Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO FLORES E PLANTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO FLORES E PLANTAS. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de junio de 2017

HOXE APRENDIMOS A FACER COMPOSICIÓNS CON PLANTAS

Contamos coa visita de Dani da floristería Dayfi e vimos como rapidamente fixo unha composición aproveitando unha caixiña da froita que tiñamos nós na clase, unhas plantiñas crasas, e unhas pedriñas. Sen esquecerse de poñer no primeiro paso un plastiquiño para que nin a terra nin a auga escapen despois.


Tamén aproveitou para xogar un pouquiño na nosa floristería e ata nos fixo un ramiño ban bonito!


E tamén nos ensinou cousiñas das plantas carnívoras.


Animádesvos vós a facer unha composición?
Nós xa levamos unha plantiña para casa coa idea de que nos axudedes a facer algo similar. así que... mans á obra!


jueves, 1 de junio de 2017

COLONIA?

Sí, sí, tamén se pode facer colonia caseira, e nós temos a macerar unha semanita a nosa colonia de limón. Que tal ulirá? Temos que esperar para comprobalo.




ALBA EXPERTA EN ABELLAS

Para adentrarnoos ben na materia ao falarnos da función das abellas melíferas, ata nos trouxo a ensinar unha das ferramentas básicas dos apicultor@s: un afumador.


QUE PODEMOS FACER CON PÉTALOS DE ROSAS?

Pois...







Na última imaxe podedes ver o traballo en cadea que fomos facendo. Primeiro envasado nas botelliñas e logo etiquetado das mesmas. Para non liarnos, a medida que iamos rematando poñíamos o noso materiail sobre a nosa foto, e logo finalmente colocar o fío coas etiquetas. E agora... a preparar o noso "cutis" con esta auga de rosas caseira.

domingo, 28 de mayo de 2017

ZELTIA EXPERTA EN FROITOS E FROITAS


O traballiño ven presentado plastificado e con velcros, coma o que nos trouxera Clara das partes das plantas, así que... serve para xogar e que nós mesmos emparellemos cada froito coa súa flor, árbore...
E mirade que casualidade  que un par de días antes traballamos en papel emparellando a laranxa, o limón e as cereixas coas suas árbores e flores.
Moi ben!!! Cada un expert@ nunha materia e entre todos unha morea de aprendizaxes. Grazas familias!

martes, 16 de mayo de 2017

ADRIÁN, O EXPERTO EN TIPOS DE ÁRBORES E VEXETAIS DE TERRA.

Así de concentrado na súa "charla" estaba Adrián explicándonos que tipos de árbores hai (de madeira, de flor, de froito) e tamén falándonos dos productos da terra (cabazas...) e baixo terra (patacas, cenorias...)


Se vos queda algunha dúbida preguntádelle que vo-lo volverá a explicar encantado :)

jueves, 11 de mayo de 2017

COMO SE FAN AS INFUSIÓNS?

Para vós que nos estades lendo é algo obvio que a manzanilla se faga coa flor da manzanilla, e a tila coa flor do tilo, pero para nós foi toda unha novidade.
Ulimos infusións, vímolas nas súas bolsiñas, e como non! abrimos as bolsiñas para ver como é posible que sexan feitas con flores e plantas. E sí, vimos que moi moidiñas son as que dan olor e sabor ás infusións.




SARA: EXPERTA NAS ÁRBORES DO PARQUE

Aínda que polas obras esta tempada non poderemos ir ao parque municipal e observabalas de preto, Sara e a súa familia foron precavidos en ir uns días antes do seu peque a facerlle fotiños. Así foi como Sara nos fixo a súa exposición sobre 4 das árbores do parque.


sábado, 6 de mayo de 2017

E TOCOU CAMBIO DE EXPOSICIÓN

As nosas exposicións temporais, duran o que nós tardamos en facer novos traballiños no atelier, a partires de agora seguro que menos tempo porque ampliamos o espazo e poderemos estar no atelier 6 peques á vez.
Neste curso seguiremos coa técnica das provocacións de aprendizaxe, coa preparación previa de materiais para invitar a utilizalos e cun modelo "ao que imitar, pero sempre dando o toque persoal de cada quen". O modelo é só unha guís dos pasos a seguir.
Neste caso, traballamos sobre unha flor con poderes máxicos, de relaxación: o dente de león!!!!

Mirade que chulada!!! Así de preciosas quedaron as nosas obras:


E aquí podedes ver como o fixemos:


Se vos fixades, para pintar as "sementiñas" non utilizamos nin pinceis, nin os dedos, senón uns limpapipas que enrolamos por un lado en forma circular.

Que vos parecen?

NENÚFARES E FLORES DE LOTO

"Sabedes o que é isto?
Síiii, unha flor!!!
Pero non é unha flor calquera, é unha flor acuática. Sabedes que quere dicir isto?
Sí, profe, que es una planta que se baña" :)


Así foi como comezamos a falar dos nenúfares e as flores de loto. E despois, de ver as súas cores e cousiñas básicas sobre estas flores, pasaron a formar parte da decoración do noso recanto da calma.
Posteriormente traballamos tamén sobre o papel, e como podedes ver seguimos reciclando e aproveitando os mesmos materiais para distintas funcións. Neste caso utilizamos as botelliñas dos números que temos no recanto de matemáticas como modelo para o trazo correcto dos números.

O NOSO XARDÍN BOTÁNICO



Xa temos fóra no horto, no mini invernadeiro e na clase (e porque non temos máis espazo que senón... )
Agora toca regar e coidar o que temos:

Perexil, leitugas, amorodos, pementos, tomates, castaño, carballos, plantas aromáticas varias... flores variadas...

E os pelochos!!!!!... víchedes o que pasou? Roque na casa plantou super ben e os pelos realmente lle están saíndo na cabeza pero o que fíxemos no cole :)   :)   :)   saíronlle... bueno, xa vedes por onde :).
A ver o luns como están!!!! Teremos que pedir cita na perruquería para estes pelochos?

IAGO EXPERTO NAS PARTE, COIDADO E VARIEDADES DE PLANTAS E FOLLAS

Vamos que de repente isto de ser experto fóisenos das mans a estamos aprendendo pero moitas, moitísimas cousas. Porque... nos encanta ser protagonistas, e se nos están escoitando os compis somos capaces de aprendernos o que sexa para logo explicarllo e que non se lles esqueza.
De seguro que as explicacións dos compañeir@s nos serán moi duradeiras pois estamos moi atent@s e motivad@s.


jueves, 4 de mayo de 2017

FRAN: EXPERTO EN XERMINACIÓN DE LENTELLAS

De onde saen as lentellas? Será das bolsas do supermercado? Virán xa nos paquetes? Claro que non! As legumes tamén nacen das plantas.
Fran fixo na súa casa a experiencia e como resultado nos trouxo a plantiña que agora haberá que seguir coidando e a ver ata onde medra!!!! As legumes que trouxera Xabi xa están altísimas!!!


IAGO: EXPERTO EN LEITUGAS E PEREXIL

Poderemos saborear un rica ensalada de leituga?
Iago trouxónos a súa plantación de leitugas e perexil nunhas macetas moi animadas ;)
Agora haberá que regar, poñer preto da luz solar... e a ver se podemos ver como medran esas leituguiñas (aínda que creo que as teremos que trasplantar aunha maceta máis grande e pasar ao noso mini invernadoiro do horto... a ver!)


ÁNGELA: EXPERTA EN PLANTAS CARNÍVORAS

Estamos desexando que entre algún mosquito ou insecto en xeral na nosa clase, e iso que é algo incómodo telos rondando arredor, pero... é que agora temos na clase unha planta carnívora que nos trouxo Ángela e queremos vela en plena acción.
Conseguirémolo?
Xa temos moita información sobre os seus coidados, agora toca esperar a ver si a podemos ver na súa hora de xantar. :)




viernes, 28 de abril de 2017

ROQUE: EXPERTO EN PELOCHOS

Ademais de amosarnos moi, moi  ben que cousas obtemos das prantas, Roque fíxonos un obradoiro experimental. Nel, creou un PELOCHO similar ao que xa traía feito da súa casa.
Así, de interesados estabamos todos vendo o proceso:


E é que con só unha media, sementes e serrín podemos crear o noso (personalizándoo ao noso gusto con ollos, lazos, teas...). Iso sí, haberá que regar a miúdo para que lles medre o pelo.
A ver qué pasa á volta desta ponte!!!!!  Lembrade que voltamos o mércores día 3 de maio.