Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA BICICLETA NA NOSA CLASE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA BICICLETA NA NOSA CLASE. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de abril de 2017

AO COLE EN BICI!!!!!

Pois claro que sí!!!
Non vai ser cousa dos Concellos e dos Clubes ciclistas facer o DÍA DA BICI, e aínda que o día internacional da mesma foi o pasado día 19 de abril, nós o fixemos este mércores e pasámolo xenial!!!!
Iso sí, a emoción de vir cos cascos e as biciscletas nos tivo eléctric@s toda a mañá!!!!!
Pero valeu moitístimo a pena a experiencia e quedamos con moitas ganas de repetila.
Botade unha ollada:













Isto é só un pequeniño resumo, das moitas fotos que fixemos unhas cantas estaban borrosas POLA VELOCIDADE, :)

Para facer esta actividade do circuito contamos coa colaboración de Óscar, o pai de Vera, policía local. Encargouse de montar un GRANDE CIRCUITO con sinais, unha rotonda e ata un semáforo!!! Sí, sí, cunha aplicación nunha tablet  e un poste, voilá un semáforo.
Moitísimas grazas pola colaboración!!!!

Co ben que o fixemos conseguimos un brazalete reflectante (tamén se podería poñer na bicicleta directamente (na barra de debaixo do sillín, por exemplo), un colgante de "carné de ciclista" e unha sinal -matrícula (pero sen números, coas nosas letras, é dicir, cos nosos nomes). E todo iso porque o fixemos REQUETEBEN!!!

Pero, antes de ir ao propio circuito fixemos en papel un traballiño sobre as partes da bicicleta e a importancia de levar casco, así como vimos algunhas sinais de circulación. Que vos parece?


jueves, 20 de abril de 2017

IDE POÑENDO A PUNTO AS VOSAS BICICLETAS E CASCOS

O mércores 26 de abril  viremos ao cole en bici
e faremos un circuito, ao tempo que seguiremos os consellos de condución da policía local e nos familiarizaremos con algunhas sinais de circulación.
Se algún non ten bici ou casco para ese día que avise á profe para intentar conseguir de empréstito para dita actividade. Vale?