Mostrando entradas con la etiqueta REIS E RAÍÑAS DA COLMEA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta REIS E RAÍÑAS DA COLMEA. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de marzo de 2017

COMO SABER A PRIMEIRA HORA QUEN É O REI OU RAÍÑA DA COLMEA?

Se entrades na nosa aula a primeira hora e tedes curiosidade por saber quen é o rei ou raíña ese día agora poñévolo moi sinxelo, pois terán variña e antenas.
Hoxe foi a quenda de Roque, que o fixo xenial!


E iso que aumentamos un pouquiño as súas tarefas, xa que nunha caixiña apareceron os nosos nomes impresos en folios de cores segundo os equipos de cores da clase.
Así, o rei tiña que sacar da caixiña os nomes dunha cor e chamar a levantarse aos seus membros. Por exemplo: equipo amarelo arriba.
Vendo nas tarxetas e os nenos e nenas dos que poderían ser (están de pe) irá repartíndolles a cada un a súa tarxeta para que a peguen no seu lugar correspondente da foto de grupo xigante.
Deste xeito, iremos familiarizándonos con tódalas letras e con todos os nomes dos compañeiros e compañeiras. Temos que estar sempre atent@s para facelo superben o día que nos toque ser reis da colmea.

domingo, 19 de febrero de 2017

DE ENCARGAD@S A REIS E RAÍÑAS DA COLMEA

Unha das cousas que máis están desexando sempre os peques de infantil é que chegue o día no que lles toque de ser encargad@s da clase, para poder ir de primeiros na fila, para axudar aos profes... e facer as tarefas das rutinas de aula (o tempo, pasar lista...)
Nós, aproveitando que somos a clase das abelliñas, non só somos os encargados, senón que somos reis e raíñas da colmea, e temos unhas tarefas de grande importancia na aula. Algunhas xa as viñamos facendo... e outras son novas, como:  limpar as mesas despois da merenda, colaborar coa gráfica mensual do tempo poñendo un depresor no vasiño correspondente ao tempo que fai, ou ser o director@ de orquesta para cantar as nosas cancións (a dos bos días, os días da semana...)


Cada día poñemos a foto do noso rei/raíña á vista, nun lugar especial, e traballamos coas letras do seu nome.