Mostrando entradas con la etiqueta GALERIA DE ARTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALERIA DE ARTE. Mostrar todas las entradas
sábado, 3 de febrero de 2018
SOPLAR CON PALLIÑAS E PINTAR CON TÉMPERAS REBAIXADAS CON AUGA
É un xeito diferente de pintar con pintura, e ao mesmo tempor resulta unha actividade moi boa para traballar os órganos bucofonatorios, e con iso, mellorar posteriormente a pronunciación dos nosos peques, nos casos en que presentan dislalias (non pronuncian o fonema /R/ por exemplo, cambian un fonema por outro...)
Probade na casa peques e maiores, xa veredes!!!
domingo, 22 de octubre de 2017
CREATIVIDADE NO NOSO ATELIER
Cada vez somos máis creativ@s. Deixámonos levar pola nosa imaxinación e imos combinando técnicas e materiais para crear obras diferentes.
Aínda que poda parecer que esta actividade a fixemos todos xuntos á vez, non foi así. O que pasa é que cando vemos a un compañeiro ou compañeira facendo algo que nos gusta tamén a nós, nos animamos a facelo tamén. Por iso, podedes ver como as 5 primeiras obras en cartolina verde só están pintadas (con pinzas e algodón, e un par delas teñen pegadas un par de peciñas de goma eva). a partires de ahí viron como quedaba a obra dun compañeiro sobre cartolina negra, e pegando varias pezas de goma, "lentejuelas" de cores... e así foi como os demais quixemos "copiar a técnica".
sábado, 7 de octubre de 2017
ARTISTAS DO OUTONO
Aquí veñen algúns exemplo de obras que estivemos facendo aproveitando as posibilidades da estación do ano na que estamos:
Como non nos gusta sempre utilizar papel, senón aproveitar calquera tipo de soporte... por que non íamos decorar unhas folliñas? Iso sí, os rotuladores que empregamos son especiais para decoración en materiais que non sexan papel.
Os troncos destas árbores decorámolos con grupiños de bastonciños estampando, e logo pegámoslle anaquiños de follas (das que collemos o outro día de excursión pola contorna).
Como non nos gusta sempre utilizar papel, senón aproveitar calquera tipo de soporte... por que non íamos decorar unhas folliñas? Iso sí, os rotuladores que empregamos son especiais para decoración en materiais que non sexan papel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



