cousiñas dela e a súa familia, e así coñecela un pouquichiño máis.
Aquí vos deixamos tamén a explicación da nosa actividade, para que vaiades pensando que podedes meter nela... e tamén o calendario da ruta, que irá sempre de venres a luns.
Por certo... o número de lista ao que nunca lle fixemos nin caso este curso é un grande protagonista pois é a referencia nos nosos percheiros e o será tamén no moble de gardar as nosas botas de auga. Ademais, os encargados de cada día farán unha serie de actividades matemáticas (método ABN) partindo do seu número de lista. Será así moi doado, aprender os 22 primeiros números da recta numérica, pois a diario traballaremos con eles, os identificaremos cos números dos compañeiros e compañeiras...
E... como moi pronto veredes, xa estamos traballando coas decenas e as unidades. En canto podamos vos contamos algo máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)