viernes, 24 de febrero de 2017

A IMPORTANCIA DA CREATIVIDADE E DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

No noso mundo, o infantil, é fundamental que nos deixedes participar, opinar, crear, errar (dos erros apréndese e moito)... só así poderemos expresarnos e exercer o noso papel nun "mundo supostamente moi democrático".
Que hai de democrático en que nos obriguen a pintar unha cousa dunha determinada cor sen poder ser nós os que escollamos a cor,a técnica ou material a utilizar?
Hoxe a profe púxonos a proba, deunos a ficha dun ratiño, e só nos dixo que primeiro a tiñamos que colorear e logo decorar... había varios materiais, pero non había premisas (nin pegar por dentro, nin por fóra, nin nada de nada). A súa sorpresa foi ver que moitos non tiñamos nin a iniciativa de comezar a actividade como esperando a que se nos dese unha orde tipo... agora pintamos de verde, e despois de azul, por exemplo.
Pero cando nos repiteu que podíamos facelo como preferíramos xa nos embalamos a facelo, cada un coa cor que quixo, e do xeito que preferiu (uns con raiñas, outr@s dunha soa cor, aqueloutr@s con moitísimas cores...)
Sabedes que ventaxas ten isto?
Por unha parte nós temos un papel protagonista: somos os que decidimos cómo facelo, e os que executamos a acción, por outra respectamos todas as tarefas dos compañeir@s e non estamos pendentes de dicir que outro compañeiro pintou da cor que non era, ou que o fixo con rotus en lugar de con ceras, nin tampouco estamos mirando como o fan os demais para copiarlles (si temos medo a equivocarnos nunha tarefa cunha única posibilidade correcta de execución, e aproveitamos a mirar para que aqueles que cremos que o farán xenial).
Unha vez que nós coñecemos os materiais e o seu uso, debemos deixar fluir a nosa imaxinación e creatividade  podendo utilizalos sen medo.
Como suporedes un dos medios que máis importancia ten como medio de expresión nas nosas idades, a parte da oral (por suposto) é o deuxo. A través del expresamos sentimentos, emocións, coñecementos do mundo que nos rodea... e se combinamos o debuxo coa multivariedade de técnicas plásticas existentes, e a combinación de diversos materiais,  veredes que podemos converternos en auténticos artistas.
Non nos deu tempo a rematar a actividade porque hoxe adiantamos a hora da merenda e do patio... e a deixamos pendente para cando cada un queira rematala. Temos moitísimos materiais á nosa disposición: teas, goma eva, papeis de arroz, papeis de agasaio, lentexuelas... xa veredes que decorados tan chulis lles poñemos.
Non temos fotos aínda, agás da primeira parte da proba (colorear libremente) xa vos iremos ensinando como libremente faremos cousas super chulas, personalizadas 100% (e de moita mellor gana).

Seguro que vos dades conta de que moitas veces comezamos a pintar e rapidamente alguén nos di que dese color non é esa cousa... ou que así non se fai... e ao momento, como por arte de maxia, deixamos de facer esa actividade. En realidade queremos manifestar o noso descontento de non poder expresarnos libremente, ou o que é o mesmo nos enfrentamos a miúdo ao medo ao fracaso, a ser evaluados sempre por cousas negativas sen valorar do mesmo xeito as positivas.
Claro que sabemos que determinadas cousas como o sol ou o limón son amarelas, pero... por que sempre se pintan os tellados de vermello? Aquí predomina máis a pizarra e a "uralita" que as tellas vermellas, non?
E outra reflexión... seguro que as xirafas son amarelas?

Un toniño parecido nalgunhas zonas sí semella amarelo, pero realmente predomina sobre o marrón ou o branco? Teríamos que pintar máis facendo unha mezcla de cores, e logo a maiores as manchas,  non? Ou o que nós pensamos que son manchas en realidade é a base do corpo e a cor clara son liñas? Será que nos inflúen as imaxes infantilizadas e queremos xeralizar?
E outra pequeniña reflexión:
As cebras son negras con manchas brancas ou brancas con manchas negras?

Este tipo de reflexións traballarémolas na aula, e así aprenderemos a:
- Expresar opinións
- Facer estimacións
- Correxir os nosos pensamentos iniciais unha vez comprobemos cal é realmente a resposta
- Respectar as opinións dos demais
E, por suposto, tamén melloraremos a nivel lingüístico adquirindo novo vocabulario correspondente ás temáticas sobre as que vaiamos "filosofando" e,  que nos darán pé a expresarnos libremente en tódalas linguaxes que temos.

E mesmo facendo un simple debuxo e que nos fagades preguntas sobre el, veredes que saberemos explicarvos porque facemos cada cousa do xeito que o facemos. Así mesmo, iredes vendo que imos avanzando cara a cousas cada vez máis concretas ao tempo que nos imos coñecendo mellor, tanto a nós mesmos, coma ao mundo exterior.
Por exemplo... fixádevos en cómo nos debuxamos a cara hoxe, e volvede a fixarvos en como o faremos dentro dun mes. Seguro que hai cambios (incorporándose novas partes: cellas, dentes...), e non deixan de ser o froito expresivo do noso avance no mundo do coñecemento.

3 comentarios:

  1. Encántame a túa reflexión Bea, sen dúbida, o primeiro paso para educar nen@s autónomos, con autoestima e confianza, é empoderalos naquelas tarefas que poden desenvolver sós. Por suposto, xenial a importancia de romper coas figuras e debuxos icónicos ou estándar: porqué todos debuxamos a mesma nube e a mesma árbore?

    A seguir pelexando por unha escola mellor!! Bravo Bea!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    2. Gracias Basi! Nisto estamos!
      Rompendo algunhas barreiras para chegar a darlles aos nen@s o papel protagonista que merecen.

      Eliminar