Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de febrero de 2018

CHARLESTON, CHARLESTON... COMO ALEGRAS MI CORAZÓN!!!!!

Con esta simpática canción fixemos a nosa coreografía, non sen antes ensaiar algunha vez cos nosos compis do grupo A.
Pero ao facelo coas boas, os sombreiros e garavatas, e tanto público...  entramos totalmente no papel e o fixemos xenial, non si?
Mirade un resumiño da nosa mañá:



















jueves, 2 de marzo de 2017

HOXE VAI DE... PIRATAS!!!!

Xa rematou o Entroido sí, pero... nós quixemos seguir de festa ao tempo que fixemos uns traballiños piratas:
- Uns cofres dos tesouros, uns mapas dos tesouros con mensaxes invisibles (con zume de limón) que posteriormente puidemos descifrar ao pintar por riba con acuarela (tamén se farían visibles se os quentásemos cunha veliña debaixo)...



E como non podía ser doutro xeito, deixando a nosa pegada nun photocall pirata, un cachiño do barco que levaba a profe no carriño do seu bebé o martes de Entroido :)-




A que parecemos auténtic@s piratas?

martes, 28 de febrero de 2017

DÍAS DE CHUVIA...

Que xeito de descargar auga e vento!!!!
Espero que o mal tempo non nos faga quedar hoxe na casa sen poder sair cos nosos atuendos festivos.
Pero... por se é o caso... ou por si mañá ou outro día vos apetece facer algunha actividade de Entroido na casa:

* Por que non facer unha careta ou un antifaz? Pintar, decorar... sempre con moita liberdade e imaxinación para que a creatividade teña o nivel de 100%.
Aquí vos deixo algúns enlaces... premede nas maiúsculas e escollede a que máis vos guste.



CAROUTAS DE ANIMAIS

ANTIFACES

viernes, 24 de febrero de 2017

E QUE VIVA O ENTROIDO!!!

Á profe, como a moitos de nós, encántalle disfrazarse, e busca calquera excusa para facelo, xa o iredes vendo...
Hoxe, tratándose a temática do cole para este entroido de contos e películas, que mellor papel faríamos nós que o de ratiños: Os ratiños do cole (de Hamelin, mellor dito).
Mirade o guapísimos que estamos!
Pena que nos faltan algúns compañeir@s, que supoñemos, con tanta gripe que hai, estarán enfermiñ@s. Ánimo compis, a mellorarse para poder disfrazarvos nestes días de vacacións de Entroido. Se non nos vemos antes,  ata o próximo xoves outra vez no cole. Collede forzas que pasados estes apurados días de Entroido toca voltar á normalidade e comezar cos nosos obradoiros, e descubrir novas aventuras cada día.

E así de guapísim@s posamos cos nosos disfraces:




Mirade a nosa danza que levábamos varios días ensaiando con Marita, a profe de música:

Aquí podedes ver tamén o rica que estaba a merenda de hoxe!


jueves, 23 de febrero de 2017

ACOSTUMÁNDONOS A CANTAR TAMÉN EN INGLÉS

Que mellor xeito para saudarnos no grupo qUe cantando, verdade?
Outro día bos ensinaremos as nosas cancións grupais dos bos días, dos días da semana, a de despedida (bueno, esta igual a escoitades dende fóra do cole :)... pero hoxe ímonos atrever cunha para saudar en inglés, e que a profe lle escoitaba a miúdo a Mónica, unha compi profe de inglés. E ao final...pegóuselle :)

Nós, démoslle o noso toque persoal :) ... Se premedes aquí podedes ver a canción orixinal.

Mirade que ben se nos dan os idiomas! E que guapísimos estamos, por suposto.


miércoles, 22 de febrero de 2017

OUTRO PHOTOCALL?

Parecemos famos@s :-) !!!!
Esta semana non fixemos máis que posar diante dos photocall, pero é que... a ocasión merecíao!!!
E a profe aproveita calquera ocasión para tunear un cartón pluma (reutilizadísimo) e convertilo nun escenario para "posar ante a cámara" cos nosos mellores atuendos.
Mirade que graciosísim@s estamos!




Lembrade que mañá vimos vestidos da casa co disfraz que prefiramos, xa se acabaron as ordes do Meco.
E...
O venres... convertirémonos en ratiños e temos que vir da casa vestidos de branco (pantis e fórmula branca).

martes, 21 de febrero de 2017

OBRADOIRO DE DISFRACES COAS FAMILIAS

Motísimas gracias pola vosa colaboración!

Os peque-ratiños xa case teñen listos os seus disfraces.
E en nada xa os veremos co seu atuendo RATIL :), que se prepare @ frautista!!!!