Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de marzo de 2017

CAMBIAMOS A NOSA EXPOSICIÓN TEMPORAL

E pasamos das cestas de mimosas a unhas coloridas e ornamentadísimas bolboretas.


Por suposto cada un/ha lle deu o seu toque persoal, e agora temos unha zona super colorida e animada na clase.

jueves, 23 de marzo de 2017

PAXARIÑOS PIADORES DA PRIMAVERA

Chegaron á nosa clase, sen cor, sen plumas, sen niños, sen comidiña nin nada de nada, pero nós xa nos encargamos de servilos de todo iso, e así de ben os puxemos!!!!
Moito colorido (como xa viramos nas imaxes de paxaros que os hai de todas as cores, e moitas especies teñen varias cores, pois a colorear sen medo!), un niño quentiño con laniñas, plumas para voar e gardar calor, e uns ricos "gusanitos" de plastilina para almorzar.


Por suposto, quedounos ben claro que o mellor sitios para os paxaros é a liberdade de vivir na natureza, xa que nas gaiolas non poden voar.

Se queredes pintalo online, premede AQUÍ ou na imaxe e xa o poderedes facer dende o voso ordenador.


jueves, 16 de marzo de 2017

PINTANDO CON PLÁSTICO DE BURBULLAS...

E de paso, estoupando algunhas :)

Hoxe fixémoslle masaxiños a un papel branco sobre unha mantiña de burbullas con pintura, e o resultado nos deixaba coa boca aberta, ao ver que nuns segundos o noso papel se enchía de colorido e de múltiples círculos de cores, segundo o colocásemos nun ou noutro lugar.


Víchedes que sinxelo? Xa sabedes, non se tira nada! primeiro hai que ver se pode servir para algo.
E hoxe que descubrimos esta posibilidade, de seguro que a uitlizaremos nas nosas obras libres.

jueves, 9 de marzo de 2017

TEMPO DE MIMOSAS... IMOS APROVEITALO

Se algo teñen de característico as mimosas é o seu olor e a súa cor amarela intensa, pero tamén a suavidade das súas flores en forma de pequenas boliñas.


Hoxe a profe trouxo unha cestiña chea de mimosas, e nós tiñamos que exploralas (ulilas, tocalas, ver como eran as súas follas e as súas flores, as cores...) e despois, ademais de deixalas alí decorando o noso atelier... Por que non debuxalas? Claro que somos capaces de recrear realidades, claro que somos quen de representar a realidade ao noso xeito, por iso, aquí vos ensinamos algúns dos nosos traballiños. Mañá de seguro que haberá máis, e xa vos ensinaremos a exposición completa.



miércoles, 8 de marzo de 2017

OS TUNEADOR@S REFUGALLADOR@S!!!!

Á profe mira que lle gusta traernos cousas raras ao cole!!!!
Hoxe apareceu rodando con esta cousa (bobina), despois sentouse nela como se fose un asento con rodas... e finalmente nos ensinou que era como a nosa "rotonda dos coches", pero que esta vez a imos a usar para outra cousa.
A única premisa que nos deu "tedes que pintala", o resultado  foi un traballo colaborativo e creativo para lograr esta "super mega colorida mesiña". Ímola utilizar no noso atelier, e xa vedes que ten moito mellor aspecto que toda marrón, agora  ten máis "vidilla", non?
Esta seguro que non a atopades en Ikea,  temos un mobiliario "exclusivo".

:)

martes, 7 de marzo de 2017

FOMENTANDO A CREATIVIDADE

O feito de ter os materias non sempre chega para que os nen@s vexan as súas posibilidades e se atrevan a experimentar. Por iso, darlles un pequeniño empuxón inicial con ideas para que sexan el@s quen de decidir se queren facer unha obra artística con esa técnica, ou combinando varias é fundamental.
O noso atelier vai collendo forma pouquiuño a pouco, van chegando materiais de refugallo cada día, puxemos unha mesa específica para a creación de obras pictóricas, mañá aparecerá outro elemento (sorpresa!!!)... e temos disposto o material en dous mobles, á altura dos peques para que podan coller libremente os útiles que precisen.

Nestas semaniñas iniciais familiarizámonos cos materiais e as súas posibilidades, e facemos xa obras cada vez máis elaboradas, e por suposto, 100% persoais e creativas.


Nalgún momento do día me preguntou un nen@ que estaba falando con outra nena: " profe ¿verdad que no te gusta el color negro?" E a resposta foi claramente, sí, claro que me gusta!
Non podemos limitar cores, teñen que experimentar con todos eles, ver as súas mesturas, darse conta de que o branco sobre papel branco case non se aprecia, pero sobre o negro destaca;  que se mesturan o azul e o amarelo obteñen o verde; e que se sobre unha base de cores pintan con negro taparán todo o de abaixo... pero froito da experimentación decantaránse por uns ou outros coas súas preferencias propias e non impostas.
Víchedes que chulada? pois mirade como imitamos as obras de Jackson Pollock, pintando con bólas de madeira para imitar a súa técnica do chorreo.


Se o queredes facer na vosa casa ou cole, só precisades unha bandexa ou caixa, pinturas de cores, unha cartolina e unhas bólas (teñen que pesar, pero poden ser canicas, bolas de madeira, pelotas saltarinas...). E logo só queda comezar a mover a bandexa para que o movemento das bólas faga o resto, un cadro ben colorido.



lunes, 6 de marzo de 2017

XA NON PRECISAMOS MOCHILAS

Xa sabedes que na aula había un espazo adicado a gardar as mochilas pegadiño aos radiadores, polo que as merendas e a auga estaban moi caldeadiñas.
Para poder prescindir dese espazo e aproveitalo para outras cousas (o noso proxecto) hoxe pintamos unhas bolsiñas de tea que serán as nosas novas bolsiñas de merendas. Estas poderemos colgalas nas nosas perchas e así ter todo a man.
Cretividade ao poder, e así de chulis nos quedaron:



viernes, 3 de marzo de 2017

PINTAMOS?

Facer círculos... pintar... combinar cores... todo isto foi o que traballamos hoxe sen darnos conta, e sen utilizar pinceis.
Con só unhas cortizas de botellas de viño, unha cubiteira e pintura, sairon obras chulísimas. Houbo quen só quixo utilizar dúas cores, quen as utilizou todas... cada un ao seu gusto.


Xa vedes que seguimos aprendendo novas técnicas para posteriormente ser quen de utilizalas libremente no noso atelier.

sábado, 18 de febrero de 2017

TRABALLOS EN EQUIPO

Cooperar vai a ser fundamental na nosa aula. Ás veces esta cooperación vai ser marcada en actividades ou dinámicas da metodoloxía específica de "aprendizaxe cooperativo" (folio xiratorio, lápices ao centro...), outras faremos traballos en equipos nos que estaremos cooperando sen case darnos conta, e outras van xurdindo no día a día aula e se irán facendo como parte das rutinas (axudar aos compañeiros e compañeiras a poñer as súas pulseiras co nome, axudarlles a poñer as zapatillas ou os mandilóns...)
Aínda que para eles é moito máis sinxelo pedirmo a min e que eu llo faga, xa estiveron vendo estes días que na medida do posible quero que ese traballo de axuda sexa entre iguais. A eles encántalles axudar, e aprenden moitísimo máis rápido a facer as cousas (nas que precisan axuda) se reciben a axuda dun compañeiro ou compañeira, e se se fixan en como fan os demais a tarefa. Comprobado!


Este foi un exemplo de actividade que fixemos en equipos. Comecei eu repartindo algúns materiais, pero a idea é que pouco a pouco vaian sendo autónomos para poñerse de acordo en quen fai cada cousa en cada momento, repartindo así as tarefas entre eles.
Ti pintas con pincel, ti pegas lás, ti pegas letras e eu coloreo, vale?