domingo, 22 de octubre de 2017

CREATIVIDADE NO NOSO ATELIER


Cada vez somos máis creativ@s. Deixámonos levar pola nosa imaxinación e imos combinando técnicas e materiais para crear obras diferentes.
Aínda que poda parecer que esta actividade a fixemos todos xuntos á vez, non foi así. O que pasa é que cando vemos a un compañeiro ou compañeira facendo algo que nos gusta tamén a nós, nos animamos a facelo tamén. Por iso, podedes ver como as 5 primeiras obras en cartolina verde só están pintadas (con pinzas e algodón, e un par delas teñen pegadas un par de peciñas de goma eva). a partires de ahí viron como quedaba a obra dun compañeiro sobre cartolina negra, e pegando varias pezas de goma, "lentejuelas" de cores... e así foi como os demais quixemos "copiar a técnica".

No hay comentarios:

Publicar un comentario