Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de abril de 2017

UN ROBOT DE COCIÑA FÍXONOS UNHA LIMONADA CON MAZÁ E CENORIA!!!

Sí, Sí! Como o ledes!
Con estes días tan calurosos chegada case a hora da merenda o que máis se apetece é tomar algo ben fresquiño, por iso, a profe decidiu traer o seu "aliado na cociña" e poñelo a traballar tamén no cole.
Quedamos alucinados coa transformación!!! Xos, que era o encargado do día, foi o pinche do robot, pero... sabedes que pasou???
Primeiro Xos botou azucre e o robot o pulverizou que ata saía como voando (algúns dixemos que parecía farina, pero aprendemos que o que fixo o robot foi convertelo en azucre glas.
Despois botou limóns (ben lavadiños e con pela e pepitas incluidas, non pasa nada porque logo se separarían soas). E tamén  lle deu un toque de cor incorporando á mestura cenoria e mazá. Tod@s a probamos e moitos queixemos repetir, polo que fixemos 2 tandadas.
Quedábamos alucinados mirando para o robot!!!!




Pero... isto non foi todo!!! Para probala todos xuntos fixemos un brindis!!!!
ARRIBA, ABAIXO, AO CENTRO...E PA DENTRO!!!!! :)


E durante o transcurso da receita, tamén aproveitamos que estaba a profe Ángeles e foinos dicindo en inglés os ingredintes da receita!!!
E non pensedes que a cousa queda aquí, tamén comezamos a traballar no noso "recetario de cociña".

jueves, 30 de marzo de 2017

CHISPAS PÍDENOS FACER UN EXPERIMENTO FLORAL

Hoxe non foi por carta, senón por wasap (outra vez) como se comunicou coa profe o noso amigo científico.
Pediunos que xa que estabamos nunha floristería aproveitásemos para mercar uns caraveis brancos, e que unha vez na clase xa nos iría dando pistas do que tiñamos que facer.
E así foi... ao chegar á clase despois do patio, e de ir a psicomotricidade co profe Pedro, fixemos un experimento con caraveis.
Seguimos as ordes de Chispas, e agora tocaranos esperar a ver se lle acontece algo aos nosos caraveis. Para iso, temos que estar moi atent@s e ser observador@s.
E si hai algún cambio teremos que facerllo saber a Chispas a través dunha carta.



Que pasará?

lunes, 6 de marzo de 2017

CANTAS COUSAS SE APRENDEN COCIÑANDO!

A cociña é unha desas cousas que leva implícitos miles de aprendizaxes.
Coa cociña podemos traballar matemáticas (pesando, contando cantidades, traballando conceptos numéricos, así coma: dobre, metade...), lectoescritura (coas receitas, lendo as etiquetaxes...), o mundo sensorial (tacto, olfato, vista, gusto e ata o oído, esperando a que pite o forno, ou escoitando ferver auga, por exemplo).
Hoxe iniciámonos no noso obradoiro de cociña cunha receita ben sinxeliña: círculos de hoxaldre e chocolate raiado, pintados con ovo.


A vestimenta de cociña hoxe tocoulle a Vera por ser a "raíña da colmea" e a Diego, pois foi o axudante que escolleu ela. Aínda así, participaron tamén os compañeir@s para cortar a masa con cortapastas, raiar o chocolate. pintar con ovo... e despois... tod@s a degustalas! Estaban riquísimas!

domingo, 19 de febrero de 2017

OBRADOIROS

Na nosa clase ao longo do curso faremos unha serie de obradoiros.
Poderedes atopar despois de xeito moi sinxelo todo o que teñamos feito en cada un deles, premendo nas imaxes -enlace dos obradoiros que están na barra lateral dereita do blogue.
De momento non comezamos e aínda non hai información, pero rapidamente lle daremos contido.
Estade ben atent@s!.