viernes, 24 de febrero de 2017

E QUE VIVA O ENTROIDO!!!

Á profe, como a moitos de nós, encántalle disfrazarse, e busca calquera excusa para facelo, xa o iredes vendo...
Hoxe, tratándose a temática do cole para este entroido de contos e películas, que mellor papel faríamos nós que o de ratiños: Os ratiños do cole (de Hamelin, mellor dito).
Mirade o guapísimos que estamos!
Pena que nos faltan algúns compañeir@s, que supoñemos, con tanta gripe que hai, estarán enfermiñ@s. Ánimo compis, a mellorarse para poder disfrazarvos nestes días de vacacións de Entroido. Se non nos vemos antes,  ata o próximo xoves outra vez no cole. Collede forzas que pasados estes apurados días de Entroido toca voltar á normalidade e comezar cos nosos obradoiros, e descubrir novas aventuras cada día.

E así de guapísim@s posamos cos nosos disfraces:




Mirade a nosa danza que levábamos varios días ensaiando con Marita, a profe de música:

Aquí podedes ver tamén o rica que estaba a merenda de hoxe!


No hay comentarios:

Publicar un comentario