Mostrando entradas con la etiqueta MUNDO SENSORIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MUNDO SENSORIAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de mayo de 2017

SOBRE BURBULLAS

Así de esta guisa, cuns calcetíns ben quentiños á vez que ruidosos, hoxe convertémonos en dinosaurios.
Xa sabedes! Se queredes estar quentiños, e á vez probar unha sensación única, a poñer calcetíns de burbullas. Iredes facendo ruido aló por onde pisedes, iso sí!


jueves, 20 de abril de 2017

AREA KINÉTICA

Queredes facer unha actividade sensorial super rápida e sinxela?
Pois esta é unha boa opción. Só precisades fariña, aceite de bebé, e unha bandexa ou tina para facer a mestura.
A partir de ahí podedes usar moitísimos elementos para traballar con ela (só as máns, ou moldes - dos de xogar na praia_, cunchas, coitelos de xoguete, rolos, tapóns...). A súa textura final seméllase moitísimo coa da area mollada.
Probade e xa nos contades que tal. E non teñades medo que non mancha nada.
Se a queredes con máis colorido, un toque de colorante alimentario e asunto arranxado.


miércoles, 8 de marzo de 2017

OBSERVAMOS, TOCAMOS, DESCRIBIMOS...

Ao voltar da clase de música o profe Pedro nos mandou  unha pelotiña para clase e  aproveitamos para falar sobre ela, e ver as súas propiedades.
Así que, no noso "círculo máxico" (para vernos e escoitarnos tod@s), comezamos a tocala, tentando facelo tamén cos ollos pechados (para concentrarnos máis no tacto da mesma).


Así, unha vez feita unha volta sensorial, comezamos unha quenda de palabra para dicir que propiedades tiña esa pelota.
Algunhas foron: é blandiña, suave, redonda... e mentres os peques falaban a profe ía tomando nota de todas as respostas. Posteriormente, relacionamos esas cualidades que dixemos da pelota con outros obxectos, facendo así comparacións e asociaciacións, ao tempo que escoitabamos atentamente aos compañeir@s para non repetir.
Así, fomos dicindo por exemplo outras cousas...
- REDONDAS: A goma dunha roda (neumático), os ollos, as gafas de Lara, as caras...
- SUAVIÑAS: Un peluche, unha almofada, unha sábana, un canciño...
Como xa era case hora de marchar tivemos que deixar así a medias a actividade, pero retomarémola e intentaremos facer asociacións ata cubrir todo o papel de cousiñas relacionadas,  xa vo-lo ensinaremos. É un papel xigante, coma os que utilizamos para facer os murais cooperativos. Seremos capaces de enchelo? Vós que credes? Estade atent@s porque en breve poderedes ver se conseguimos ou non o noso reto.