Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2017

COMO VAN INDO OS VERMES DE SEDA?

Pois de momento xenial!!! Están medrando moito, pero aínda nos quedan uns 10 oviños por nacer.
A mágoa é que os fortes ventos da semana pasada nos deixaron en mal estado a moreira do cole e non poderemos abastecelos moito ata que se recupere. E por se non o sabiades... os vermes comen moitíiiiiiiiiiiiiiiiisimo!!!!!!
Pero esperemos poder alimentalos coa axuda de compis que veñen de outros sitios e nos collen moreira, xa que a poderemos ter uns días na neveira para que se conserve e irlles dando pouco a pouco.

Na imaxe non se moi ben, pero sobre o anaquiño de papel están os ovos que aínda non naceron, e polas follas de moreira están as eiruguiñas. Xa lles sacaremos unha foto de mellor calidade para que podades velas.

jueves, 23 de marzo de 2017

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.


miércoles, 22 de marzo de 2017

PROVOCACIÓNS DE APRENDIZAXE


Onte nas nosas mesas apareceron uns materiais que nunca viramos... estaban relacionados coa temática da primavera, e a profe di que son "provocacións de aprendizaxe".
Nunha mesa hai unha silueta de bolboreta de madeira e varias fotos de bolboretas de distintas cores... noutra había unha gaiola, un niño cun paxaro, plumas, e fotos de diversas especies de paxariños de cores...
Noutra atopamos un ramiño de flores e fotografías de moi distintas flores, tamén de cores!!!!
E...  que para que nos serviu todo isto? Pois para falar!!!! Falar da entrada da primavera, da importancia das cores na paisaxe nesta estacións (debido en gran parte a existencia de moitos animaliños e flores de moitas cores). Para falar de si os paxaros fan niños... onde os fan... con que? Para que serven as gaiolas? Onde estarán mellor os paxaros, en liberdade ou engaiolados?... Para un sinfín de conversas que se van enlazando unhas con outras ata chegar a temas máis específicos que iremos analizando pouquiño a pouco.
Pero ademais... ter ese materiais preparados "nos invitan" a traballar sobre a temática, e a non ter medo a utilizar as cores libremente.
Vemos que hai flores, paxaros e bolboretas de tódalas cores habidas e por haber, pois non nos podemos centrar nunha única posibilidade, exploremos e deixémonos levar polas cores que nos apetece utilizar en cada momento, as misturas... e por que non? Engadir novos materiais (lás, papeliños, limpiapipas...)
Xa vos iremos ensinando como acaban as nosas obriñas!
De momento... só un adianto:


martes, 21 de marzo de 2017

CHEGOU A PRIMAVERA!!!! E HOXE FESTÉXASE O DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA POESÍA.

En que andamos argallando? ímosvos dar unha pista...


Que será, será?
Igual hoxe pola tarde xa vo-lo podemos ensinar, pero non prometemos nada, a ver se nos da tempo de rematalo!!!!
Porque hoxe ademais contaremos coa visita dos peques que entran en setembro no noso cole, e na nosa aula, por iso, estaremos con el@s unha horiña para deixarlles xogar con nós, facer unha pequeniña actividade...